Presentación Vigo: a man da xente. Relato case inédito de Casares

Preséntase Vigo: a man da xente un relato case inédito de Carlos Casares sobre a cidade

O acto terá lugar mañá ás 13h na Alcaldía de Vigo, onde Abel Caballero presentará este proxecto para dar a coñecer a obra do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017 entre as mozas e mozos de Vigo.

Nun acto para a prensa que terá lugar mañá martes día 2 de maio, ás 13:00h na Alcaldía de Vigo, Abel Caballero dará a coñecer o proxecto de edición de Vigo: a man da xente, un relato pouco coñecido e case inédito ata o momento que Carlos Casares publicara nunha revista e que xira en torno á súa concepción da cidade de Vigo. O volume, ilustrado por Gloria García, conta cun prólogo de Caballero: “A historia doce e salgada de Vigo”. Desta colaboración entre a Editorial Galaxia e o Concello de Vigo tiraranse 9.000 exemplares que serán distribuídos entre todos os escolares vigueses que cursen a ESO nalgún dos institutos do concello. Nesta rolda de prensa, acompañarán ao alcalde, Uxía Blanco, concelleira de Normalización Lingüística e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.

Carlos Casares (Ourense, 1941 – Vigo, 2002) foi membro da Real Academia Galega, presidente do Consello da Cultura Galega, presidente do PEN Clube de Galicia e director da Editorial Galaxia e da revista Grial. Ao seu primeiro libro Vento ferido (1967), seguiron as novelas Cambio en tres (1969) e Ilustrísima (1981), e entre os numerosos premios que recibiu pola súa obra, cómpre salientar o Premio Galaxia no ano 1976 pola novela Xoguetes para un tempo prohibido e o Premio da Crítica Galega polo libro de relatos Os escuros soños de Clío (1982). En 1987 publicouse Os mortos daquel verán e posteriormente as novelas Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán, esta última de xeito póstumo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: