A XUNTA ACHEGA ÁS UNIVERSIDADES GALEGAS O PROGRAMA ERASMUS+ 2014-2020

O directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañada do director do INJUVE, Javier Dorado, visitou hoxe o Campus de Vigo

  • Durante a visita animaron aos universitarios vigueses a adquirir competencias e habilidades a través desta iniciativa ao tempo que completan a súa formación

 

Vigo, 3 de maio de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañada do director do Instituto de la Juventud de España (INJUVE), Javier Dorado, participaron esta tarde no Campus Universitario de Vigo na xornada formativa e informativa organizada pola Xunta de Galicia co fin de difundir entre a comunidade universitaria o programa europeo Erasmus + 2014-2020. A actividade, que tamén se desenvolverá nos campus de Lugo, Ourense e Coruña, enmárcase nas actividades programadas con motivo da Semana Europea da Xuventude (do 1 ao 7 de maio) que, baixo o le “Crea o teu futuro, lánzate, víveo”, se desenvolve nos 33 países que participan no programa Erasmus+.

 

Así as cousas, Cecilia Vázquez lembrou en Vigo que o Erasmus + busca que os mozos e mozas podan desenvolver a través de estancias no estranxeiro novas experiencias en educación non formal, ampliar o seu coñecemento doutras linguas, culturas e costumes e incrementar o seu nivel de independencia e responsabilidade, “que son algunhas das aptitudes que máis lles van a axudar na busca do seu futuro profesional”, sostivo. Estas competencias serán logo certificadas oficialmente pola Xunta de Galicia de xeito que se poidan avaliar e incluír nos currículos e incrementar  así as posibilidades de atopar emprego.

 

Nesta liña, a directora xeral de Xuventude animou aos mozos e mozas participantes a seguir os pasos dos más de mil mozos galegos que no 2016 participaron no Erasmus +  nos 42 proxectos impulsados por Galicia, unha das rexións máis activas tanto no número de ideas presentadas e aprobadas como nos fondos recibidos da Unión Europea. E, ao fío, tanto Cecilia Vázquez como Javier Dorado aproveitaron a súa estancia no Campus para escoitar as propostas da mocidade sobre o futuro de Europa e das políticas de xuventude a desenvolver.  

 

Outros Campus

As xornadas contan con dúas actividades simultáneas: talleres de difusión e asesoramento sobre o programa e unha unidade móbil informativa a pé de rúa. Desenvólvense en horario de tarde, de 16:30 a 20:30 horas, do 2 ao 5 de maio en catro campus universitarios galegos: o martes na Aula e-Terra da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo; o mércores na Aula 1 do Edificio Miralles do Campus universitario de Vigo; o xoves no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa no Campus de Elviña (A Coruña); e o venres na Aula 1.5 do Edificio de Ferro do Campus Ourense.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: