El Gobierno estima que el resultado de este laudo no puede ser extrapolado ni constituir un precedente vinculante
España estudia recurrir el laudo del CIADI -reforma eléctrica.
* El laudo no cuestiona la reforma eléctrica llevada a cabo por el Gobierno en 2013 y 2014
05.05.17. El Gobierno de España estudia recurrir el laudo del CIADI que estima parcialmente la demanda de los inversores Eiser Infraestructure Limited y Energía Solar Luxembourg en relación a las consecuencias para las tres instalaciones termosolares de la reforma eléctrica llevada a cabo en los años 2013 y 2014.
Este laudo única y exclusivamente declara, de manera referida a las tres plantas termosolares de los demandantes y en atención a sus particulares circunstancias, que la reforma ha causado a sus titulares un daño que, bajo la singular apreciación del Tribunal, se considera excesivo. Dado el carácter estrictamente singular de tal pronunciamiento, no debe asumirse que su resultado puede ser extrapolado ni constituir un precedente vinculante para otros arbitrajes pendientes.
Cada procedimiento arbitral es diferente, tanto en la información como en los argumentos aportados. De hecho, hasta la fecha, se ha producido un desistimiento en un arbitraje y, en los dos arbitrajes en materia de renovables que han sido resueltos expresamente, los laudos han dado la razón al Reino de España de manera contundente.
Además, debe señalarse que el arbitraje solo estima parcialmente las reclamaciones de los demandantes, condenando al Reino de España al
pago de 128 millones de euros más intereses, frente a los más de 300 millones que reclamaban los demandantes.
El Tribunal no cuestiona el derecho soberano de España de tomar medidas regulatorias apropiadas para atender las necesidades públicas, lo que potencialmente incluye la modificación del régimen del RD 661/2007.
El laudo, por tanto, no cuestiona la reforma eléctrica llevada a cabo por el Gobierno en 2013 y 2014 que permitió acabar con el déficit de tarifa. En este sentido afirma que “El Demandado enfrentó un legítimo problema de política pública con su déficit tarifario, y el Tribunal no cuestiona que fuese apropiado que las autoridades españolas adoptasen medidas razonables para lidiar con la situación”.
Por otra parte, las diversas sentencias nacionales tanto del Tribunal Supremo y como del Constitucional en materia de renovables han avalado la reforma eléctrica y sus pilares fundamentales.
O TRAMABÚS chegou a GALICIA – Arranca hoxe de VIGO ás 15:00 H, dende a porta principal do Hospital Álvaro Cunqueiro.
O TRAMABÚS chegou a GALICIA – Arranca hoxe de VIGO ás 15:00 H, dende a porta principal do Hospital Álvaro Cunqueiro. |

Begoña Herminda (Secretaria de Participación PG), Carmen Santos (Secretaria Xeral PG) e Juan Merlo(Secretario de Organización PG)
Queridas inscritas e inscritos:
O Tramabús xa chegou a Galicia e vai percorrer os principais lugares do noso país; pois a Trama, malia que ten o seu epicentro en Madrid, extendeu a súas ramificacións, ou tentáculos a Galicia. É máis, nós consideramos que, desafortunadamente, a Trama ten «Denominación de Orixe Galega”.

Pero para visibilizar todos os casos de corrupción en cada recuncho do territorio precisamos que nos axudes. Como? A través do noso Tramabús recortable aquí https://drive.google.com/open?id=0B7zWpg9o-THtTVd2U0xjWDl3WTg: imprímeo e lévao de paseo aos puntos de corrupción máis destacados da túa cidade, vila ou parroquia, faite unha foto e súbea ás túas redes sociais (facebook, twitter, instagram, etc) co hashtag #TuTramaBus.

O TRAMABÚS arranca HOXE de VIGO ás 15:00 H, dende a porta principal do Hospital Álvaro Cunqueiro, gran símbolo do negocio indecente do PPdG a costa da sanidade dos galegos e galegas.

Informaremos da ruta a través das redes sociais oficiais de Podemos Galicia!
Por último, adxuntamos o cartaz da manifestación do #20M para difundir nas vosas redes e deste xeito apoiar a#MociónDeCensura e a #MociónCidadá.
Unha forte aperta!

Txabi Franquesa presenta o seu monólogo Hablando con franqueza na Coruña e Vigo
O cómico Txabi Franquesa trae á Coruña e a Vigo o seu monólogo Hablando con franqueza, un percorrido a través do humor dos seus dez anos de carreira. Estará o sábado 13 de maio, ás 20.00 h, na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8) e o domingo 14 de maio, ás 19.30 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). O evento ten unha dimensión solidaria, xa que servirá para difundir o labor e recadar fondos para a Fundación Meniños. O proxecto co que se colaborará é «Viaxe ao Reino das Emocións» que utiliza a educación emocional como ferramenta para previr condutas violentas ou de acoso entre nenos. As entradas están dispoñibles a través das vías de comercialización habituais da entidade: na web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.
Coti presenta a súa xira acústica Cercanías y confidencias no Teatro Afundación de Vigo
O vindeiro venres 12 de maio, ás 20.30 h, o cantante arxentino Coti chega ao Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) co seu proxecto máis íntimo, un concerto en acústico no que sinala a súa esencia de autor, compositor e cantante. As entradas están dispoñibles a través das vías habituais da entidade: na web Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.
LLENO ABSOLUTO EN LA TERMINAL RO-RO DEL PUERTO DE VIGO
El muelle de Bouzas acoge la escala de cinco buques ro-ro de forma simultánea
- En total, se moverán más de 3.800 vehículos, en su mayoría de exportación.
- Francia, Marruecos y Reino Unido, entre los principales destinos
Vigo, 05 de mayo de 2017.
La Terminal Ro-Ro del Puerto de Vigo amanecía hoy con una imagen poco habitual. Todas y cada una de las cinco rampas operativas con las que cuenta este espacio destinado al tráfico de vehículos y semirremolques, estaban ocupadas.
Desde primera hora de la mañana hasta cinco buques porta coches permanecen amarrados en Bouzas, y a lo largo de la jornada serán un total de siete los que pasen por la terminal viguesa. En total, se moverán más de 3.800 vehículos, en su gran mayoría -un total de 2.600- exportados con rumbo a destinos tan dispares como Francia, Marruecos y Reino Unido.
Estas cifras dejan patente el buen momento que vive el tráfico de automóviles en la ciudad y que, según los últimos datos disponibles, creció un +21,12% el pasado mes de marzo, en comparación con el mismo mes del ejercicio anterior, situándose como la principal mercancía movida en el Puerto de Vigo, con un importante porcentaje al alza respecto a 2016.
Pero si bien el incremento anterior refleja solo la subida de esta mercancía a lo largo del mes de marzo, la tendencia positiva que está experimentando esta mercancía queda más que patente con el incremento registrado a lo largo del primer trimestre del año con un +6,88% de subida a destinos tan dispares como Francia, Turquía e Italia.
Los protagonistas de esta singular estampa son el “Suar Vigo”, el “Galicia” y el “Viking Constanza”, consignados por Suardíaz; el “Neptune Kefalonia”, el “Victory Leader” y el “Emerald Leader”, representados en Vigo por Bergé Marítima; lista que completa el buque consignado por Combalía, el “Mercury Leader”
Pese a la intensa actividad vivida a lo largo de esta jornada, con un frenético movimiento de vehículos entre la explanada de Bouzas y los siete buques, y unas claras condiciones climatológicas desfavorables, las operativas se llevaron a cabo con gran éxito, según han manifestado los propios operadores, lo que demuestra la operatividad de esta Terminal, dotada de hasta cinco rampas fijas para el atraque de buques ro-ro y otra rampa móvil a mayores para facilitar la escala de los barcos que enlazan Vigo con Francia a través de la Autopista del Mar.
Operativas
El más madrugador de todos fue el “Suar Vigo”, el buque que cubre la ruta de la Autopista del Mar entre Vigo y Saint Nazaire, en Francia. Llegó alrededor de las 5.00 de la madrugada y está previsto que ponga rumbo al país galo tras desembarcar una decena de vehículos en Vigo y embarcar unas 200 unidades y 80 remolques.
El “Neptune Kefalonia” arribó al muelle vigués a las 06.00 horas procedente de Setúbal (Portugal) y a hacia el mediodía continuará con su singladura rumbo a Casablanca (Marruecos). Durante su estancia en nuestra ciudad dejará cerca de 60 vehículos para cargar más de 150 unidades.
Desde el Puerto de Gemlik, Bursa (Turquía) y Portbury, en el Reino Unido, llegaron a las 07.00 horas el “Victory Leader” y el “Emerald Leader”, respectivamente.Tras desembarcar cerca de medio millar de vehículos, cargará más de 1.500 unidades para dirigirse hacia la localidad española de Sagunto.
Por su parte, el “Viking Constanza” arribó a las 08.00h., procedente de Tánger Med, en Marruecos, y a las 14.00h., aproximadamente, soltará amarras hacia Saint Nazaire (Francia) tras embarcar 450 vehículos.
Junto a estos cinco buques que compartieron muelle toda la mañana, se sumarán el “Mercury Leader” y el “Galicia”. El primero dejará en Vigo más de 730 vehículos procedentes de Sudáfrica. Su próximo destino será Southampton. Del mismo modo, el “Galicia”, procedente de Zeebrugge, embarcará más de 260 vehículos y 2 remolques, con destinoTánger Med.
A XUNTA INFORMA Á CÁMARA DE COMERCIO DE TUI SOBRE OS AVANCES NO PROXECTO DO PRIMEIRO TREITO DA VÍA DE ALTA CAPACIDADE, QUE INCLÚE O ENLACE CO POLÍGONO DE AREAS
O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo hoxe un encontro de traballo con representantes da entidade
- Francisco Menéndez indica que a Xunta está a traballar intensamente na redacción deste proxecto co obxectivo de telo rematado en verán para poder iniciar a súa supervisión técnica e activar, a continuación, o expediente expropiatorio
- Explicoulles aos empresarios que a programación prevista é comezar a actuación no enlace coa A-55 e co polígono de Areas e continuar executando por fases a VAC en dirección cara Goián
- Indica que este treito é o máis urxente, xa que é necesario solucionar os tráficos e mellorar as conexións dun polígono que rexistra unha importante actividade económica, industrial e comercial
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017.- O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo hoxe un encontro de traballo con representantes da Cámara de Comercio de Tui, aos que informou sobre os avances no proxecto da Vía de Alta Capacidade Tui- A Guarda.
Francisco Menéndez indicou que a Xunta está a traballar intensamente na redacción deste proxecto co obxectivo de telo rematado en verán para poder iniciar a súa supervisión técnica e activar, a continuación, o expediente expropiatorio.
O director explicoulles aos empresarios que a programación prevista é comezar a actuación no enlace coa A-55 e co polígono de Areas e continuar executando por fases a VAC en dirección cara Goián.
Cómpre lembrar que o proxecto de trazado do semienlace foi sometido a información pública entre o 7 de maio e o 11 de xuño do ano pasado, sen que se teña presentado ningunha alegación, o que se entende como unha mostra do elevado consenso que existe sobre a necesidade de incorporar no deseño da VAP Tui – A Guarda a conexión co Polígono de Areas, demandada por veciños e empresarios da zona.
Menéndez lembrou a interese do Executivo autonómico por completar o eixo de altas prestacións entre Tui e A Guarda, comezando pola conexión do enlace de Areas coa N-551 e a A-55, necesario para solucionar os tráficos e mellorar as conexións dun polígono que rexistra unha importante actividade económica, industrial e comercial.
A Xunta, tras unha fonda análise técnica, funcional e social, identificou este treito como o máis urxente nesta infraestrutura, xa que nel conflúen a Autovía A-55, que une Vigo con Portugal e dá saída á rede nacional de autovías; a N-551 que leva á ponte internacional; e e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño. Ademais posibilítase a conexión dun polígono empresarial, o de Areas, que xera tanto tráficos pesados derivados das actividades industriais, como un elevado número de vehículos particulares que se achegan ás diferentes zonas comerciais.
O Goberno galego xa ten acadado unha solución que posibilita movementos directos sen necesidade de que os tráficos pasen polo núcleo de Areas.
Cómpre lembrar que dende o 2014 está en servizo o treito entre Goián e A Guarda, 10 quilómetros de vía de altas prestacións cos que máis de 6.000 vehículos cada día ven mellorados os tempos de percorrido e, sobre todo, a súa seguridade viaria.
A XUNTA DE GALICIA FAI EFECTIVA A COLABORACIÓN CON 11 ENTIDADES PARA FACILITAR O SEU TRABALLO NO EIDO DA DISCAPACIDADE
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe os convenios cos representantes das asociacións
-
O conselleiro de Poltica Social, Jos Manuel Rey Varela, asinar os convenios de colaboracin coas entidades que integran o CERMI.
A Consellería de Política Social destina máis de 3,5 millóns de euros a estes acordos de colaboración que beneficiarán de xeito directo a 100.000 persoas
- Os convenios nominativos foron subscritos con Autismo Galicia, COGAMI, Down Galicia, FAXPG, FEAFES- Galicia, FEGADACE, FADEMGA Plena Inclusión Galicia, ASPACE Galicia, FAGAL, FEGEREC e ASPAYM
Santiago, 5 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe os convenios de colaboración nominativos coas 11 entidades de discapacidade de Galicia destinados ao mantemento das súas estruturas e á realización de programas de interese xeral. A través deles, a Xunta de Galicia destina 3,5 millóns de euros, unha contía que repercutirá de xeito directo en 100.000 persoas que se beneficiarán dos programas e actividades que desenvolvan as entidades.
O orzamento total se distribuirá entre once federacións que aglutinan a 150 asociacións. Estas son Autismo Galicia, que en virtude deste convenio recibirá 155.044€; COGAMI obterá 946.012€; Down Galicia recibirá 446.838€; a achega da administración autonómica para FAXPG ascenderá a 723.644€; FEAFES- Galicia obterá 588.434€; FEGADACE recibirá 211.511€; a axuda destinada a FADEMGA Plena Inclusión Galicia ascenderá 198.571€ e tanto ASPACE como FAGAL recibirán 85.000. As dúas entidades non adscritas ao CERMI, ASPAYM e FEGEREC, recibirán 42.992€ e 22.200€ respectivamente.
Con este investimento, mantense o compromiso adquirido pola Xunta de Galicia en canto á blindaxe do financiamento destinado ao mantemento das entidades de discapacidade. “Elas son unha peza fundamental de cara a asesorar, representar, axudar e fomentar a inclusión social das persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial e por elo, hoxe renovamos o noso compromiso con elas”, explicou Rey Varela tras a sinatura.
Ademais das propias entidades e dos seus usuarios, este acordo tamén repercute na totalidade do colectivo de persoas con discapacidade en Galicia, que representa ao redor do 8% da poboación (máis de 227.000 persoas). “Coa intención de chegar a todo o colectivo, estes convenios de colaboración están destinados a federacións que teñen un eido de atención específico para a súa área de discapacidade, e polo tanto, desenvolven actividades distintas con persoas xordas, con síndrome de Down, con parálise cerebral ou Alzheimer entre outras discapacidades”, engadiu o conselleiro.
Aposta da Xunta de Galicia pola atención á discapacidade
Desde a Consellería de Política Social, continúase a apoiar as medidas necesarias para acadar o obxectivo da inclusión social, efectiva e real, das persoas con discapacidade a través da Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020.
Actualmente, en Galicia hai máis de 5.000 prazas públicas en centros de día, centros residenciais e centros ocupacionais para persoas con discapacidade, estando previsto un incremento a través do aumento que experimentou o orzamento da Consellería nesta área, que pasa de 50 millóns de euros en 2016 a 54 millóns en 2017.
Así mesmo, neste ano, tamén se continuará coas liñas de subvencións como as destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como para a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal. Tamén está prevista a convocatoria da liña de axudas, dirixidas a entidades do ámbito da discapacidade, para o desenvolvemento de accións de asesoramento e formación de persoas con discapacidade cun orzamento que supera o millón de euros.
En 2017 incrementouse por cuarto ano consecutivo o orzamento para a discapacidade, alcanzando a cifra de 95,2 millóns de euros.
De interés; El PPdeG OCULTA los LETRADOS y sus compatibilidades en la Xunta de Galicia..
El PPdeG OCULTA los LETRADOS y sus compatibilidades en la Xunta de Galicia..Reconociendo que no sabe quienes conforma la Asesoría Xurídica
Pladesemapesga dispone de amplia documentación sobre el Gobierno del Partido Popular de Galicia en la Xunta «oculta» los datos de letrados que podrían estar interviniendo en asuntos fuera y dentro de la Xunta de Galicia.
Nos parece gravísimo, y en todo caso, absolutamente inadmisible, que se oculten los datos y la relación completa de los funcionarios que integran el Cuerpo de Letrados de la Xunta de Galicia en activo o en excedencia.
En una resolución firmada por el Jefe de la Asesoría Xurídica de la Xunta Sr Manuel Pillado Quintáns, dice;
“Compre sinalar tamén, que a Asesoría Xurídica Xeral non conta con rexistro específico de persoal propio….”
( Lo que acredita que o no quieren o no saben ellos mismos quienes conforman el equipo de letrados de la propia Asesoría Xurídica de la Xunta de Galicia..)
La Comunidad de Galicia oculta la lista de letrados que pueden estar realizando actividades ajenas a la Xunta de Galicia y también los nombres de las compatibilidades concedidas de las que al menos, acreditamos la de la Sra Isabel Conchado, Secretaria Xeral Técnica de la Consellería Mar, no declaradas para ejercer esas compatibilidades, por otro lado en claro conflicto con la Ley de la Administración Pública….
LOS PEQUEÑOS DEL COLEGIO LAR CELEBRAN LA FIESTA DE LOS MAYOS
El alumnado de Educación Infantil del Colegio Lar, de Mos, ha recibido la llegada de la primavera con la tradicional celebración de fiesta de los Mayos. Durante esta festividad, pequeños y maestros realizaron representaciones, bailes y cantos alrededor de estas figuras vegetales, unas estructuras inspiradas en árboles que han evolucionado en la actualidad a formas más diversas, con adornos de flores, hojas y frutos.
FACENDA AVANZA QUE GALICIA RECUPEROU OS NIVEIS DE PIB PRECRISE E QUE SUPERARÁ POR PRIMEIRA VEZ OS 60.000 MILLÓNS DE EUROS NO 2017
O conselleiro, Valeriano Martínez, participou hoxe no Parlamento na xornada ‘A incidencia da adhesión á Unión Europea’
- Explicou que dende a entrada de España na UE e ata 2020 as achegas destinadas a Galicia alcanzarán os 23.000 millóns de euros aproximadamente
- Lembrou que os fondos europeos reforzan os investimentos e permiten afrontar mellor a corrección da situación demográfica
Santiago, 5 de maio de 2017.- Galicia recuperou no peche do primeiro trimestre os niveis de produto interior bruto (PIB) previos á crise económica, e de seguir a evolución prevista para este exercicio pechará o 2017 cun récord absoluto de PIB ao superar os 60.000 millóns de euros por primeira vez na historia da autonomía.
Así o subliñou esta mañá o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, durante a súa participación na xornada A incidencia da Adhesión á Unión Europea, que tivo lugar na Cámara galega para celebrar os 35 anos do Parlamento galego. Na súa intervención, lembrou que a Xunta seguirá sendo prudente na súas previsións macroeconómicas, pese a que esta mesma semana un instituto económico avanzou que Galicia seguirá neste 2017 á cabeza do crecemento económico de España, cun incremento do PIB próximo ao 3%.
O titular de Facenda destacou que a recuperación económica non se está a trasladar só aos niveis de riqueza senón tamén ao ámbito do emprego, posto que Galicia xa foi capaz de crear 40.000 postos de traballo a tempo completo e mantén o obxectivo de crear entre 80.000 e 100.000 novos empregos ata o horizonte do ano 2020.
Fondos europeos para fortalecer a Galicia do futuro
Durante a súa intervención, Valeriano Martínez explicou que dende a entrada de España na Unión Europea en 1986 Galicia beneficiouse de maneira moi importante dos recursos comunitarios. “Dende entón e ata 2020 as achegas destinadas a Galicia serán de arredor de 23.000 millóns de euros en termos de fondos europeos”, apuntou.
Así, sinalou que as axudas europeas son unha garantía para fortalecer dous retos fundamentais para a Galicia do futuro, en referencia a continuar co esforzo investidor que permita consolidar o proceso de converxencia coa media comunitaria; e a afrontar con maior compromiso a crise demográfica e o envellecemento da poboación.
Neste sentido, o conselleiro fixo alusión ao Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020 como folla de ruta para impulsar e liderar un proxecto de futuro, e para afrontar os novos desafíos da Galicia do ano 2020 a través dun novo modelo económico baseado nun crecemento san, a sustentabilidade ambiental e a cohesión territorial. Trátase, en definitiva, “de consolidar a plena recuperación económica dos cidadáns de Galicia e de mellorar a competitividade cunha Europa unida, renovada e solidaria”, sinalou.