A XUNTA INFORMA Á CÁMARA DE COMERCIO DE TUI SOBRE OS AVANCES NO PROXECTO DO PRIMEIRO TREITO DA VÍA DE ALTA CAPACIDADE, QUE INCLÚE O ENLACE CO POLÍGONO DE AREAS

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo hoxe un encontro de traballo con representantes da entidade

  • Francisco Menéndez indica que a Xunta está a traballar intensamente na redacción deste proxecto co obxectivo de telo rematado en verán para poder iniciar a súa supervisión técnica e activar, a continuación, o expediente expropiatorio
  • Explicoulles aos empresarios que a programación prevista é comezar a actuación no enlace coa A-55 e co polígono de Areas e continuar executando por fases a VAC en dirección cara Goián
  • Indica que este treito é o máis urxente, xa que é necesario solucionar os tráficos e mellorar as conexións dun polígono que rexistra unha importante actividade económica, industrial e comercial

 

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017.- O  director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo hoxe un encontro de traballo con representantes da Cámara de Comercio de Tui, aos que informou sobre os avances no proxecto da Vía de Alta Capacidade Tui- A Guarda.

 

Francisco Menéndez indicou que a Xunta está a traballar intensamente na redacción deste proxecto co obxectivo de telo rematado en verán para poder iniciar a súa supervisión técnica e activar, a continuación, o expediente expropiatorio.

 

O director explicoulles aos empresarios que a programación prevista é comezar a actuación no enlace coa A-55 e co polígono de Areas e continuar executando por fases a VAC en dirección cara Goián.

 

Cómpre lembrar que o proxecto de trazado do semienlace foi sometido a información pública entre o 7 de maio e o 11 de xuño do ano pasado, sen que se teña presentado ningunha alegación, o que se entende como unha mostra do elevado consenso que existe sobre a necesidade de incorporar no deseño da VAP Tui – A Guarda  a conexión co Polígono de Areas, demandada por veciños e empresarios da zona.

 

Menéndez lembrou a interese do Executivo autonómico por completar o eixo de altas prestacións entre Tui e A Guarda, comezando pola conexión do enlace de Areas coa N-551 e a A-55, necesario para solucionar os tráficos e mellorar as conexións dun polígono que rexistra unha importante actividade económica, industrial e comercial.

 

A Xunta, tras unha fonda análise técnica, funcional e social, identificou este treito como o máis urxente nesta infraestrutura, xa que nel conflúen a Autovía A-55, que une Vigo con Portugal e dá saída á rede nacional de autovías; a N-551 que leva á ponte internacional; e e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño. Ademais posibilítase a conexión dun polígono empresarial, o de Areas, que xera tanto tráficos pesados derivados das actividades industriais, como un elevado número de vehículos particulares que se achegan ás diferentes zonas comerciais.

 

O Goberno galego xa ten acadado unha solución que posibilita movementos directos sen necesidade de que os tráficos pasen polo núcleo de Areas.

 

Cómpre lembrar que dende o 2014 está en servizo o treito entre Goián e A Guarda, 10 quilómetros de vía de altas prestacións cos que máis de 6.000 vehículos cada día ven mellorados os tempos de percorrido e, sobre todo, a súa seguridade viaria.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: