FACENDA AVANZA QUE GALICIA RECUPEROU OS NIVEIS DE PIB PRECRISE E QUE SUPERARÁ POR PRIMEIRA VEZ OS 60.000 MILLÓNS DE EUROS NO 2017

  • O conselleiro, Valeriano Martínez, participou hoxe no Parlamento na xornada ‘A incidencia da adhesión á Unión Europea’
  • Explicou que dende a entrada de España na UE e ata 2020 as achegas destinadas a Galicia alcanzarán os 23.000 millóns de euros aproximadamente
  • Lembrou que os fondos europeos reforzan os investimentos e permiten afrontar mellor a corrección da situación demográfica

 

Santiago, 5 de maio de 2017.- Galicia recuperou no peche do primeiro trimestre os niveis de produto interior bruto (PIB) previos á crise económica, e de seguir a evolución prevista para este exercicio pechará o 2017 cun récord absoluto de PIB ao superar os 60.000 millóns de euros por primeira vez na historia da autonomía.

 

Así o subliñou esta mañá o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, durante a súa participación na xornada A incidencia da Adhesión á Unión Europea, que tivo lugar na Cámara galega para celebrar os 35 anos do Parlamento galego. Na súa intervención, lembrou que a Xunta seguirá sendo prudente na súas previsións macroeconómicas, pese a que esta mesma semana un instituto económico avanzou que Galicia seguirá neste 2017 á cabeza do crecemento económico de España, cun incremento do PIB próximo ao 3%.

 

O titular de Facenda destacou que a recuperación económica non se está a trasladar só aos niveis de riqueza senón tamén ao ámbito do emprego, posto que Galicia xa foi capaz de crear 40.000 postos de traballo a tempo completo e mantén o obxectivo de crear entre 80.000 e 100.000 novos empregos ata o horizonte do ano 2020.

 

Fondos europeos para fortalecer a Galicia do futuro

Durante a súa intervención, Valeriano Martínez explicou que dende a entrada de España na Unión Europea en 1986 Galicia beneficiouse de maneira moi importante dos recursos comunitarios. “Dende entón e ata 2020 as achegas destinadas a Galicia serán de arredor de 23.000 millóns de euros en termos de fondos europeos”, apuntou.

 

Así, sinalou que as axudas europeas son unha garantía para fortalecer dous retos fundamentais para a Galicia do futuro, en referencia a continuar co esforzo investidor que permita consolidar o proceso de converxencia coa media comunitaria; e a afrontar con maior compromiso a crise demográfica e o envellecemento da poboación.

 

Neste sentido, o conselleiro fixo alusión ao Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020 como folla de ruta para impulsar e liderar un proxecto de futuro, e para afrontar os novos desafíos da Galicia do ano 2020 a través dun novo modelo económico baseado nun crecemento san, a sustentabilidade ambiental e a cohesión territorial. Trátase, en definitiva, “de consolidar a plena recuperación económica dos cidadáns de Galicia e de mellorar a competitividade cunha Europa unida, renovada e solidaria”, sinalou.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: