LÓPEZ-CHAVES LEMBRA A CABALLERO QUE TEN PENDENTE A CONSTRUCCIÓN DE MÁIS DE 2.800 PRAZAS DE APARCAMENTO NO HAC

  • O delegado territorial da Xunta afirma que o retraso se debe “a falta de vontade do alcalde” de levar a cabo esta actuación  
  • Insiste no compromiso do Concello de construír o aparcadoiro e sinala que as 400 prazas anunciadas non son nin a sexta parte das contempladas

 

Vigo, 4 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, lémbralle ao alcalde de Vigo que aínda ten pendente a construción do aparcadoiro disuasorio na contorna do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), logo de que Abel Caballero anunciase esta mañá a adxudicación dun con tan só 400 prazas, á beira do complexo sanitario, e sinala que as anunciadas están lonxe 2.824 prazas municipais que se contemplaban nos sectores anexos ao centro.

Tralas declaracións do primeiro edil vigués responsabilizando a Administración autonómica dos retrasos na construción deste aparcadoiro, o representante do Goberno galego nega que a actuación se atrasase pola “obstrución da Xunta”, tal e como sinalou o rexedor, senón que se debe á presentación tardía da documentación por parte do Concello de Vigo. Recorda López-Chaves que hai case dous anos que anunciou a construción deste aparcadoiro do que aínda non iniciou as obras.  

 

Respecto ao disuasorio, contemplado cunha importante dotación de prazas, posto que multiplican por seis as anunciadas polo alcalde, López-Chaves apunta á “falta de vontade” de Caballero de levar a cabo esta actuación. “Ata o de agora, pese a se ter comprometido a isto, non dotou unha soa praza de aparcamento nas parcelas reservadas no planeamento urbanístico”, lamenta. “A falta de xestión do alcalde acreditase co exemplo de que foi máis rápida a construción da maior infraestrutura sanitaria de Galicia que a do aparcadoiro que tiña que facer o Concello”, indica, ao tempo que sinala que esta actuación é “unha débeda que Caballero mantén coa sanidade pública”.

 

A súa vez, recorda que o aparcadoiro do Álvaro Cunqueiro conta neste momento coas tarifas máis reducidas, cunha importante diferenza, de toda a área territorial. Conclúe o delegado que o hospital vigués é o único centro construído en Galicia no que os terreos non foron postos a disposición por parte do Concello soportando a Xunta a totalidade dos custos.      

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: