LÓPEZ-CHAVES: “SEIS NOVAS FAMILIAS CONTRIBUIRÁN A DARLLE VIDA AO CASCO VELLO DE VIGO”

  • A Xunta sorteará o vindeiro luns, ante notario, os derradeiros inmobles rehabilitados polo CCVV, participado nun 90% polo Goberno galego

Vigo, 4 de maio de 2017.-  O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe en rolda de prensa para informar dos asuntos tratados no Consello de Administración do organismo, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo. Neste senso, recordou que o vindeiro luns o Goberno galego, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sorteará as derradeiras vivendas rehabilitadas, nos números 10-12 e 45-47 da rúa Ferrería.

 

“Seis novas familias daranlle vida ao Casco Vello e contribuirán á recuperación de veciños e poboación no barrio histórico da cidade que é o principal obxectivo do Consorcio”, apuntou o representante do Goberno galego na área territorial. Así as cousas, mostrouse moi satisfeito co balance das actuacións desde o inicio da actividade con preto de 100 vivendas e 30 locais rehabilitados.

 

Dúas das vivendas que se adxudicarán están localizadas na rúa Ferrería 10-12. Ambas dispoñen dunha superficie de 56,79 metros cadrados ademais dun rocho, e o prezo de venda vai de 90.000 a 95.000 euros. O número de demandantes neste caso ascende os 19, segundo destacou o delegado. As outras catro vivendas, con 41 candidatos interesados, sitúanse en Ferrería 45-47, con superficies dende 55 a 109 metros cadrados e prezo de venda entre 83.000 e 175.000 euros. As listas de demandantes de vivenda que participarán en ditos sorteos foron publicadas hoxe e poden consultarse na web do IGVS a través da seguinte ligazón: http://igvs.es/web/actuamos/600

 

Situación Características das vivendas Prezo de venda
Ferrería 10-12 1º andar. 56,79 m2 + rocho 90.186 €
Ferrería 10-12 2º andar 56,79 m2 + rocho 95.056 €
Ferrería 45-47 1º A. 55,65 m2 83.475 €
Ferrería 45-47 1º B 76,12 m2 114.180 €
Ferrería 45-47 2º A. 56,65 m2 90.640 €
Ferrería 45-47 2º B. 109,75 m2 175.600 €
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: