Celebración dos 25 anos de vida do IES Ribeira do Louro

A ALCALDESA AMOSA O ORGULLO DAS VECIÑAS E VECIÑOS DO PORRIÑO POLO “EXCELENTE LABOR” DA SÚA COMUNIDADE EDUCATIVA DURANTE OS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO 25 ANIVERSARIO DO IES RIBEIRA DO LOURO

A alcaldesa, Eva García de la Torre, e a concelleira de Educación, Lourdes Moure, asistiron este xoves á celebración dos 25 anos de vida do IES Ribeira do Louro, un acto que se celebrou no propio centro e no cal os estudantes e os profesores-actuais e pasados- foron os protagonistas.

A actual directora do instituto de Torneiros, Juana Muñoz, fixo unha lembranza da historia deste centro no que na actualidade estudan ao redor de 630 alumnas e alumnos e imparten ensino máis de 60 profesoras e profesores.

A directora resumiu este cuarto de sáculo do IES Ribeira do Louro cunha palabra, “innovación”. “Innovamos coa Educación Secundaria Experimental, converténdonos nun referente para os centros da ESO; implantamos o módulo de nivel II de Albanelería, os Ciclos Medios de Equipos Electrónicos de Consumo e impartimos, integramente, ESO, Bacharelato, Ciclos Medios e Superiores de FP, Programas de Garantía Social, Educación e Adultos de Nivel I e II e Educación Secundaria de Adultos”.

Ademais, o Ribeira do Louro é unha referencia en Proxectos Internacionais, e os seus estudantes e profesores interviñeron, en estes anos, e máis de 500 experiencias educativas en países tan variados coma China, Albania, Estados Unidos, Noruega, Reino Unido, Romanía, Malta, Alemaña, Bosnia, Francia ou a India, en iniciativas coma EREASMUS, Travelcom, LinguasNet, Chinesecom, Emport ou School Bulying, en materias coma o marketing, inmigración, mellora da competencia, ensino de chinés elemental, accións contra o acoso racial e a xenofobia ou riscos das redes sociais ou Internet.

Pola súa banda, a alcaldesa, logo de felicitar a toda a comunidade do Ribeira do Louro por estes 25 anos de vida, transmitiu o seu “orgullo polo excelente labor da comunidade educativa do Porriño” e polo traballo dos ensinantes que, ademais de coñecementos e destreza no eido das súas materias, “educan en valores tan importantes coma a inclusión, a solidariedade, ou a igualdade”.

Eva García de la Torre subliñou que os organismos públicos, neste caso a administración local, ten que “poñer os medios necesarios para eliminar todas as barreiras que poidan ter as alumnas e alumnos para recibir unha educación igualitaria, unha educación de calidade”.

García de la Torre comprometeuse con este principio e adiantou que fará todo o que estea na súa man para facer realidade unha “vella demanda” do centro que é a apertura dun comedor. Neste eido, a alcaldesa lembrou que a Educación é unha competencia do Goberno de Galicia e pediulle que cumpra coa súas obrigas e que traballe conxuntamente co Goberno local para que haxa, por fin, un comedor no Ribeira do Louro.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: