Archive | mayo 8, 2017

A XUNTA IMPULSA EN VIGO PRETO DE 1.700 VIVENDAS DE PROTECCIÓN

  • Ignacio López-Chaves salienta o compromiso do Goberno galego neste eido coa maior promoción pública de Galicia no polígono residencial de Navia
  • O IGVS adxudica mediante sorteo público 6 inmobles rehabilitados polo CCVV
  • As promocións sorteadas foron Ferrería 10-12 e Ferrería 45-47

 

Vigo, 8 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, presidiu esta mañá un novo sorteo público ante notario doutras 6 vivendas de protección (VPA) rehabilitadas polo organismo.

 

Responsables do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) iniciaron o sorteo sobre as 10.00 horas da mañá ante a presenza dalgunhas das persoas que estaban inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia. Así, foron adxudicadas 6 novas vivendas de protección autonómica ademais de coñecerse o listado de reserva dos posibles beneficiarios.

 

Dos 6 inmobles sorteados, dous están situados en Ferrería 10-12 e ambos dispoñen dunha superficie de 56,79 metros cadrados ademais dun rocho, sendo o prezo de venda entre os 90.000 e os 95.000 euros. As seis restantes correspóndense cos números 45-47 da mesma rúa, con superficies desde 55 a 109 metros cadrados e prezo de venda entre 83.000 e 175.000 euros.

 

A partires de hoxe, os 6 beneficiarios recibirán por parte do CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- a comunicación formal coma adxudicatarios.

 

Desde a súa constitución, o CCVV investiu máis de 44 millóns de euros na recuperación do barrio histórico que deu coma resultado a rehabilitación de máis de 100 vivendas e 30 locais comerciais ademais de facilitar a instalación de diferentes institucións coma o Rexistro da Propiedade, o servizo de Notificacións ou a sede da Universidade de Vigo.

 

Balance VPA

O delegado territorial da Xunta en Vigo aproveitou o sorteo celebrado hoxe para salientar o compromiso do Goberno galego coa promoción de VPA, que no caso de Vigo se traduce en preto de 1.700 novas vivendas de protección proxectadas.  

 

A maioría delas se concentran no polígono residencial de Navia, coa maior promoción de Galicia neste eido e así o acentuou López-Chaves. “O ano pasado destináronse 10 millóns de euros a adquisición de solo en Navia, unha cantidade que excede a inversión anual do Concello na cidade, e xa iniciamos o proceso de contratación das obras de urbanización”, indicou. “É a Xunta a que constrúe e adxudica”, precisou xusto antes de facer fincapé en que o balance da administración local é de “cero vivendas de protección”.

 

Neste senso, o representante do Goberno galego na área territorial de Vigo recordou que o Plan Xeral de Ordenación Municipal reservaba máis do 40% para vivenda protexida e aínda así “non foi quen –en referencia ao alcalde- de pór un só metro cadrado para este fin nos últimos 10 anos de goberno”. Ademais das promocións correspondentes o Consorcio Casco Vello, con estes 6 novos inmobles e as 1.600 vivendas de San Paio de Navia, o delegado recordou as 80 proxectadas nas rúas Chantada, en Castrelos, e Ignacio Grobas, en Barreiro.

A XUNTA DE GALICIA RECIBE A 25 MOZOS E MOZAS ITALIANOS QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA A XUVENTUDE NO MUNDO

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, recibiu hoxe á expedición en Santiago

  • A titular autonómica animou ao grupo a aproveitar ao máximo esta convivencia de sete días en Galicia, na que poderán coñecer a nosa cultura e tradición ao tempo que se desenvolven a nivel persoal, educativo e profesional

 

Santiago, 8 de maio de 2017.-  A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, recibiu hoxe en Santiago a un grupo de 25 mozos e mozas procedentes da rexión de Sicilia (Italia), que participan nun intercambio bilateral enmarcado dentro do programa galego A xuventude no mundo, que organiza a Consellería de Política Social para impulsar a educación non formal e a solidariedade.

 

Esta iniciativa forma parte das accións de colaboración que en materia de xuventude manteñen a Xunta de Galicia e varias entidades locais da rexión de Sicilia. Cecilia Vázquez animou aos mozos e mozas a aproveitar ao máximo esta convivencia durante os sete días que dura o intercambio, xa que lles permitirá “compartir experiencias, culturas, tradicións, costumes e habilidades” que logo lles axudará “a adquisición de competencias, aptitudes e habilidades para o desenvolvemento persoal, educativo e profesional”, explicou.

 

Durante a súa estancia, os mozos sicilianos interactúan en distintas actividades como obradoiros, charlas informativas e dinámicas de grupo sobre diversos temas coa fin de reforzar os vínculos entre eles e entre eles e Galicia.

 

O programa A xuventude no mundo da Xunta é de carácter bilateral, é dicir, potencia tamén a formación da mocidade galega no estranxeiro a través de estancias nas que os participantes son acollidos por unha entidade xuvenil do país de referencia e comparten un amplo programa de actividades, o que supón a súa implicación activa na vida social, cultural e educativa da rexión á que temporalmente se van desprazar. De feito, un grupo de 10 mozos e mozas galegos xa realizaron a súa estadía en Sicilia, o que lles serviu para mellorar o seu coñecemento doutras linguas, culturas e costumes, ao tempo que incrementaron o seu nivel de independencia e responsabilidade.

 

Os intercambios constan con aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple, transporte na cidade e actividades organizadas pola entidade de acollida. A cargo dos participantes correrá o desprazamento ata o lugar, o seguro da viaxe, de accidente e de enfermidade.

 

EL ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL RECITA POEMAS DE GLORIA FUERTES EN UNA RESIDENCIA DE MAYORES

El alumnado de Educación Infantil del Colegio Lar, de Mos, visitó la residencia geriátrica Alvi-Beade. La experiencia resultó muy positiva tanto para los niños como para los mayores, un intercambio generacional en el compartieron anécdotas e historias, que tuvieron su colofón final recitando poemas de Gloria Fuertes y disfrutando de una gran merienda.

PRESENTACIÓN DE LA EXPOSICIÓN «CON LOS OJOS BIEN ABIERTOS. CIEN AÑOS DE FOTOGRAFÍA LEICA»

El 10 de mayo a las 11h30 se presentará en Espacio Fundación Telefónica Con los ojos bien abiertos. Cien años de fotografía Leica

La rueda de prensa contará con María Brancos, jefa de exposiciones del Espacio Fundación Telefónica; Hans-Michael Koetzle, comisario; Andreas Kaufmann, Presidente del Consejo de Supervisión, Leica Camera AG; y María García Yelo, directora del Festival PHotoESPAÑA

La exposición Con los ojos bien abiertos. Cien años de fotografía Leica se celebrará del 11 de mayo al 10 de septiembre, dentro del marco de PHotoESPAÑA

 

Espacio Fundación Telefónica presenta Con los ojos bien abiertos. Cien años de fotografía Leica, una muestra que se encuadra dentro del marco de PHotoESPAÑA y que reúne cerca de 400 fotografías realizadas con Leica, la cámara que revolucionó la historia de la fotografía, ofreció nuevas perspectivas y contribuyó a democratizar este arte en la década de 1920. La muestra cuenta además con material documental, entrevistas y objetos conservados del Archivo Leica que podrán verse por primera vez en España.Más de 100 fotógrafos, entre otros, Cartier-Bresson, F.C. Gundlach, Fred Herzog, Elisabeth Hase o Robert Capa, componen la muestra sobre esta mítica cámara y conviven con piezas clave como una réplica de la Leica original de 1913-14 y la primera cámara que se puso a la venta en 1925. La exposición podrá visitarse entre el 11 de mayo y el 10 de septiembre en la planta 3 del Espacio Fundación Telefónica.

La rueda de prensa tendrá lugar el próximo miércoles 10 de mayo, a las 11:30 horas en el Auditorio del Espacio Fundación Telefónica (C/Fuencarral 3, 2ª planta. Madrid), y contará con la intervención de María Brancós, jefa de exposiciones del Espacio Fundación Telefónica; Hans-Michael Koetzle, comisario; Andreas Kaufmann, Presidente del Consejo de Supervisión, Leica Camera AG; y María García Yelo, directora del Festival PHotoESPAÑA. Tras la rueda de prensa, el comisario hará una visita guiada a la exposición.

A XUNTA AUTORIZA O USO TEMPORAL DO ALBERGUE XUVENIL DE AS SINAS AO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou esta mañá unha visita ás instalacións

 

 

  • O obxectivo desta concesión responde á necesidade de aproveitar de xeito eficiente este espazo e facilitar o seu uso á mocidade

 

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 8 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia autorizou o uso temporal das instalacións do albergue xuvenil As Sinas ao concello de Vilanova de Arousa. Así o informou esta mañá o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, durante a súa visita ás instalacións sitas en dita localidade e na que estivo acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e polo alcalde, Gonzalo Durán.

 

O obxectivo desta concesión temporal responde á necesidade de aproveitar de xeito eficiente estes espazos e de facilitar o seu uso á mocidade. Deste xeito, a Administración autonómica brinda o seu apoio ás administracións locais nas que se emprazan as distintas instalacións, permitindo o seu uso regulado e en atención a que as actividades para as que se solicita o uso temporal satisfarán intereses públicos e non interferirán nas actividades propias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

O titular autonómico indicou que se trata de instalacións nas que se prestan distintos servizos á xuventude galega e nas que o seu período de actividade coincide coa Campaña de Verán da Xunta de Galicia, durante a cal estes centros funcionan a pleno rendemento. Así mesmo engadiu que “con acordos coma os que temos con Vilanova de Arousa, Bergondo e Sada, as administracións autonómica e locais facemos un uso máis racional e eficaz dos recursos públicos en prol da xuventude”, asegurou Rey Varela.

 

A autorización de uso para o Concello de Vilanova de Arousa estará vixente ata o 30 de xuño e do 1 de outubro ao 31 de decembro do 2017 e grazas a ela, desenvolveranse actividades e programas dirixidas á poboación xuvenil, o que comprende a escola municipal de música, actividades deportivas, actividades culturais e de animación, intercambios con mozos e mozas doutras nacionalidades ou cursos de formación entre outros.

 

En virtude desta cesión temporal, o concello subscribirá unha póliza de seguro de todo risco, de perdas e danos materiais e de aseguramento de responsabilidade civil por posibles danos a terceiros. Así mesmo, comprométese a asumir unha contraprestación económica polos gastos de auga, luz, gas, calefacción ou calquera outro derivado do uso dos locais cedidos.

 

‘Puerto flamenco’ de Las Minas no Teatro Afundación de Vigo

El próximo viernes 19 de mayo, a las 20.30 h, el Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) albergará la representación del espectáculo de música y baile Puerto flamenco, de la agrupación Las Minas, una actuación enmarcada en su gira internacional por los cinco continentes. Las entradas están disponibles a través de las vías de comercialización habituales de la entidad: en la web de Ataquilla.com o en el teléfono 902 504 500.

A XUNTA COMPLETA A REFORMA INTEGRAL DA ESCOLA INFANTIL DO GROVE TRAS UN INVESTIMENTO SUPERIOR AOS 500.000 EUROS

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, comprobou hoxe o resultado das obras de mellora levadas a cabo neste centro para menores de 0 a 3 anos

 

  • A actuación consistiu fundamentalmente na reposición completa da cuberta, o cambio de todo o frontal do edificio, a creación dun novo espazo de usos múltiples, a instalación dun teito na entrada e a mellora das aulas
  • O responsable da área social do Goberno galego enmarcou esta intervención no “obxectivo de que os centros destinados á infancia sexan as mellores instalacións posibles”

 

O Grove (Pontevedra), 8 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, comprobou hoxe o resultado das obras de mellora levadas a cabo na escola infantil do Grove, nas que se investiron máis de 500.000 euros e que na práctica supuxeron a reforma integral deste centro que dá servizo ás familias de 74 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos de idade. “A Xunta ten como obxectivo que as os centros destinados á infancia sexan as mellores instalacións posibles”, sinalou o conselleiro tras percorrer o equipamento en compañía do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e de persoal da escola.

 

Os traballos consistiron na reposición completa da cuberta, o cambio de todo o frontal do edificio con instalación de carpintería de aluminio en cada aula, a creación dun novo espazo de usos múltiples do que carecía a escola, a instalación dun teito na entrada para facilitar a chegada e saída dos pais e nais e o acondicionamento das aulas. A pesares da complexidade da actuación esta se puido executar en soamente seis meses, aproveitando ademais o período de verán e as vacacións do alumnado para reducir ao máximo os días de peche do centro e avanzar máis rápido no seu desenvolvemento.

 

Rey Varela reiterou o compromiso do Goberno galego en mellorar as escolas, puntos de atención á infancia e demais infraestruturas dirixidas aos nenos e nenas. De feito, a Administración autonómica puxo en marcha o ano pasado unha liña extraordinaria de axudas para financiar obras de reforma e adecuación destes equipamentos, especialmente en concellos rurais e de menor poboación. A maiores destas subvencións, a Xunta acometeu intervencións mais amplas como a feita nesta escola do Grove.

 

O titular de Política Social indicou que a Xunta continuará a ampliar a oferta de prazas en escolas infantís de 0 a 3 anos porque “son un piar fundamental para a conciliación e porque tamén son un recurso moi importante dende o punto de vista educativo”. Ao respecto, avanzou que nos vindeiros días se coñecerá a lista provisional de admitidos nas máis de 22.400 prazas públicas ou financiadas con fondos públicos que oferta a rede autonómica para o curso 2017-2018, e que sitúan a ratio de cobertura na comunidade nun 38%. Isto é,  catro puntos por riba da recomendada pola Unión Europea.

 

Tamén proximamente abrirase o prazo da nova convocatoria do Bono Concilia, axuda directa ás familias que ten por obxecto contribuír a sufragar o custo dunha praza en escolas privadas a aquelas que non obtiveran praza nun centro con financiamento público ou que residan en concellos onde non hai un recurso deste tipo sostido con fondos públicos. “A finalidade é conseguir que todos os pais e nais que soliciten unha praza para a atención dos seus fillos a obteñan e que, ao igual que o curso pasado, non exista lista de espera”, apuntou o conselleiro.

 

A Consellería de Política Social destina máis de 3,4 millóns de euros a esta nova edición do programa Bono Concilia, do que se beneficiaron o ano pasado máis de 2.500 familias galegas que recibiron unha achega que oscilou entre os 45 euros mensuais para as rendas máis altas e os 250 euros para as máis baixas.

 

Ademais, a convocatoria deste ano presenta importantes novidades na procura de chegar a un maior número de beneficiarios. Entre outras: habilítase a posibilidade de conceder a achega a nenos con necesidades específicas de apoio educativo que superen a idade máxima regulamentaria, ábrese a todas as familias nas que se produza un nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade ao prazo de presentación das solicitudes e por primeira vez contémplase tamén o cambio de concello, de residencia ou de traballo da unidade familiar. Así mesmo, mantense a posibilidade de que opten ao Bono Concilia aquelas familias nas que as dúas persoas proxenitoras traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas e que con dereito a praza pública esta non lles resolva as súas demandas de horario.

 

O conselleiro manifestou que “ademais de seguir consolidando o xa feito, imos a reforzar as políticas sociais dirixidas a conciliación e a atención á primeira infancia”. Neste sentido, insistiu en que os obxectivos desta lexislatura pasan incrementar en dous puntos máis a ratio de cobertura en escolas infantís ata chegar ao 40% e  por consolidar iniciativas como as Casas Niño, a apertura de escolas infantís en contornos empresariais ou o novo Bono Coidado. “Queremos que Galicia siga sendo unha das comunidades con maiores atencións ás familias e á infancia”, concluíu,

 

Más de 8.000 visitantes cierran SICO 2017 en su edición más ilusionante ante la que parece una segura recuperación del sector

Expositores y organización se muestran satisfechos al cumplir con los objetivos marcados y valoran muy positivamente la gran cantidad de contactos y presupuestos realizados durante los tres días que ha durado el evento

 

Vigo, 7 de mayo 2017.- Con la satisfacción de haber logrado el reto de alcanzar los 8.000 visitantes, y el agrado de los expositores, que han visto recompensado su esfuerzo de estos días, la Feria SICO cerró esta tarde las puertas de la que ha supuesto la edición más ilusionante para el sector después de 13 años de trabajo en Vigo. “De esta sexta edición de SICO nos vamos convencidos de que el sector ha puesto las bases para una próxima recuperación”, afirmaba Javier Arnau, director del Grupo Muéstralo y responsable del evento.

 

Casi 2.000 profesionales acreditados en la primera jornada y más de 6.000 visitantes en los días dedicados al público final han pasado por los más de 4.000 metros cuadrados de exposición del IFEVI. Ni el buen tiempo, ni la celebración del Día de la Madre han evitado el incesante goteo de visitantes, que incluso el propio sábado casi llenaban el parking del Instituto Ferial de Vigo. En este sentido, Arnau adelantaba que diversas marcas presentes en la feria “ya han confirmado su intención de participar en la próxima edición de SICO”, que tendrá lugar en el año 2019, volviendo una vez más al carácter bianual de la feria. Así las cosas, Javier Arnau expresó su deseo de que “para esas fechas los distintos planes generales de urbanismo de las ciudades (en el caso de Vigo con obras tan importantes como la propia Ciudad de la Justicia presentada en esta sexta edición de Sico de la mano de la Xunta de Galicia), así como la mejora económica que se percibe en otros sectores sea un hecho también para el mundo de la construcción”.

Contactos, muchos presupuestos entregados e incluso la venta de materiales y servicios, ha sido la tónica general entre los expositores, que también se van muy satisfechos de esta sexta edición de SICO, el único salón de la construcción que existe en estos momentos en el noroeste de España, y que busca acercar las nuevas técnicas y materiales que permitan ahorrar tanto tiempo como dinero a los consumidores finales.

 

Como ya ocurrió el 2014, el formato planteado por la organización con la celebración de jornadas técnicas dirigidas a arquitectos e ingenieros dedicados a la construcción, y muchas de ellas impartidas por profesionales de reconocido prestigio internacional, han sido muy bien valoradas tanto por los propios profesionales como por los expositores de la feria. La apuesta por la sostenibilidad, la bioconstrucción o las nuevas formas de urbanismo (ciudades para vivir y convivir) como temáticas centrales de la feria ha sido otro de los aspectos a destacar entre las felicitaciones a la organización.

El Ministerio de Turismo y la Comunidad de Madrid se unen para promocionar el turismo de calidad

* Madrid reunirá en un congreso en septiembre a los principales operadores turísticos europeos con el fin de transmitirles la variedad de productos turísticos que ofrece la comunidad

08.05.17. El Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital, a través de Turespaña, y la Comunidad de Madrid han llegado a un acuerdo para poner en marcha una estrategia turística conjunta destinada a los grandes países europeos con el objetivo de atraer a un turista con mayor capacidad de gasto, más rentable y de calidad, atraído por las experiencias diferenciadas.

Esta estrategia, puesta en marcha tras un profundo análisis de la demanda turística elaborado por Turespaña después de estudiar los 17 principales mercados, se concretará en un encuentro que tendrá lugar en Madrid el próximo mes de septiembre.

El congreso, denominado España Reloaded, reunirá a los operadores de los mercados alemán, británico, francés, italiano, holandés y nórdico con la oferta turística de Madrid y los tres municipios patrimonio de la humanidad: Alcalá de Henares, Aranjuez y San Lorenzo del Escorial. El objetivo es que, durante estas jornadas, museos, hoteles, restaurantes y demás productos turísticos madrileños puedan presentarse y darse a conocer a la demanda de esos mercados.

Perfil del turista cosmopolita

Tras el análisis de la demanda de viajes en mercados emisores, Turespaña identificó un perfil de turista, denominado cosmopolita, caracterizado por su gusto por las compras, la gastronomía, visitar ciudades, el arte y la cultura. Es además sostenible económicamente, ya que tiene un gasto en destino superior a la media, y socialmente, porque consume preferentemente productos locales. Este visitante, además, crea tendencia, por lo que una de las líneas estratégicas turísticas del Gobierno va dirigida a la captación de este perfil de turista.

Los estudios de Turespaña indican que en Europa se producen unos 75 millones de viajes de este turismo de calidad, y la cuota de Madrid, aunque es la más elevada de España, aún tiene recorrido. En este sentido, cabe destacar que España solo se atraen 7,5 millones de estos viajes, por lo que las posibilidades son aún muy grandes.