Archive | mayo 9, 2017

A XUNTA PUBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NA REDE AUTONÓMICA DE ESCOLAS INFANTÍS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR

  • Os centros da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar contabilizan un total de 11.473 familias solicitantes, sendo o número global de nenos e nenas admitidos de 7702
  • Nestes momentos, a listaxe de agarda eventual ascende a 3489 nenos e nenas e, asemade, hai 282 familias pendentes de completar a documentación
  • A Xunta, ao igual que fixo no actual curso, atenderá todas as familias que finalmente queden sen praza na rede de escolas autonómicas adxudicándolle unha praza concertada ou axudándolles ao pago da praza nunha escola privada a través do Bono Concilia

 

Santiago, 9 de maio de 2017.-  A rede de escolas infantís para nenos e nenas de 0 a 3 anos da Xunta de Galicia, formada polos centros da Axencia Galega de Servizos Sociais e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, rexistrou un total de 11.473 familias solicitantes para o vindeiro curso escolar 2017-2018. Desta demanda global, a listaxe provisional de admitidos nunha praza pública ascende a 7702, segundo os datos que fai públicos hoxe a Administración autonómica e que se poden consultar no portal de Política Social.

 

Asemade, desta listaxe conclúese que nestes momentos os menores en lista de agarda provisional son 3489. Nesta cifra contabilízanse as solicitudes daquelas familias que teñan marcadas varias opcións como escolas infantís municipais ou escolas de iniciativa social. Asemade, hai 282 familias pendentes de completar a documentación.

 

A previsión da Consellería de Política Social é que ningunha familia que teña solicitado praza nunha escola da rede autonómica quede sen recurso de conciliación para os seus fillos e fillas menores de tres anos. De feito, a lista de agarda eliminarase a través do programa do Bono Concilia, axuda directa ás familias que ten por obxecto contribuír a sufragar o custo dunha praza nunha escola escola privada a aquelas que non a obtiveran nun centro con financiamento público ou que residan en concellos onde non hai un recurso deste tipo sostido con fondos públicos. Esta achega oscila entre os 45 euros mensuais para as rendas máis altas e os 250 para as máis baixas.

 

A Consellería de Política Social destina máis de 3,4 millóns de euros a esta nova edición do programa Bono Concilia, que presenta importantes novidades con respecto ao ano pasado  na procura de chegar a un maior número de beneficiarios. Entre outras: habilítase a posibilidade de conceder a achega a nenos con necesidades específicas de apoio educativo que superen a idade máxima regulamentaria, ábrese a todas as familias nas que se produza un nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade ao prazo de presentación das solicitudes e por primeira vez contémplase tamén o cambio de concello, de residencia ou de traballo da unidade familiar. Así mesmo, mantense a posibilidade de que opten ao Bono Concilia aquelas familias nas que as dúas persoas proxenitoras traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas e que con dereito a praza pública esta non lles resolva as súas demandas de horario.

 

A XUNTA DE GALICIA CONCEDE AXUDAS A UN TOTAL DE 48 ESCOLAS INFANTÍS DE INICIATIVA PRIVADA PARA O MANTEMENTO DE 2670 PRAZAS

  • O obxectivo destas axudas é compensar os gastos de persoal, de alimentación e outros gastos xerais de mantemento do centro, así como consolidar a oferta existente e ofrecer un servizo amplo de conciliación familiar e laboral
  • Como novidades na convocatoria deste ano, aplicouse un incremento do 3% nos orzamentos, contémplase un anticipo do 80% da cantidade subvencionada e permítese a xustificación da axuda mediante módulos

 

Santiago, 9 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia vén de aprobar a concesión das axudas para o mantemento das escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social e das que se beneficiarán 48 escolas. O orzamento supera os 3,1 millóns de euros, que permiten o sostemento de 2670 prazas.

 

Estas axudas teñen como finalidade o mantemento dos centros co obxectivo de compensar os gastos producidos dende o 1 de xaneiro ata a data de xustificación e os gastos que figuren como abonados durante ese período nos conceptos de gastos de persoal, gastos de alimentación e outros gastos xerais de mantemento do centro. Así mesmo, buscan consolidar a oferta existente e ofrecer un servizo amplo de conciliación da vida familiar e laboral no que se preste unha atención educativa de calidade e cuns prezos homoxéneos para as familias.

 

Na resolución de axudas deste ano incorpórase unha nova escola infantil, a E.I. O parque en Porto do Son.  Así mesmo, este ano como novidade se aplicou un incremento do 3% nos orzamentos. Deste xeito, nos centros con servizo de comedor, a contía anual será de 19.372 euros para centros que teñan de 1 a 3 unidades; 18.496 euros para centros que teñan de 4 a 6 unidades; 17.609 euros para centros con 7 ou máis unidades; e por último, 15.638 euros para aqueles centros sen servizo de comedor.

 

Co fin de dotar dunha maior liquidez ás entidades subvencionadas a convocatoria deste exercicio contempla por primeira vez un anticipo do 80% da cantidade subvencionada a todas as entidades beneficiarias para garantir a súa liquidez. Outra das novidades desta convocatoria foi a incorporación da xustificación da subvención mediante módulos, o que permite simplificarlle ás entidades a xustificación da axuda e axilizar a súa xestión administrativa.

 

Cómpre destacar que ao longo deste ano se publicará unha convocatoria dotada con 600.000 euros para investimento nestes centros cuxos gastos subvencionables serán obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas dos centros e obras que melloren a accesibilidade, a adquisición e mellora do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade e a dotación de conexión a internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.

 

Recurso educativo e para a conciliación

A ampliación e mellora na calidade das escolas infantís de 0 a 3 anos como recurso educativo e de fomento da conciliación para as familias galegas é un dos eixos de actuación da Consellería de Política Social. Galicia disporá no curso 2017-2018 dun total de 22.439 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, situándose a ratio de prazas para nenos de 0 a 3 anos no 38%. Isto é cinco puntos por riba da cobertura aconsellada pola Unión Europea.

 

Neste sentido, a constitución dunha rede pública galega de centros de educación infantil de 0 a 3 anos como proxecto artellado e de calidade en que participen as entidades privadas de iniciativa social é peza fundamental para o logro deste obxectivo. Esta orde de axudas ten como finalidade materializar neste momento de redifinición do modelo da educación infantil de 0 a 3 anos a contribución da administración galega ao sostemento dos centros existentes e fomentar así a mellora da súa calidade.   

 

A 17ª edición do Correlingua vai ter lugar en Vigo o vindeiro xoves

Baixo o lema “En Galego, sen cancelas ”, doce carreiras pola lingua percorrerán 12 localidades galegas do 2 ao 16 de maio

 

A edición 2017 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña xunto coa Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, entre outros, comezou o luns 2 de maio en Monforte de Lemos e rematará na Estrada o 16 de maio.

 

O Correlingua, percorrerá doce localidades galegas entre o 2 e o 16 de maio, baixo o lema: “En galego, sen cancelas .

 

O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para concurso do manifesto, de banda deseñada, de video, e mesmo do Cantalingua, no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.

 

A marcha, que terá lugar en Vigo, o día 11 de maio, sairá da Praza do Concello ás once da mañá para rematar no Pavillón das Travesas, nunha festa final en que se dará lectura ao manifesto gañador e na que actuará un dos grupos gañadores do Cantalingua: Biribirlocke. Para os máis pequenos/as desde as once da mañá actuará, no propio pavillón,Cé Orquestra Pantasma.

 

Como todos os anos contaremos, para conducir a actividade, cunha persoa de relevo na cultura galega e que, no seu día a día, defende a nosa lingua, como é o caso de Luís O Caruncho.

 

Dará a saída á marcha na Praza do Rei, ás 10:50, o alcalde de Vigo, ABEL CABALLERO, e  a Concelleira de normalización lingüística, UXÍA BLANCO.

 

«»SI EL TITANIC SE HUBIESE CONSTRUIDO CON ACERO DE BILBAO, SE PODRÍA HABER INTENTADO LA RECUPERACIÓN DE SUS RESTOS»».

Moisés Pires, un experto buzo de salvamento marítimo internacional, afirma que el acero que fabricaban en Belfast era de menor resistencia que el de Bilbao, considerado uno de los mejores del mundo.

Barcelona, 09 mayo 2017: Moisés Pires y Joan Mercadal son dos expertos buzos de Salvamento Marítimo internacional, miembros del equipo de la compañía holandesa «Titan», especialista en trabajos de recuperación de buques en condiciones extremas.

Moisés Pires ha participado en la difícil labor de reflotar el Costa Concordia y también en los trabajos de recuperación del crudo de los tanques del PRESTIGE, cuyos restos se encuentran a la misma profundidad que el Titanic, 3.963 metros.

Ambos buzos, durante su breve estancia en Barcelona se han acercado hasta el Museo Marítimo para visitar la exposición del Titanic, , de cuya visita han quedado impresionado, no solo por la reconstrucción del «buque de los sueños» (la más grande del mundo) sino por todos los documentos y objetos allí expuestos.

Moisés Pires explica que si el casco del Titanic se hubiese construido con acero de las fundiciones de Bilbao, seguramente se abrían podido reflotar sus restos, ya que no estarían tan afectados como están ahora.

Pires indica que el acero que, en 1912, se fabricaba en Inglaterra, no tenía la homologación 1,5 estructural, cosa que si tenía el acero fabricado en las fundiciones de Bilbao, que eran consideradas como unas de las mejores del mundo.

Con esta homologación estructural los efectos del paso del tiempo, a esa profundidad y con las temperaturas que soportan, la estructura de la parte de proa del Titanic hubiese podido aguantar los trabajos para su reflotamiento.

Naturalmente, añade Moisés Pires, los trabajos hubiesen sido muy complicados y de muy elevado coste, pero el Titanic se podría haber reflotado.

Tanto Pires como Mercadal están de acuerdo en que trabajar en el proyecto del reflotamiento del Titanic es el sueño de todos los buzos de Salvamento Marítimo, aunque ambos afirman que, transcurridos 105 años del naufragio no merecería la pena intentarlo dado que sus restos están ahora muy deteriorados.

«Nos ha encantado la visita a esta exposición, no solo por la espectacular maqueta sino por los datos que se descubren en el trascurso de la vista, cuya audioguía te va descubriendo «secretos» del Titanic que nosotros desconocíamos».

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NO DESENVOLVEMENTO DA LEI DE XUVENTUDE A TRAVÉS III FORO ABERTO DO TEMPO LIBRE

Celebrarase o vindeiro 20 de maio no Centro de Novas Tecnoloxías en Santiago

  • Nel se constituirán grupos de traballo para avanzar na redacción dos principais sectores obxecto de regulación: a información xuvenil, a formación da xuventude, as actividades xuvenís e as instalacións xuvenís
  • As persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o 15 de maio na web http://xuventude.xunta.gal

 

Santiago, 10 de maio de 2017.-  A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ven de abrir o prazo de inscrición no III Foro Aberto do Tempo Libre, que terá lugar o vindeiro sábado 20 de maio no Centro de Novas Tecnoloxías da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en Santiago de Compostela. Deste xeito, as persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o vindeiro luns, 15 de maio, a través da web http://xuventude.xunta.gal . Así mesmo, e para aquelas que non poidan acudir  a esta xornada pero queiran participar nesta experiencia participativa, a Xunta de Galicia ten habilitado unha caixa de correo electrónico decreto.xuventude@xunta.gal , creado especificamente para este fin, e a través do que poderán facer as súas achegas.

 

O III Foro Aberto de Tempo Libre é un espazo de traballo para a elaboración do novo decreto de desenvolvemento da Lei de xuventude, e vén precedido por cinco xuntanzas de traballo levadas a cabo en Ourense, Lugo, A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela, nas que arredor de 100 técnicos de xuventude, informadores xuvenís, escolas de tempo libre, monitores e directores, entre outros, debateron en torno a un primeiro borrador de decreto elaborado pola Dirección Xeral de Xuventude. Froito deste traballo conxunto, a Administración autonómica agarda contar cun texto froito do consenso que aborde cuestións tan importantes como os programas formativos e as titulacións válidas para a educación no tempo libre, os requisitos das instalacións xuvenís ou as especializacións na formación dos profesionais, co fin de garantir unha atención adaptada ás necesidades das persoas e outras realidades que foron xurdindo e que non están recollidas na normativa vixente.

 

Neste senso, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, aseguraba que “na Xunta de Galicia somos conscientes da importancia de coñecer e contar coa opinión, inquedanzas e necesidades dos distintos axentes implicados nos ámbitos obxecto da regulación e con este III Foro aberto do tempo libre se porá fin á primeira fase deste proceso de participación cidadá na elaboración da normativa”. E, ao fío, explicaba que no transcurso desta xuntanza, se trasladarán as conclusións das distintas sesións celebradas e se constituirán grupos de traballo para avanzar na redacción dos principais sectores obxecto de regulación: a información xuvenil, a formación da xuventude, as actividades xuvenís e as instalacións xuvenís

Premios de Xornalismo Afundación Julio Camba e Fernández del Riego

Máis de 150 artigos foron presentados aos premios de xornalismo convocados por Afundación e Ámbito Cultural de El Corte Inglés. Concretamente, 137 artigos optan a gañar a XXXVIII edición do Premio de Xornalismo Julio Camba para artigos escritos en castelán, e 17 presentáronse á XIV edición do Premio Fernández del Riego para artigos realizados en lingua galega.

‘Agora en serio’ de Marcos Pereiro e Touriñán en Afundación

O dúo cómico formado por Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán volve aos teatros co espectáculoAgora en serio, unha peza que fai un percorrido pola súa traxectoria profesional para celebrar os seus quince anos como dúo humorístico.

A obra, dirixida por Evaristo Calvo e escrita por Manolo Cortés, poderá verse o día 19 de maio no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2); o 27 de maio no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23) e o 2 de xuño no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). Todas as representacións serán ás 21.00 h.

As entradas están dispoñibles a través das vías de comercialización habituais da entidade: na web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

A XUNTA REALIZA O ACTO DE IZADO DA BANDEIRA DA UNIÓN EUROPEA NO DÍA EN QUE SE CUMPREN 67 ANOS DA SÚA ORIXE

  • No acto participaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez

Santiago, 9 de maio de 2017.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, realizaron hoxe o izado da bandeira da Unión Europea no día no que se cumpren 67 anos da súa orixe. O acto celebrouse diante da fachada principal das instalacións centrais da Xunta de Galicia, en San Caetano.

 

O Día de Europa celébrase xa desde hai máis de dúas décadas para homenaxear a Jean Monnet e a Robert Schuman, os cales o 9 de maio de 1950 lanzaron a idea de integrar a todas as nacións europeas para poder desterrar para sempre a guerra deste continente. Este acto considérase orixe e semente da creación da actual Unión Europea.

 

Pese ao seu carácter periférico dende o punto de vista xeográfico, Galicia converteuse nas últimas décadas nunha rexión plenamente identificada coa construción europea, cunha relación cada vez máis sólida con Bruxelas tanto dende o punto de vista político, como económico e social.

 

Neste sentido, a implicación da Comunidade galega con Europa queda patente día a día en eidos como a política pesqueira e agrícola, a cooperación transfronteiriza co norte de Portugal ou a xestión dos fondos estruturais. Ademais, a solidariedade comunitaria, como parte esencial da UE dende o seu inicio, ten contribuído de xeito decisivo ao fortalecemento de Galicia dende a súa adhesión.

 

O acto realizado hoxe nas instalacións da Administración autonómica está previsto na normativa europea de fondos estruturais da política de cohesión.

VUELVE LA FERIA RETROMÓVIL MADRID

VUELVE RETROMÓVIL MADRID, DE LA MANO DE EVENTOS DEL MOTOR

 

  • IFEMA y EVENTOS DEL MOTOR firman un acuerdo de cara a la celebración de la 15ª edición del Salón Internacional del Vehículo de Época
  • La cita tendrá lugar del 15 al 17 de diciembre, en el Pabellón 12 de IFEMA

 

Madrid.- 9 de mayo de 2017.- IFEMA acogerá la celebración de RETROMÓVIL MADRID, Salón Internacional del Vehículo de Época, cuya decimoquinta edición tendrá lugar del 15 al 17 de diciembre de 2017.

Con tal motivo, la principal empresa española de organización de salones relacionados con el mundo del motor clásico y de época, Eventos del Motor, S.L. (www.eventosmotor.com) ha alcanzado un acuerdo con IFEMA de cara a la  celebración  de Retromóvil Madrid en sus instalaciones. El acuerdo fue rubricado por Eduardo López-Puertas Bitaubé, Director General de IFEMA, y por José Enrique Elvira, Director General de Eventos del Motor, S.L..

El certamen tendrá lugar en el Pabellón 12 de Feria de Madrid y ocupará una superficie cercana a los 15.000 m2 cubiertos, a lo que se  sumará una zona  exterior de 2.000 m2 como parking gratuito para concentraciones de coches y motos vintage.

“Desde hace tiempo el sector venía reclamando la celebración de esta feria en IFEMA, como el lugar apropiado para el desarrollo de un certamen internacional a la altura de las necesidades que tiene un mercado como el español», comenta su director, Jose Enrique Elvira. “Las fechas elegidas, cercanas a las fiestas navideñas, no han sido al azar. En una época del año en la que el consumismo está en pleno auge, creemos que puede ser beneficioso para resultado comercial de los expositores participantes”.

Para Eduardo López-Puertas, director general de IFEMA, “acoger un certamen de estas características viene a enriquecer el calendario ferial de la institución, al tiempo que aporta un valor añadido a las empresas participantes por las posibilidades de exhibición que permiten sus instalaciones, sin olvidar su localización y  su cómodo acceso”.

La feria, como es habitual en este tipo de certámenes, contará con stands de venta de automóviles y motocicletas, restauradores, recambios, piezas, miniaturas, automobilia, libros, ropa de época, herramientas, etc., etc. Además, se le rendirán diferentes homenajes a modelos emblemáticos de la historia de las dos y las cuatro ruedas con motivo de sus diferentes aniversarios.

 

Fiel a la filosofía que aplica en todas sus ferias a nivel nacional, Eventos del Motor programará una feria participativa en la que tendrán cabida todos los clubes, museos y asociaciones relacionados con el “mundo” del vehículo de época, a los que se les ofrecerá espacio sin coste para promover sus actividades.

Asimismo, y siguiendo en esta línea, todos los propietarios de vehículos clásicos, ya sean de dos o cuatro ruedas que se acerquen en ellos hasta IFEMA para visitar la feria, dispondrán de parking gratuito y vigilado.

Eventos del Motor organiza desde hace 15 años la mayor feria de vehículo clásico de la península ibérica, AutoClássico Porto, además de las ferias retro de Bilbao, Valencia, Málaga, Vigo y Reus. También bajo su batuta se inaugura cada año el único Salón dedicado de forma monográfica al mundo de la moto “vintage”, RetroMoto Barcelona

 

ABANCA obtén ata marzo un beneficio neto de 153 millóns

  • A marxe de intereses crece un 14,2%, e ABANCA sitúase como a entidade con maior crecemento do sector
  • A marxe básica, que expresa a capacidade fundamental de xeración de ingresos recorrentes, aumenta un 10,2%
  • A entidade xestionou máis de 900 millóns de transaccións de clientes, un 29% máis que o ano anterior, grazas aos rápidos avances en dixitalización
  • A morosidade continúa o seu descenso ata o 6,5%, situando a ABANCA como unha das entidades con mellor calidade da carteira
  • Cun ratio de capital CET1 do 14,5%, ABANCA mantense entre as entidades máis solventes do sector financeiro español
  • Coa compra de Popular Servicios Financieros a entidade inicia un novo ciclo estratéxico centrado na sustentabilidade e o crecemento
20170509-abanca-resultados2017-gal
Resultados ABANCA primeiro trimestre: principais cifras

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

09-05-2017

ABANCA obtivo no primeiro trimestre de 2017 un resultado neto de 153 millóns de euros. Os fundamentos do resultado obtido no arranque do ano son un notable incremento dos ingresos recorrentes, cunha marxe básica que crece un 10,2%, o investimento en dixitalización, e a redución da morosidade, que cun 6,5% sitúa a ABANCA entre as mellores entidades do sector en calidade da carteira.

No primeiro trimestre do ano a marxe de intereses de ABANCA situouse en 111,2 millóns de euros, un incremento do 14,2% fronte a marzo de 2016. Este crecemento susténtase principalmente na mellora da marxe comercial e no aforro de custos das emisións maioristas.

ABANCA sitúase á cabeza do sector en crecemento da marxe financeira, superando aos seus competidores grazas ao seu dinamismo comercial e á xestión de prezos.

As comisións netas sitúanse en 39,1 millóns de euros. O comportamento dos ingresos por prestación de servizos (+5,6%) apóiase no bo desempeño de fondos e seguros. Destacaron no trimestre os fondos de investimento, onde a entidade xenerou o 7,6% das subscricións netas do total do sector en España.

A pesar do forte ritmo de actividade do banco, cun incremento das transaccións con clientes do 29,2%, os gastos de explotación mantéñense estables grazas aos investimentos en tecnoloxía e dixitalización.

ABANCA atendeu no trimestre máis de 900 millóns de transaccións de clientes, un 29% máis que o ano anterior. As transaccións por canles dixitais supoñen xa o 44% do total, destacando a banca móbil.

O efecto conxunto de todas estas actuacións permite a ABANCA incrementar notablemente os seus ingresos á vez que mantén controlados os seus custos, de maneira que a marxe de explotación increméntase, excluíndo operacións atípicas, nun 44,3%.

Foco en segmentos micro

ABANCA rexistrou no primeiro trimestre do ano significativos incrementos tanto en crédito como en captación de recursos nos segmentos de autonómos e pemes, apoiando a súa aposta estratéxica por estes segmentos. Un 65% do novo crédito concedido pola entidade foi dirixido a pemes e autonómos.

O crédito á clientela creceu un 5,2% ata situarse en 26.283 millóns de euros. A entidade galega é das poucas do sector que consegue incrementar a súa carteira de crédito trimestre a trimestre. O conxunto do crédito do sector reduciuse un 1,6%.

Tras crecer un 4,4% interanual, os recursos de clientes alcanzan os 34.810 millóns de euros. A estrutura de financiamento mostra un incremento do peso dos saldos vista e os produtos de valor engadido, que gañan presenza fronte aos depósitos a prazo no actual entorno de tipos de interese.

Crecemento en produtos de valor engadido

No significativo crecemento da captación de saldos fóra de balance (+22,9%) mostran especial dinamismo os fondos de investimento, ferramenta crave de xeración de rendibilidade para o cliente e de achega de comisións para a entidade. Nestes produtos ABANCA alcanzou unhas subscricións netas de 467 millóns de euros, cifra equivalente a unha cota de subscricións do 7,6% do total do mercado español no primeiro trimestre.

En seguros, outra das palancas de diversificación de ingresos do banco, as primas de nova produción crecen un 33,7%. Todos os segmentos mostran un comportamento positivo, destacando especialmente os ramos de empresas e vida risco, que melloran un 82% e un 52% respectivamente.

Mellora continua da calidade do risco

Dando continuidade á tendencia mostrada nos últimos exercicios, a entidade segue reducindo o seu volume de activos dubidosos, que a peche do primeiro trimestre cae ata os 2.101 millóns (506 menos que en marzo do 2016).

A taxa de morosidade sitúase no 6,54%. ABANCA deu a volta á súa posición en calidade do risco, pasando en só dous anos a situarse entre as entidades con mellor calidade de carteira.

Esta posición vese reforzada por un ratio de cobertura do 53,3% e un nivel de activos adxudicados equivalente ao 1% do balance, datos que se sitúan entre os mellores de sector.

A calidade da carteira permite manter o custo do risco en liña co obxectivo establecido (0,3%).

Solvencia e liquidez

ABANCA continúa sendo unha das entidades máis solventes do sistema, cun ratio CET1 do 14,5% e unha folgura de 1.791 millóns sobre os requerimentos de capital do regulador.

A entidade, que cumpre amplamente os requisitos de liquidez a longo e curto prazo establecidos polo BCE para 2018, conta con 5.044 millóns de euros en activos líquidos, cunha sa estrutura de financiamento baseado en depósitos de clientes.

Execución estratéxica

O primeiro trimestre de 2017 supón iniciar con éxito unha nova etapa estratéxica. ABANCA adicou tres anos a completar a privatización, cumprir o term-sheet e recuperar a súa posición no mercado. A entidade inicia agora un novo ciclo estratéxico centrado na sustentabilidade nun entorno de tipos desfavorable e no crecemento no mercado.

As claves desta nova etapa, que deu comezo coa adquisición de Popular Servicios Financieros, son a orientación ao negocio micro (pemes e crédito ao consumo), a especialización como resposta para operar en segmentos con necesidades específicas, a calidade no servizo baseada na sistemática comercial e a orientación clientecéntrica, e o enfoque omnicanal que combine a atención persoal coas novas canles dixitais.

A entidade fixouse como obxectivo alcanzar os seguintes niveis: capital superior ao 14%, índice de satisfacción do cliente 70, taxa de morosidade situada entre o 4,5 e o 5,5%, ratio de rendibilidade ROTE entre o 9 e o 10%, e volume de crédito de 27.000 millóns.