A 17ª edición do Correlingua vai ter lugar en Vigo o vindeiro xoves

Baixo o lema “En Galego, sen cancelas ”, doce carreiras pola lingua percorrerán 12 localidades galegas do 2 ao 16 de maio

 

A edición 2017 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña xunto coa Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, entre outros, comezou o luns 2 de maio en Monforte de Lemos e rematará na Estrada o 16 de maio.

 

O Correlingua, percorrerá doce localidades galegas entre o 2 e o 16 de maio, baixo o lema: “En galego, sen cancelas .

 

O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para concurso do manifesto, de banda deseñada, de video, e mesmo do Cantalingua, no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.

 

A marcha, que terá lugar en Vigo, o día 11 de maio, sairá da Praza do Concello ás once da mañá para rematar no Pavillón das Travesas, nunha festa final en que se dará lectura ao manifesto gañador e na que actuará un dos grupos gañadores do Cantalingua: Biribirlocke. Para os máis pequenos/as desde as once da mañá actuará, no propio pavillón,Cé Orquestra Pantasma.

 

Como todos os anos contaremos, para conducir a actividade, cunha persoa de relevo na cultura galega e que, no seu día a día, defende a nosa lingua, como é o caso de Luís O Caruncho.

 

Dará a saída á marcha na Praza do Rei, ás 10:50, o alcalde de Vigo, ABEL CABALLERO, e  a Concelleira de normalización lingüística, UXÍA BLANCO.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: