A lenda da escena independente española Surfin’ Bichos celebra o seu 25 aniversario no Noroeste Estrella Galicia

O festival coruñés, que celebra a súa 31 edición do 8 ao 13 de agosto, será a única data en Galicia este verán da mítica banda noventera autora de himnos como Fuerte

A organización confirma tamén a presenza de New Day, o novo proxecto dos ex integrantes de Dover, que se sumará a nomes da talla dos Kaiser Chiefs, Los Mambo Jambo, Aviador Dro, New York Ska-Jazz Ensemble, ALA.NI, Lula Pena, Rosalía & Raül Refree ou os chineses Rolling Bowling

A Coruña, 8 de maio de 2017.- O Festival Noroeste Estrella Galicia, que celebra a súa 31 edición do 8 ao 13 de agosto, ofrecerá as únicas ocasións de gozar este verán en Galicia cos New Day, o novo proxecto dos ex integrantes de Dover, e cos Surfin’ Bichos, unha das lendas da música independente española que celebra este ano o 25 aniversario do seu exitoso Hermanos carnales cunha pequena xira con datas escollidas entre as que se atopa o concerto gratuíto que ofrecerán na praia de Riazor na que sen dúbida será unha ocasión única para vibrar con títulos como ¡Fuerte!, Mi hermano carnal, Humo azul ou Efervescente.

SURFIN’ BICHOS. Unha das lendas da música independente española
Bisagra entre os ‘movidos’ 80 e as primeiras luces dos 90, chegaron ao final da primeira década e moi ao principio da segunda. Sen embargo, nos seus anos de existencia, editaron cinco discos, dos cales Hermanos carnales (1992) cumpre agora 25 años. Unha cifra redonda que os botou á estrada para ofrecer o seu directo a aqueles que nunca tiveron a oportunidade de ver as letras de Fernando Alfaro –o seu compositor e cantante- cobrando vida, como se se tratara dun parente lonxano -de Albacete- do visceral Nick Cave. Unha rabia sen conter e unha angustia xeracional -hoxe aínda vixente- que apela ás entrañas con certa tenrura subxacente, como soamente Alfaro sabe facer nos seus textos. Títulos como ¡Fuerte!, Mi hermano carnal, Humo azul ou Efervescente que moitos volverán poder tararear grazas ao seu paso polo Festival Noroeste Estrella Galicia -unha das poucas datas desta singular xira- e que os recentemente chegados quererán aprender de memoria.

NEW DAY. Folk nostálxico para un novo comezo
Despois de 24 anos de traxectoria con Dover, Amparo Llanos renace con New Day, xunto con Samuel Titos (ex Dover) ao baixo e Jota Armijos (ex Fuckaine) á batería. Os trece temas que compoñen o seu primeiro traballo, Sunrise, foron gravados no estudio El Invernadero de Madrid, baixo a producción dos propios Amparo e Samuel e a mezcla de Ferni Duhalde. Este proxecto xurde directamente do corazón e dende a propia experiencia sobre os escenarios e na estrada. A mesma Amparo defíneo como “unha mestura de grito de independencia e de anceio dos demais”. O trío esgotou as entradas ás poucas horas no seu debut o pasado 25 de novembro e o albúm converteuse nun dos máis vendidos. Éste é o alentador comezo dunha banda que ten moito que dicir.

MOI PRONTO…
Na páxina web www.festivalnoroeste.com e nas redes sociais do Festival Noroeste Estrella Galicia, do Concello da Coruña e da Concellería de Culturas iranse comunicando moi pronto as novas confirmacións do festival.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: