A XUNTA DE GALICIA CONCEDE AXUDAS A UN TOTAL DE 48 ESCOLAS INFANTÍS DE INICIATIVA PRIVADA PARA O MANTEMENTO DE 2670 PRAZAS

  • O obxectivo destas axudas é compensar os gastos de persoal, de alimentación e outros gastos xerais de mantemento do centro, así como consolidar a oferta existente e ofrecer un servizo amplo de conciliación familiar e laboral
  • Como novidades na convocatoria deste ano, aplicouse un incremento do 3% nos orzamentos, contémplase un anticipo do 80% da cantidade subvencionada e permítese a xustificación da axuda mediante módulos

 

Santiago, 9 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia vén de aprobar a concesión das axudas para o mantemento das escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social e das que se beneficiarán 48 escolas. O orzamento supera os 3,1 millóns de euros, que permiten o sostemento de 2670 prazas.

 

Estas axudas teñen como finalidade o mantemento dos centros co obxectivo de compensar os gastos producidos dende o 1 de xaneiro ata a data de xustificación e os gastos que figuren como abonados durante ese período nos conceptos de gastos de persoal, gastos de alimentación e outros gastos xerais de mantemento do centro. Así mesmo, buscan consolidar a oferta existente e ofrecer un servizo amplo de conciliación da vida familiar e laboral no que se preste unha atención educativa de calidade e cuns prezos homoxéneos para as familias.

 

Na resolución de axudas deste ano incorpórase unha nova escola infantil, a E.I. O parque en Porto do Son.  Así mesmo, este ano como novidade se aplicou un incremento do 3% nos orzamentos. Deste xeito, nos centros con servizo de comedor, a contía anual será de 19.372 euros para centros que teñan de 1 a 3 unidades; 18.496 euros para centros que teñan de 4 a 6 unidades; 17.609 euros para centros con 7 ou máis unidades; e por último, 15.638 euros para aqueles centros sen servizo de comedor.

 

Co fin de dotar dunha maior liquidez ás entidades subvencionadas a convocatoria deste exercicio contempla por primeira vez un anticipo do 80% da cantidade subvencionada a todas as entidades beneficiarias para garantir a súa liquidez. Outra das novidades desta convocatoria foi a incorporación da xustificación da subvención mediante módulos, o que permite simplificarlle ás entidades a xustificación da axuda e axilizar a súa xestión administrativa.

 

Cómpre destacar que ao longo deste ano se publicará unha convocatoria dotada con 600.000 euros para investimento nestes centros cuxos gastos subvencionables serán obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas dos centros e obras que melloren a accesibilidade, a adquisición e mellora do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade e a dotación de conexión a internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.

 

Recurso educativo e para a conciliación

A ampliación e mellora na calidade das escolas infantís de 0 a 3 anos como recurso educativo e de fomento da conciliación para as familias galegas é un dos eixos de actuación da Consellería de Política Social. Galicia disporá no curso 2017-2018 dun total de 22.439 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, situándose a ratio de prazas para nenos de 0 a 3 anos no 38%. Isto é cinco puntos por riba da cobertura aconsellada pola Unión Europea.

 

Neste sentido, a constitución dunha rede pública galega de centros de educación infantil de 0 a 3 anos como proxecto artellado e de calidade en que participen as entidades privadas de iniciativa social é peza fundamental para o logro deste obxectivo. Esta orde de axudas ten como finalidade materializar neste momento de redifinición do modelo da educación infantil de 0 a 3 anos a contribución da administración galega ao sostemento dos centros existentes e fomentar así a mellora da súa calidade.   

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: