A XUNTA PUBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NA REDE AUTONÓMICA DE ESCOLAS INFANTÍS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR

  • Os centros da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar contabilizan un total de 11.473 familias solicitantes, sendo o número global de nenos e nenas admitidos de 7702
  • Nestes momentos, a listaxe de agarda eventual ascende a 3489 nenos e nenas e, asemade, hai 282 familias pendentes de completar a documentación
  • A Xunta, ao igual que fixo no actual curso, atenderá todas as familias que finalmente queden sen praza na rede de escolas autonómicas adxudicándolle unha praza concertada ou axudándolles ao pago da praza nunha escola privada a través do Bono Concilia

 

Santiago, 9 de maio de 2017.-  A rede de escolas infantís para nenos e nenas de 0 a 3 anos da Xunta de Galicia, formada polos centros da Axencia Galega de Servizos Sociais e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, rexistrou un total de 11.473 familias solicitantes para o vindeiro curso escolar 2017-2018. Desta demanda global, a listaxe provisional de admitidos nunha praza pública ascende a 7702, segundo os datos que fai públicos hoxe a Administración autonómica e que se poden consultar no portal de Política Social.

 

Asemade, desta listaxe conclúese que nestes momentos os menores en lista de agarda provisional son 3489. Nesta cifra contabilízanse as solicitudes daquelas familias que teñan marcadas varias opcións como escolas infantís municipais ou escolas de iniciativa social. Asemade, hai 282 familias pendentes de completar a documentación.

 

A previsión da Consellería de Política Social é que ningunha familia que teña solicitado praza nunha escola da rede autonómica quede sen recurso de conciliación para os seus fillos e fillas menores de tres anos. De feito, a lista de agarda eliminarase a través do programa do Bono Concilia, axuda directa ás familias que ten por obxecto contribuír a sufragar o custo dunha praza nunha escola escola privada a aquelas que non a obtiveran nun centro con financiamento público ou que residan en concellos onde non hai un recurso deste tipo sostido con fondos públicos. Esta achega oscila entre os 45 euros mensuais para as rendas máis altas e os 250 para as máis baixas.

 

A Consellería de Política Social destina máis de 3,4 millóns de euros a esta nova edición do programa Bono Concilia, que presenta importantes novidades con respecto ao ano pasado  na procura de chegar a un maior número de beneficiarios. Entre outras: habilítase a posibilidade de conceder a achega a nenos con necesidades específicas de apoio educativo que superen a idade máxima regulamentaria, ábrese a todas as familias nas que se produza un nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade ao prazo de presentación das solicitudes e por primeira vez contémplase tamén o cambio de concello, de residencia ou de traballo da unidade familiar. Así mesmo, mantense a posibilidade de que opten ao Bono Concilia aquelas familias nas que as dúas persoas proxenitoras traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas e que con dereito a praza pública esta non lles resolva as súas demandas de horario.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: