A XUNTA AVOGA POR AFONDAR NA COOPERACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS E COAS ENTIDADES SOCIAIS PARA FACER FRONTE Á POBREZA E A EXCLUSIÓN

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, abordou esta mañá no Parlamento de Galicia os datos de pobreza infantil na comunidade

En Galicia a pobreza infantil e a exclusión social ten menos incidencia que no conxunto de España, segundo sinalan tanto os indicadores europeo e nacional

  • O Goberno galego ten na Estratexia de Inclusión Social 2014-2020 e na nova Axenda Social as principais ferramentas para apoiar ás familias en situación ou risco de vulnerabilidade

 

Santiago, 10 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela,  indicou hoxe en sede parlamentaria que en Galicia a pobreza infantil e a exclusión teñen menos incidencia que no conxunto de España, segundo sinalan tanto a taxa europea Arope como os últimos datos da Enquisa sobre Condicións de Vida do Instituto Nacional de Estatística (INE).  

 

Así, a última taxa Arope correspondente ao ano 2016 sitúa a Galicia no 25,4%, un 0,3% menos que no ano 2015, sendo a media nacional do 27,9%. Asemade, os datos publicados polo INE o pasado mes de abril sinalan que na Comunidade Autónoma baixa a taxa de risco de pobreza do 19,4% ao 19%, mentres que no conxunto do territorio nacional sube do 21,1% ao 22,3%. Así mesmo, Galicia tamén ten hoxe menos risco de pobreza que antes da crise, aos pasar esta do 20,9% no ano 2008 ao xa sinalado 19% actual.

 

Na súa intervención, o conselleiro indicou que “non podemos estar satisfeitos, xa que aínda resta moito por facer na erradicación da pobreza, sobre todo cando esta afecta aos nenos e nenas, que son un colectivo prioritario pola súa situación de especial desprotección”. Ao respecto, explicou que os casos de vulnerabilidade en menores prodúcense en familias en situación ou risco de exclusión, polo que “cómpre rachar co ciclo da transmisión da pobreza entre xeracións e intervir de maneira simultánea en distintos ámbitos: o familiar, o educativo, o social e o económico”, apuntou.

 

Rey Varela avogou por continuar co desenvolvemento das medidas recollidas na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 e na nova Axenda Social de Galicia para facer fronte á pobreza e a á exclusión, ao tempo que destacou das mesmas o feito de que son o resultado do diálogo e do consenso cos concellos e a entidades de iniciativa social.

 

Deste xeito, o responsable da área social do Goberno galego explicou que se están a desenvolver medidas específicas de loita contra a pobreza infantil como a habilitación dun procedemento para o pago anticipado das axudas de inclusión social no caso de familias con menores, o programa integral de intervención con nenos e nenas menores de 16 años en situación de vulnerabilidade e as súas familias posto en marcha nas sete grandes cidades ou a liña de axudas para o pago de medicamentos.

 

Ademais, referiuse a accións dirixidas a mellora  das condicións de vida das familias en situación de privación severa, como o tícket eléctrico ou as axudas para a adquisición de material escolar; así como ás axudas, exencións e deducións fiscais que se aplican ás familias por nacemento de fillo; as exencións de pago das cotas en escolas infantís; as accións promotoras da inclusión residencial, como o programa Reconduce, o Bono Aluguer ou o programa de vivendas baleiras; e o incremento da partida económica da Risga, entre outras.

 

Por último, o conselleiro tamén lembrou o reforzo dos equipos sociocomunitarios básicos dos Concellos, coa mellora do financiamento dos mesmos e o incremento do número de profesionais coa finalidade de dar unha mellor atención de proximidade ás persoas e familias que máis o precisan.

 

Para rematar a súa intervención, Rey Varela avogou por afondar na colaboración e coordinación entre administracións e coas entidades e axentes sociais para que “coa suma dos esforzos de todos poidamos seguir desenvolvendo políticas integrais que permitan paliar os efectos da  exclusión e atacar as causas que a provocan”.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: