A XUNTA MODIFICARÁ O PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICIA PARA FACILITAR O DESENVOLVEMENTO FUTURO DE SEIS PARQUES DA COMUNIDADE

 

  • A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou hoxe a tramitación administrativa desta modificación
  • Con este procedemento permitirase acometer as actuacións precisas nos parques de Encrobas (Cerceda), Palas de Rei, Seilxalbo-O Cumial (Ourense), Bueu, Moaña e Cambre

 

 

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia iniciou hoxe a tramitación da modificación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia formúlase co obxectivo xeral de facilitar o desenvolvemento futuro de seis áreas empresariais, cinco das cales estaban xa contidas no documento orixinal do Plan Sectorial e unha de nova delimitación.

 

Coa modificación do plan búscase favorecer o desenvolvemento futuro das áreas empresariais  para facelas mais viables de cara á súa execución sempre respondendo a criterios de sostibilidade económica, social e ambiental.

 

Os ámbitos que se verán afectados pola presente modificación son os seguintes:

 

  • Parque empresarial de Encrobas (Cerceda)
  • Parque empresarial de Palas de Rei  (Palas de Rei)
  • Parque empresarial Seixalbo – O Cumial  (Ourense)
  • Parque empresarial Bueu-Castiñeiras  (Cangas – Bueu)
  • Parque empresarial de Moaña (Moaña)
  • Plan de sectorización, Erzana S.L.  (Cambre)

 

A través desta modificación do plan sectorial inclúese no mesmo a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei (Lugo) a causa da demanda existente de solo unha vez que os terreos da segunda fase do mesmo, incluída no plan sectorial orixinalmente aprobado, atópase esgotada e imposibilita o asentamento de novas empresas. Na presente modificación se delimita unha nova fase denominada Parque empresarial de Palas de Rei Fase III.

 

No parque empresarial das Encrobas, en Cerceda (A Coruña) a modificación do plan sectorial divide o ámbito en dúas actuacións independentes ao verse afectado pola infraestrutura ferroviaria que atravesa o sector, pasando a denominarse Parque empresarial de Encrobas I e Parque empresarial de Encrobas II.

 

En canto ao parque empresarial Seixalbo-O Cumial, en Ourense, redelimitase o ámbito para axustarse ao parcelario e para desafectar zonas residenciais incompatibles co uso industrial.

 

O Parque empresarial Bueu-Castiñeiras (Pontevedra) divídese en dúas actuacións independentes. Unha situada en Bueu como ampliación do parque existente de Castiñeiras, e a de Cangas trasladase a un novo emprazamento para facilitar a súa viabilidade.

 

No caso do parque empresarial de Moaña, prevese a redución do ámbito nun 35 por cento da superficie total delimitada inicialmente no plan sectorial. O obxectivo da redución é adaptar o ámbito do parque empresarial á topografía da zona e excluír do ámbito zonas con valores naturais.

 

Finalmente, corríxense os erros existentes no documento inicial do plan sectorial respecto do plan de sectorización (Erzana S.L.) en Cambre.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: