A XUNTA DÁ A COÑECER O SEU PROXECTO MEDIOAMBIENTAL A MOZOS E MOZAS ITALIANOS QUE PARTICIPAN NUN INTERCEMBIO DE XUVENVUDE

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañou os visitantes nun percorrido guiado polas instalacións de Sogama.

Esta actividade enmárcase no programa ‘A xuventude no mundo” da Consellería de Política Social, que promove o intercambio de experiencias entre a mocidade galega e a doutros países

  • Ademais das instalacións cercedenses, os mozos e mozas italianos puideron coñecer e gozar dalgúns dos contornos galegos máis emblemáticos dende o punto de vista cultural, histórico, patrimonial e medioambiental, como a catedral de Santiago, a Torre de Hércules, o castro de Baroña ou a praia de Riazor, entre outros

 

Cerceda (A Coruña), 11 de maio de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, acompañou esta mañá a un grupo de mozos e mozas de Sicilia (Italia) nunha visita ao complexo industrial da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama). Esta actividade enmárcase no programa de intercambio ‘A xuventude no mundo’ da Xunta de Galicia e tivo por obxectivo que esta delegación coñecera o cometido desta empresa pública que dá servizo a 294 concellos galegos, xestionando e tratando cada día os residuos urbanos producidos por máis de 2.260.000 habitantes.

 

Tras ser recibidos polo presidente de Sogama, Javier Domínguez, os integrantes do colectivo italiano recibiron as oportunas explicacións, a cargo de educadores ambientais, sobre o funcionamento do complexo industrial de Cerceda, efectuando a posteriori un percorrido guiado polas plantas que o conforman. Desta forma, puideron comprobar por si mesmos o circuíto que segue o residuo para ser reciclado ou ben para ser valorizado enerxéticamente, no que caso de que, dadas as súas características, non poida ser aproveitado doutra forma. E todo iso desde o máximo respecto ambiental e desde a máxima pulcritude operativa.

 

Esta actividade súmase a outras que o grupo italiano xa puido experimentar en días pasados, deseñando para eles un calendario máis amplo a través do cal se posibilita o contacto coa realidade galega. Así, os participantes neste intercambio coñeceron paraxes e contornas emblemáticas dende o punto de vista cultural, patrimonial e histórico como a catedral de Santiago e o casco histórico da capital galega, a praza de abastos compostelá, o Museo do Pobo Galego e o Museo das Peregrinacións, o Mosteiro de Santo Domingo de Bonaval ou a Torre de Hércules, entre outros.

 

Tamén visitaron diversos espazos naturais referentes na nosa comunidade, tales como o Castro de Baroña, o Complexo Dunar de Corrubedo, o Miradoiro da Curota, a praia de Riazor, etc. Asemade, esta experiencia permitiu que degustaran produtos típicos galegos.

 

A responsable autonómica de Xuventude explicou que, ao igual que cando estiveron mozos e mozas galegos na provincia italiana de Mesina, “os participantes nesta iniciativa iniciativa incrementan o seu nivel de independencia e responsabilidade, vencen prexuízos e potencian a solidariedade, o voluntariado e a tolerancia”.

 

‘A xuventude non mundo’ é unha acción de mobilidade  que ten por obxecto que mozos de Galicia de entre 18 e 30 anos poidan levar a cabo actividades de interese para a súa formación e desenvolvemento noutros países e que experimenten accións de educación non formal no estranxeiro, fomentando así a convivencia e interacción con persoas de distintas rexións. Iso permítelles comprender a diversidade sociocultural, coñecer outras linguas, culturas e costumes e, en definitiva, adquirir toda unha serie de habilidades e competencias que faciliten o seu desenvolvemento persoal.

Desde 2010, máis de 550 mozos galegos participaron neste programa, dando así resposta a un dos eixos prioritarios das políticas de mocidade como é a promoción da mobilidade xuvenil, entendida como unha activa implicación dos mozos na vida social, cultural e educativa da rexión á que se desprazan temporalmente.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: