#SonRías2017 | Cartel por días e entradas para cada noite

O SonRías Baixas, que celebra a súa 15ª edición a primeira fin de semana de agosto, acaba de facer público o seu cartel por días, poñendo á venda unha pequena cantidade de entradas para as persoas que só poidan asistir a unha das noites do festival.

O sábado 5 de agosto encherán o escenario do multiusos da Estacada, en Bueu, a rumba festiva dos Estopa, a delirante combinación de ska, punk, reggae, dub e folclore dos bosnios Dubioza Kolectiv, a descarga enerxética dos valencianos Zoo, o rock con acento flamenco do proxecto persoal do cantante de El Puchero del Hortelano, Arco, e o Dj SonRías.

O venres 4 serán a alegría mestiza de Amparanoia, a forza combativa de Sés, o punk-reggae dos arxentinos Todos Tus Muertos, o rock combativo dos sevillanos Narco e o ska combativo dos Dakidarría os encargados de poñer en pé ao público do que xa é un dos festivais de referencia no verán peninsular.

Os bonos que permiten asistir aos tres días de festival están á venda na web e máis nos puntos de venda físicos por 35,50 € máis gastos. Ademais, a organización do SonRías Baixas pon hoxe á venda, por 25 euros máis gastos, unha pequena cantidade de entradas para asistir venres ou sábado. Quen queira ir á festa de benvida ao festival, o xovespola noite, co concerto de Pedrá -Tributo a Extremoduro- e a pinchada do Dj SonRías, poderá facelo mercando unha entrada de 10 euros máis gastos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: