ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS ‘CAMPAMENTOS DE VERÁN’ QUE ESTE ANO ABRANGUEN, CUMPRINDO UN ACORDO DO PLENO DA CORPORACIÓN, A PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

A Concellería de Benestar, que dirixe Soledad Girón, ven de abrir o prazo de inscrición para os ‘Campamentos de Verán’ que este ano incorporan unha novidade importante, dando cumprimento a un acordo do Pleno da Corporación: a creación dun campamento específico para persoas con Diversidade Funcional.

O prazo para tramitar a inscrición abriuse este xoves, día 11 de maio e pecharase o vindeiro 2 de xuño. As solicitudes deben presentarse no Centro de Información á Muller, no 3º andar do Concello, e as veciños e veciñas que queiran obter máis información poden facelo chamando ao teléfono 986 633 429.

A concelleira subliña que os campamentos están dirixidos a nenas e nenos nados entre os anos 2005 e 2011-os dous incluídos- e a persoas con diversidade funcional, tendo a obriga, en todos os casos, de estar empadroadas no Porriño.

Soledad Girón lembra que o obxectivo destes campamentos, que non teñen custo algún, é o de “fomentar a conciliación familiar” durante os meses de lecer, impulsar a interacción e a integración entre todos os asistentes aos mesmos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: