LÓPEZ-CHAVES INAUGURA A II EDICIÓN DA FEIRA DO LIBRO DO PORRIÑO

  • O delegado territorial da Xunta na área de Vigo participou esta tarde na presentación do certame xunto á presidenta da Federación de Librarías de Galicia e a concelleira de Cultura da localidade
  • As feiras do libro chegan este ano a 16 concellos galegos, a cifra máis elevada na última década

 

O Porriño (Pontevedra), 11 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado pola presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez, e a concelleira de Cultura do Porriño, Lourdes Moure, inaugurou esta tarde a II edición da Feira do Libro da localidade. Unha cita que reflicte o compromiso da Administración autonómica pola difusión e promoción cultural e que en 2016 celebraba a incorporación ao programa deste concello e máis o de Redondela.

 

Na súa intervención, o representante do Goberno galego na área territorial de Vigo agradeceu á Federación de Librarías de Galicia a organización deste certame que promove a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a súa aposta por converter as Feiras do Libro, que percorren 16 concellos das catro provincias galegas -a cifra máis elevada da última década-, no mellor escaparate ao aire libre da produción editorial. López-Chaves amosou o apoio da Administración autonómica a esta celebración colectiva que conta coa implicación imprescindible dos libreiros e libreiras “a pedra angular de todo isto, a cuxo esforzo debémoslle estar hoxe aquí”, indicou.

 

O delegado da Xunta en Vigo quixo incidir neste marco no dato publicado no último informe PISA, o correspondente a 2015, que sitúa a Galicia a altura da OCDE nas tres materias analizadas, matemáticas, ciencias e lectura, con resultados próximos aos países coa mellor clasificación e un reputado sistema educativo.  

 

No mes das letras tamén será a quenda das feiras de Lugo, do 16 ao 21 de maio, e de Ourense, do 31 de maio ao 4 de xuño. Redondela celebrará a súa feira do libro entre o 8 e o 11 de xuño e posteriormente terán lugar as feiras de Ribeira, do 22 ao 25 de xuño; de Vigo, do 29 de xuño ao 8 de xullo; de Rianxo, do 20 ao 23 de xullo; de Mondoñedo, entre o 24 e o 26 de xullo; e de Ponteareas, do 27 ao 30 dese mesmo mes. En agosto serán as feiras do libro da Coruña, do 1 ao 10; de Viveiro, do 13 ao 16; de Foz, do 17 ao 20; e de Monforte de Lemos, que pechará a edición de 2017 entre os días 23 e 26 deste mes estival.

 

O lema escollido este ano para todas as Feiras é “A ledicia de ler” e serve como homenaxe ao protagonista do Día das Letras Galegas, Carlos Casares, quen publicou dende 1975 unha sección xornalística onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época.

 

Balance das Feiras do Libro 2016

Desde a Federación de Librarías de Galicia explicouse que a tendencia que ofrecen os datos nestas citas co libro, a literatura e a lectura é positiva. En concreto, respecto a 2015, no 2016 houbo un aumento dun 43% nas actividades realizadas entre presentacións de libros, sinaturas, eventos infantís e outras actividades culturais complementarias. Ademais, de 2015 a 2016, pasouse de 202 a 213 librarías e entidades participantes e de 863 a 926 profesionais involucrados. Así mesmo, durante o 2016, rexistrouse un incremento dun 9% de visitantes en comparación con 2015, pasando de 419.000 a 457.000.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: