LÓPEZ-CHAVES VISITA O CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE TEIS

  • O delegado territorial da Xunta na área de Vigo interesouse polas actividades desenvolvidas e que benefician anualmente a máis de 3.000 veciños
  • Os 9 centros da área de Vigo mobilizan uns 10.000 usuarios en conxunto aos que lles ofrecen máis de 200 actividades

 

Vigo, 12 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe un encontro coa directora do Centro Sociocomunitario de Teis, María Luisa Rodríguez, co obxectivo de interesarse polas actividades desenvolvidas das que se benefician anualmente máis de 3.000 veciños, cunha media de 400 usuarios diarios.

 

Logo de se ter reunido no pasado mes de febreiro cos directores e directoras dos centros sociocomunitarios de Vigo e a súa área de territorial, o representante do Goberno galego iniciaba en abril unha rolda polos devanditos centros que arrancaba en Porriño e hoxe levouno a Teis. Segundo lle trasladou a responsable destas instalacións, nelas realízanse todo tipo de actividades de lecer e tempo libre que se van programando ao longo do ano.

 

O Centro Sociocomunitario de Teis é un dos centros sociais con maior número de usuarios de Vigo e cunha variada programación de actividades de carácter multidisciplinar desenvolvendo así unha importante labor social. Segundo comentou a directora, a “prevención” é un dos principais obxetivos que se perseguen no deseño do programa, con cursos de  manualidades, debuxo e pintura, canto coral, habilidades sociais e memoria, ximnasia ou ioga, entre outros. Especial éxito están tendo as actividades enfocadas ao movemento e o relax, así como as novas tecnoloxías, tal e como puido comprobar López-Chaves, que felicitou a directora, cadro de profesores e persoal do centro polo traballo desenvolvido ao longo de estes anos cunha oferta moi atractiva para os usuarios.  

 

A área territorial de Vigo conta cun total de 9 centros sociocomunitarios: tres en Redondela, Baiona e O Porriño mentres que no caso da cidade olívica, existen 6. Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi y Margall, Teis e O Calvario son as instalacións polas que, de media, adoitan pasar unhas 1.000 persoas ao ano para se beneficiar das súas actividades ou para gozar doutros servizos que se ofrecen coma a biblioteca, sala de xogos ou de prensa.

 

En total, os 9 centros sociocomunitarios mobilizan entre 9.000 e 10.000 usuarios anuais aos que, de xeito global, lles ofrecen máis de 200 actividades. Cursos de taichi, bolillos, informática, inglés, música, obradoiros de cerámica, de costura ou cociña, entre outros moitos, súmanse ás excursións, charlas ou conferencias que todos os días se ofertan nestas instalacións que dependen da Consellería de Política Social.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: