O Concello do Porriño asume a Seguridade, Limpeza, Transporte, Regulación do Tráfico ou montaxe de palcos e escenarios do Festival de Cans

A alcaldesa presidiu este xoves unha xuntanza na que estiveron presentes o tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, o concelleiro de Limpeza, Orlando Mázquez, o director do Festival de Cans, Alfonso Pato, ademais do xefe da Policía Local, Florencio Porto, e o responsábel de voluntarios de Protección Civil do Porriño, para coordinar o dispositivo de seguridade que estará operativo durante os días nos que se desenrola o Festival de Cans- do 24 ao 27 deste mes-.

Deste xeito, como lembrou Eva García de la Torre, o Concello do Porriño, ademais da achega de 18.000€, repetindo a meirande cantidade que o festival recibiu das arcas locais na historia,  asume, tamén, garantir a seguridade das máis de 11.000 persoas que se agarda que se acheguen á vila para asistir a este certame.

O Concello asume, entre outros cometidos, o Servizo de Autobús Especial na Ruta: O Porriño – Pavillón – Restaurante Guanabara – Rotonda Cans (ida e volta), unha distancia total de 3,5 quilómetros con catro paradas: Fronte Cafetería Porriño – a antiga Maroma-diante do Pavillón-no Restaurante Guanabara e na Rotonda de Pedra de Cans, o venres de 6 da tarde a 4 da mañá e o sábado,día 27, de 9 e media da mañá a 4 da mañá, cunha frecuencia de 15-20 minutos.

Tamén se realiza por parte dos servizos municipais, a limpeza e acondicionamento da zona central de Cans: Rotonda do can, zonas aparcadoiro na entrada da Adroza e á beira do Bar Fortes, rozar de silveiras e herbas camiños por onde transitará o público, zona da Casa da Mestra, acceso á leira de Alicia (jalpón friki), Camiño do cemiterio, camiño do cruceiro ata o Castillo, Parque do Río; a  limpeza específica de herbas e deixar pelado ben o valado da explanada de terra da entrada.

Os servizos de limpeza estarán presentes no torreiro de Cans os días do festival; a primeira hora da mañá do sábado 27 de maio, e do domingo 28 de maio, e coloca contedores de lixo extra na zona do torreiro, no espazo do río e na nova zona dos nenos e retira o escombro no camiño baixada ao río.

Así mesmo, á marxe da instalación de potencia de electricidade extra, a colocación de planchas de aceiro para cubrir o rego da cuneta no fronte da zona da Casa da Mestra e no recinto utilizado para vehículos organización, e Unidades Móbiles de radio e televisión, o Concello acomete a colocación de catro palcos: dous na Praza de Antonio Palacios, outro no Torreiro de Cans e un máis no bulevar.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: