REY VARELA ABORDA CO ALCALDE DE FERROL A NOVA RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES PROXECTADA NA ZONA DO BOIAL

O conselleiro tratou co rexedor ferrolán as melloras e obras acometidas nos equipamentos sociais dependentes da Xunta que están en funcionamento na cidade

  • O responsable da área social do Goberno galego explicou as características que terá o novo fogar da terceira idade proxectado nunha parcela do Boial e que incrementará en 120 máis a oferta de prazas residenciais no municipio
  • A Administración autonómica investiu máis de 1,6 millóns de euros na reforma e mellora de diversos centros como a Residencia de Maiores de Caranza, o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Souto de Leixa, o Centro de Menores Ferrol I ou nas escolas infantís de Catabois, Caranza e Virxe de Chamorro

 

Ferrol, 12 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou na xornada de hoxe a desenvolver a súa axenda de encontros con rexedores e rexedoras galegos coa finalidade de reforzar as liñas de colaboración entre administracións. Nesta ocasión, entrevistouse co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez Fernández, con quen abordou a situación programas sociais, as melloras acometidas recentemente nos centros de maiores e escolas infantís que dependen da Xunta, así como e a proposta de construír unha nova residencia da terceira idade no municipio.

 

Rey Varela explicou que Ferrol é un dos grandes concellos de Galicia na que está proxectada para esta lexislatura a edificación e entrada en servizo dun novo centro residencial, sendo o emprazamento proposto a zona do Boial. Esta nova infraestrutura ofertará 120 novas prazas para maiores, diminuíndo de maneira considerable a demanda existente tanto na cidade como nas localidades limítrofes.

 

En canto ás características desta instalación, o conselleiro destacou que a zona residencial será a máis ampla e incluirá as estancias destinadas a aloxamento –sendo a maioría das habitacións individuais con baño-, comedor, perruquería, cuarto de enfermaría, sala de estar e aseos. Ademais e como novidade, o centro terá diferenciadas a unidade xeriátrica da psicoxeriátrica co fin de ofrecer unha correcta atención e mellorar a calidade asistencial que padezan trastornos cognitivos severos. O resto das zonas do edificio destinaranse a usos sociais, área de atención especializada e espazos para recursos administrativos e servizos.

 

Así mesmo, o titular de Política Social e o primeiro edil repasaron as actuacións de mellora acometidas recentemente en centros autonómicos asentados na cidade. Entre elas, a reforma da residencia de maiores de Caranza e do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAP) Souto de Leixa, así como os traballos levados a cabo con cargo ao plan de investimentos de cumprimento da débeda no Centro de Menores Ferrol I e nas escolas infantís de Catabois, Caranza e Virxe do Chamarro. A suma da contía investida pola Xunta nestas actuacións sitúase por riba de 1,6 millóns de euros.

 

Noutra orde de cousas, Rey Varela destacou o incremento das horas dispoñibles no Servizo de Atención no Fogar (SAF) a persoas dependentes. A Consellería ten posto a disposición do concello ferrolán 2.876 horas máis ao mes, o que supón un incremento do 20% e un cómputo total de horas anuais de 204.600 das que se benefician na actualidade preto de 300 persoas.

 

Por último, o conselleiro destacou que Ferrol tamén é un dos municipios que se ten beneficiado do reforzo dos equipos socicomunitarios básicos. Neste caso, coa contratación a través do Plan Concertado dun educador social máis, o que redundará na mellora da atención de proximidade.

 

O mandatario autonómico e local acordaron continuar coa cooperación emprendida entre as dúas institucións, pensando no benestar e na mellora dos servizos e programas dirixidos ás persoas e familias que máis precisan do apoio das administracións.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: