REY VARELA INSISTE NA IMPORTANCIA DA COLABORACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS PARA ACADAR AVANCES EN MATERIA SOCIA

O conselleiro mantivo no día de hoxe unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Mugardos (A Coruña), Pilar Díaz Otero

 

  • Ambos mandatarios lembraron as liñas de colaboración da Xunta de Galicia coa localidade, como o Servizo de Axuda no Fogar ou a RISGA

 

Ferrol, 12 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continúa a manter encontros periódicos cos rexedores e rexedoras de Galicia para avanzar, desde o consenso e a colaboración, nas liñas de actuación en materia social encamiñadas a atender ás persoas e familias máis vulnerables e que máis precisan da axuda das administracións públicas. Na xornada de hoxe Rey Varela entrevistouse na delegación territorial da Xunta en Ferrol coa alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz Otero, con quen abordou asuntos de índole social que afectan a esta localidade coruñesa, entre outros a ampliación do número de beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

 

Sectores de poboación como a infancia, os maiores ou os máis necesitados foron algúns dos piares da conversa que mantiveron os responsables políticos que coincidiron na importancia da cooperación entre ambas institucións públicas para optimizar os recursos locais e autonómicos. En particular, Rey Varela e a alcaldesa de Mugardos aludiron á importancia do incremento de 288 horas mensuais no Servizo de Axuda no Fogar Dependencia, o que permite ofrecer aos usuarios do concello un total de 18.612 horas de servizo ao ano, chegando a unha ratio de atención do 98%.

 

Así mesmo, abordaron a importancia das prestacións da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) que a Xunta achega ás persoas que máis o precisan a través do concello. No caso de Mugardos, o investimento realizado pola administración autonómica no pasado ano para este fin chegou aos 34.969 euros.

 

Ademais de repasar as actuacións da Xunta de Galicia en Mugardos, ambos mandatarios estudaron posibles novas vías de traballo entre administración autonómica e local para mellorar os servizos e infraestruturas de atención aos cidadáns, nomeadamente as que teñen que ver coa conciliación da vida familiar e laboral dos veciños desta localidade. Deste xeito, abordaron a posibilidade dunha futura colaboración para levar a cabo un proxecto de servizos para a infancia.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: