REY VARELA REÚNESE COA ASOCIACIÓN DE GRADUADOS SOCIAIS PARA ABORDAR MELLORAS DE ÍNDOLE SOCIAL EN FERROL

  • O titular autonómico insistiu na importancia do diálogo e da colaboración entre administracións e entidades para avanzar na consecución do benestar social de todos os galegos e galegas

 

Ferrol, 12 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe un encontro cos representantes da Asociación de Graduados Sociais de Ferrol, no que trataron diversos temas de índole social da cidade. Esta reunión de traballo forma parte da rolda de contactos que está a manter o titular autonómico coas entidades sociais e con aquelas que teñen como obxectivo mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas.

 

Os obxectivos da asociación son realizar estudos sobre materias en índole social, cultural e profesional e colaborar con organismos que traballen en prol do avance da sociedade, metas compartidas pola Xunta de Galicia. No transcurso do encontro, a asociación trasladou ao conselleiro as diferentes actividades que levan a cabo, así como  o positivo resultado da celebración o pasado mes de abril das XVI Xornadas sobre condicións de traballo e saúde. Este encontro abordou, entre outros asuntos, os dereitos sociais en Europa como vía para establecer os principios para apoiar uns mercados laborais e sistemas de protección social que funcionen correctamente.

 

O titular autonómico insistiu na importancia do diálogo e da colaboración entre administracións e entidades para avanzar na consecución do benestar social de todos os galegos e galegas e destacou a colaboración da Xunta de Galicia nestas xornadas. Así mesmo, Rey Varela comprometeuse a estudar posibles futuras vías de colaboración coa Asociación de Graduados Sociais da cidade departamental.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: