PATRIMONIO DESBLOQUEA AS OBRAS QUE PERMITIRÁN COMPLETAR AS ESCALEIRAS MECÁNICAS PROXECTADAS NA RÚA II REPÚBLICA EN VIGO

  • Autoriza ao Concello vigués a realización das sondaxes manuais e do control arqueolóxico para actuar na mellora da accesibilidade peonil da zona

 

Vigo, 13 de maio de 2017.- A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de dar o visto bo ao proxecto de sondaxes manuais e control arqueolóxico da obra para a mellora da accesibilidade peonil na rúa II República, de xeito que desbloquea a actuación que permitirá completar as escaleiras mecánicas proxectadas entre a Porta do Sol e o Paseo de Granada. Esta actuación viuse afectada polo achado de parte da antiga muralla que rodeaba a cidade.

 

A resolución, asinada o pasado 10 de maio, recolle que o proxecto para o que o Concello de Vigo solicita autorización conta co informe favorable dos servizos técnicos de Patrimonio de Pontevedra.

 

A intervención deberá cumprir unha serie de condicións como que a planimetría e topografía da intervención arqueolóxica, entre a Porta do Sol e Abeleira Menéndez, deberá estar xeorreferenciada. Así mesmo, deberanse comunicar coa suficiente antelación as datas de inicio e remate da intervención á devandita Xefatura Territorial e, de aparecer restos arqueolóxicos en posición primaria informarase, de inmediato, ó departamento autonómico para a adopción das medidas oportunas.

 

Por último, a resolución recorda que unha vez rematada a actuación debera presentarse, no prazo máximo de 10 días, o informe valorativo da intervención e, durante os seis meses seguintes, a memoria técnica e a copia da acta de depósito. Derradeiro trámite que lle corresponderá aos responsables do Museo Municipal Quiñones de León, onde está previsto que se depositen os materiais arqueolóxicos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: