Archive | mayo 15, 2017

A plataforma cidadá ‘Queremos Galego’ na comarca de Vigo chama a participar masivamente na manifestación nacional do 17 de maio

Vigo, 15 de maio de 2017

Esta mañá a plataforma cidadá Queremos Galego (QG) na comarca de Vigo fixo un chamamento a toda a poboación a participar “de xeito masivo” na manifestación que a plataforma cidadá convoca para esta cuarta feira 17 de maio. A marcha partirá as 12h desde a Alameda de Santiago de Compostela baixo o lema “En galego, sen límites”. Na comparecencia pública, realizada ás 11h diante do mercado do Calvario, participaron a coordenadora de Queremos Galego en Vigo, Elsa Quintas, e mais o portavoz comarcal, Pepe  Carreiro, quen estiveron acompañados por representantes de diferentes organizacións que fan parte de QG.

 

Elsa Quintas salientou a  importancia desta convocatoria que ten por obxectivo expresar que “queremos vivir nun país onde a lingua propia estea presente en todo e para todo, sen exclusións, onde a utilización do noso idioma noso idioma non este sometido á vontade allea”. Neste sentido Quintas defende “un país no que poidamos gozar da cultura, do lecer e da vida, na mellor ferramenta que criamos para o facer: o galego”.

 

Pola súa banda, Pepe Carrreiro, asegurou que “lingua e futuro de Galiza camiñan da man”. “Defender o futuro da nosa lingua é defender o noso futuro como pobo”, explicou. Con todo, o debuxante amosouse esperanzado. “Temos esperanza, ilusión, vontade, compromiso para mantelo vivo, para superarmos todos os atracos, para podermos vivir en galego, sen límites”. Baixo esa perspectiva a mobilización do 17 procura tamén exixir á Xunta que cumpra coa súa obriga de promover e normalizar o uso do galego, e denunciar o incumprimento da Lei de normalización lingüística, que vén de cumprir tres décadas da súa aprobación.

 

Desde a comarca de Vigo fletaranse autobuses para desprazarse até Compostela. Para solicitar praza nos mesmos facilítase o teléfono 986 82 79 00 e os locais do sindicato CIG. Toda a información está dispoñíbel no sitio web www.queremosgalego.gal

______

Actuacións de prevención de drogodependencias en institutos do Porriño

O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIA DO CONCELLO DO PORRIÑO INICIA ESTE MARTES DISTINTAS INTERVENCIÓNS NOS INSTITUTOS DE ENSINO SECUNDARIO RIBEIRA DO LOURO E PINO MANSO

Dende o Servizo de Prevención da Drogodependencia do Concello do Porriño vense de detectar a necesidade de prevención en idades cada día máis temperás, polo cal aposta por traballar as habilidades sociais, o autoconcepto e os hábitos saudábeis na adolescencia.

Porén, ao longo deste terceiro trimestre do curso escolar vanse impulsar distintas intervencións nos IES Ribeira do Louro e Pino Manso co obxectivo principal de proporcionar mecanismo que fomenten a creación de habilidades sociais, a asertividade e a prevención en eidos de presión de grupo.

Segundo subliña o Servizo de Prevención da Drogodependencia, dependente da Concellería de Benestar Social,que dirixe Soledad Girón, as dinámicas pretenden fortalecer a auto-estima, individual e colectiva, e o mantemento dun bo “clima de grupo”.

Todo este traballo farase por medio de técnicas de participación e teatro, salientando feitos coma o de dar a coñecer as emocións e a expresión das mesmas, tratando hábitos saudábeis para reducir riscos e amosando a importancia das habilidades sociais coma ferramentas de mellora nas relacións.

Este proxecto é parte do Programa de Prevención Universal de  Consumo de Drogas no eido escolar, da Xunta de Galicia, que coordina tamén para os concellos de Mos e de Salceda de Caselas, nos que se están a levar, así mesmo, distintas iniciativas.

A primeira das intervencións, no concello do Porriño, será a que se realice este martes, ás 08:45 horas no IES Pino Manso, e nela estarán presentes a propia Soledad Girón e a concelleira de Educación, Lourdes Moure.

A XUNTA DE GALICIA ATENDERÁ TODAS AS SOLICITUDES DE PRAZA EN ESCOLAS INFANTÍS DE 0 A 3 ANOS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá en Vigo as instalacións do centro La gota de leche

A relación recentemente publicada de solicitudes que quedaron en lista de agarda ten carácter provisional e esta será considerablemente máis reducida unha vez que se formalicen as matrículas, xa que a listaxe inclúe as familias que marcaron varias opcións

  • Ás familias que finalmente queden en lista de agarda adxudicaráselles unha praza concertada ou recibirán unha axuda para o pago da praza nunha escola infantil non financiada pola administración a través do Bono Concilia

 

Vigo, 15 de maio de 2017.-  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reiterou hoxe que a Xunta de Galicia atenderá todas as solicitudes de praza en escolas infantís de 0 a 3 anos, ao igual que se fixo no presente curso. Así o dixo tras visitar no municipio vigués as instalacións da escola La gota de leche, unha das que maior demanda rexistraron de cara ao vindeiro período escolar 2017-2018.

 

Rey Varela explicou a listaxe de admitidos e de agarda que se pode consultar no portal de Política Social ten carácter provisional e que esta será considerablemente menor cando se formalicen as matrículas, xa que nesta relación están incluídas as familias que marcaron na súa solicitude varias opcións, como escolas infantís municipais ou de iniciativa social.

 

De todos os xeitos, o conselleiro indicou que as familias que finalmente queden en lista de agarda adxudicaráselles ben unha praza concertada ou se lles axudará ao pago da praza nunha escola infantil non financiada pola administración a través do Bono Concilia, axuda directa que oscila entre os 45 e os 250 euros mensuais en función da renda. No que atinxe a este último programa, lembrou que a nova convocatoria conta cun orzamento de 3,4 millóns de euros e presenta importantes novidades co obxectivo de beneficiar a un maior número de familias.

 

Así, entre outras melloras, habilitase a posibilidade de conceder o Bono Concilia a nenos con necesidades específicas de apoio educativo que superen a idade máxima regulamentaria, amplíanse os supostos de admisión ás solicitudes fóra d prazo e ábrese a todas as familias nas que se produza un nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade ao prazo de presentación das solicitudes. Ademais, por primeira vez, contemplase o cambio de concello, de residencia ou de traballo da unidade familiar; e se mantén a posibilidade de que opten ao Bono Concilia aquelas familias nas que as dúas persoas proxenitoras traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas e que con dereito a praza pública esta non lles resolva as súas demandas de horario.

 

A rede de escolas infantís da Galiña Azul rexistrou un total de 11.473 familias solicitantes de praza para o vindeiro curso escolar, senso o número provisional de admitidas 7702 e a lista de agarda, tamén provisional, de 3489. Ademais, hai 282 familias pendentes de completar a documentación.

 

A oferta total de prazas en escolas infantís de 0 a 3 anos en Galicia ascende a case 22.500. Esta cifra sitúa a ratio de cobertura no 38%, catro puntos por riba da aconsellada pola Unión Europea. Nestas preto de 22.500 prazas inclúense tanto as dos centros da Galiña Azul como as dos concellos, as de iniciativa social, as casas niño ou as que se habilitan para o persoal funcionario dos Ministerios de Defensa e Facenda, e do Sergas.

 

‘Mary Poppins, el musical’ en Afundación Pontevedra e Vigo

A produción Mary Poppins, el musical chega a Galicia e visitará as cidades de Pontevedra e Vigo. Este musical, que relata as máxicas aventuras dunha aia un pouco peculiar chamada Mary Poppins, poderá verse o sábado 27 de maio, a partir das 18.30 h, na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) e o domingo 28, tamén ás 18.30 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir a través das vías habituais da entidade: na web Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

Entrega de premios del Concurso Infantil Dinoseto Joya

DÍA: 16 de mayo (martes)

HORA: 17,00

LUGAR: Auditorio del Concello de Vigo (Praza da Estrela)

 

Vigo, 15 de mayo de 2017- Mañana, martes, a las 5 de la tarde tendrá lugar en el Auditorio del Concello de Vigo la entrega de diplomas y de premios a los seleccionados y ganadores, respectivamente, del II Concurso Infantil Dinoseto Joya,  que organizó la Escuela Técnica de Joyería del Atlántico en colaboración con la Asociación de Joyería, Relojería y Platería de Pontevedra, (AJRPP) y el Concello de Vigo.

 

Los premios, doce en total, consisten en joyas de plata, réplicas de los dibujos más valorados, realizados en plata por alumnos de la Escuela del Atlántico.

 

Al acto está previsto que acudan representantes del centro educativo, de la asociación, así como el alcalde de Vigo, Abel Caballero y la concejala de Educación, Olga Alonso Suárez.

 

El objetivo del concurso es el de fomentar la creatividad y el desarrollo de actividades culturales entre los niños de infantil y primaria de los colegios de la provincia, que se han inspirado en el popular Dinoseto, mostrando su visión del mismo.

 

Un porcentaje muy elevado de participantes en el concurso han sido alumnos de centros escolares vigueses, si bien también hubo representación de otros colegios e institutos de la provincia como Bueu, Ponteareas, Mondariz o Baiona.

 

El jurado tuvo en cuenta para otorgar los premios –tres por cada categoría de edad- la creatividad, la calidad del diseño y la adecuación del mismo a la temática propuesta

 

A XUNTA REFORZA O PROGRAMA GALEUROPA PARA MELLORAR A EMPREGABILIDADE DOS MOZOS E MOZAS MENORES DE 30 ANOS

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou hoxe a nova edición desta iniciativa dotada con 2,1 millóns de euros

A directora xeral de Xuventude, Participaci—n e Voluntariado, Cecilia V‡zquez Su‡rez, comparecer‡ en rolda de prensa para dar conta da nova convocatoria de Galeuropa. Estar‡ acompa–ada Paula Pedreira Sanmart’n, participante no programa no ano 2016.

  • Galeuropa permite aos participantes completar as súas competencias profesionais con prácticas formativas en empresas europeas, ao tempo que adquiren aptitudes para os idiomas, a habilidade para traballar nun contexto internacional, a capacidade de adaptación a distintos modelos organizativos e o coñecemento de culturas e costumes doutros países
  • A directora xeral de Xuventude destacou que esta iniciativa “é unha oportunidade para a mocidade e para dotar de profesionais de calidade o tecido empresarial galego nun momento de tan rápida transformación do mercado laboral”
  • Un estudo da Universidade de Santiago de Compostela corrobora que o desemprego entre os participantes en edicións anteriores deste programa diminuíu nun 67%

 

Santiago, 15 de maio de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, deu a coñecer hoxe a nova edición do programa Galeuropa, iniciativa da Unión Europea na que participa a Xunta e que ten como obxectivo a mellora das competencias profesionais da mocidade mediante a realización de prácticas formativas en empresas europeas. Esta presentación coincide coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) das bases deste programa para 2017 e na mesma a responsable autonómica estivo acompañada de Paula Pedreira, estudante de Dereito que na edición do ano pasado ampliou a súa formación con prácticas na Cámara Hispano-Lusa, en Lisboa (Portugal), grazas a Galeuropa.

 

Desta nova convocatoria de Galeuropa, Cecilia Vázquez destacou o crecemento do orzamento ata acadar os 2,1 millóns de euros para a presente anualidade, o que beneficiará a medio millar de mozos de mozas. Así, indicou que os participantes neste programa “gañarán competencias que lles axudarán logo ao seu desempeño laboral como as aptitudes para os idiomas, a habilidade para traballar nun contexto internacional, a capacidade de adaptación a distintos modelos organizativos e o coñecemento de culturas e costumes doutros países”.

 

Ademais, a responsable autonómica indicou que “nun momento de transformación tan rápida do mercado laboral como actual Galeuropa é unha excelente oportunidade para dotar de recursos humanos de calidade ao tecido empresarial galego, así como para detectar novos sectores empresariais para implantar en Galicia e descubrir novas posibilidades de internacionalización para as empresas galegas”.

 

A Xunta impulsa Galeuropa desde 2012 e na edición de 2015 Galicia convértese na única Comunidade Autónoma que certifica de xeito oficial a participación neste programa e de todos aqueles vinculados á educación non formal, o que permite incorporar esta experiencias nos currículos dos participantes.

 

Desde as primeiras edicións, participaron nesta iniciativa preto dun millar de mozos e mozas, sendo os principais países elixidos para as prácticas Reino Unido, Portugal, Irlanda e Italia.

 

Segundo un estudo da Universidade de Santiago de Compostela sobre os programas de educación non formal e a empregabilidade da xuventude en Galicia, Galeuropa permitiu que o desemprego entre os inscritos en edicións anteriores diminuíse nun 67%. Asemade, antes das prácticas, un 70,4% dos beneficiarios estaban en paro, cifra que se reduciu posteriormente ata o 23,4%. O estudo conclúe que o grao de satisfacción dos participantes é do 80% e que un 92% recomendarían Galeuropa aos seus amigos.

 

Galeuropa 2017 establece axudas a mozos e mozas menores de 30 anos a título individual, que deberán estar inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e tamén a proxectos presentados por concellos e organizacións sen ánimo de lucro. As prácticas, que se poderán desenvolver en 27 países europeos, terán unha duración de dous a tres meses.

 

A iniciativa se enmarca na firma aposta do Goberno galego polos programas de educación non formal que preparen aos mozos e mozas para o futuro, como son tamén Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Erasmus +, a Campaña de Verán (campamentos e campos de traballo) e Deseñando o teu Futuro.

A XUNTA RENOVA A COLABORACIÓN CON ALDEAS INFANTILES PARA O ACOLLEMENTO EN FAMILIA EXTENSA DE MENORES EN SITUACIÓN DE RISCO

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, rubricou o acordo no Día internacional da familia

  • Trátase dunha modalidade de protección á infancia que permite que familiares se fagan cargo dos nenos e as nenas cando se ve impedida a convivencia cos seus pais por diferentes causas
  • Este programa proporciona unha atención especializada adaptada ás necesidades das persoas acollidas, das persoas acolledoras e dos proxenitores, por medio de actuacións de asesoramento e orientación en tarefas parentais e coidado dos menores
  • O orzamento total desta acción supera os 328.000 euros, dos que a Consellería de Política Social achega para o ano 2017 173.353 euros, un 14% máis que no 2016
  • A Administración autonómica colabora con este programa desde o ano 2013

 

Ponteareas (Pontevedra), 15 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, renovou hoxe, no Día internacional da familia, a colaboración da Xunta de Galicia co programa de apoio ao acollemento en familia extensa de Aldeas Infantiles SOS Galicia a través da sinatura dun convenio.

 

Este programa facilita apoio aos procesos de acollemento familiar de menores en situación de risco ou desamparo por membros da súa propia familia. Trátase dunha modalidade de protección á infancia que permite que familiares se fagan cargo, temporalmente, dos nenos e as nenas cando se ve impedida a convivencia cos seus pais por diferentes causas. Deste xeito, “garántese o mantemento dos menores no seu entorno emocional e social, favorecendo a posible integración coa súa familia de orixe”, explicou Rey Varela.

 

Este programa proporciona ademais unha atención especializada adaptada ás necesidades das persoas acollidas, das persoas acolledoras e dos proxenitores, por medio de actuacións de asesoramento e orientación en tarefas parentais e coidado dos menores, intervención psicosocial e actuacións de mediación nas relacións familiares e apoio educativo ás familias a través de sesións formativas. “É moi importante que as familias saiban que contan co máximo apoio, tanto por parte da Xunta, como de Aldeas Infantiles”, insistiu o conselleiro.

 

O programa beneficia a todos os menores de entre 0 e 17 anos en situación de risco ou desamparo, nos que a medida máis efectiva sexa o acollemento familiar.

 

O orzamento total desta acción ascende a 328.358,55 euros, dos que a Consellería de Política Social achega para o ano 2017 173.353,44 euros (o que supón un incremento do 14% con respecto ao 2016) e Aldeas Infantiles SOS de Galicia aporta 151.679 euros. Grazas a este investimento, atenderanse 100 casos en Galicia a través de tres equipos: o norte, para as zonas norte e centro da Coruña e Lugo que atenderá 38 casos; o centro para o sur da Coruña, norte de Pontevedra e norte de Ourense, que se fará cargo de 24 casos; e o sur para as zonas sur de Pontevedra e Ourense que atenderá 38 casos.

 

O convenio terá vixencia desde a hoxe ata o 31 de decembro de 2017. Non obstante abranguerá as accións obxecto deste convenio que se realicen por parte de Aldeas Infantiles SOS Galicia desde o 1 de xaneiro de 2017.

 

Desde o ano 2010, Aldeas Infantiles desenvolvía un programa de apoio a familias acolledoras extensas na provincia de Pontevedra. En 2013, a Xunta de Galicia asinou un convenio de colaboración con esta entidade para o financiamento deste programa por un importe de 30.000 euros. O éxito da intervención realizada fixo conveniente a súa ampliación a toda a comunidade autónoma incrementando no 2014 o orzamento destinado a esta actuación ata o 107.140,75 euros. Os datos obtidos nestes anos de traballo reflicten a utilidade que reporta o programa en canto á diminución do estrés familiar e a súa clara repercusión no benestar do menor.

 

De acordo coa filosofía do sistema de protección á infancia, a nosa comunidade autónoma mantén unha maioría de medidas encadradas no eido familiar, de tal xeito que do total de menores tutelados e en garda da Xunta de Galicia, o 65% atópase en acollemento familiar. A maior abundamento, o recurso de acollemento en familia extensa representa o 82% dos acollementos familiares, sendo como xa se explicou na maioría dos casos o recuso máis idóneo na medida que mantén aos menores no seu entorno socioeducativo e emocional.