A XUNTA DE GALICIA ATENDERÁ TODAS AS SOLICITUDES DE PRAZA EN ESCOLAS INFANTÍS DE 0 A 3 ANOS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá en Vigo as instalacións do centro La gota de leche

A relación recentemente publicada de solicitudes que quedaron en lista de agarda ten carácter provisional e esta será considerablemente máis reducida unha vez que se formalicen as matrículas, xa que a listaxe inclúe as familias que marcaron varias opcións

  • Ás familias que finalmente queden en lista de agarda adxudicaráselles unha praza concertada ou recibirán unha axuda para o pago da praza nunha escola infantil non financiada pola administración a través do Bono Concilia

 

Vigo, 15 de maio de 2017.-  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reiterou hoxe que a Xunta de Galicia atenderá todas as solicitudes de praza en escolas infantís de 0 a 3 anos, ao igual que se fixo no presente curso. Así o dixo tras visitar no municipio vigués as instalacións da escola La gota de leche, unha das que maior demanda rexistraron de cara ao vindeiro período escolar 2017-2018.

 

Rey Varela explicou a listaxe de admitidos e de agarda que se pode consultar no portal de Política Social ten carácter provisional e que esta será considerablemente menor cando se formalicen as matrículas, xa que nesta relación están incluídas as familias que marcaron na súa solicitude varias opcións, como escolas infantís municipais ou de iniciativa social.

 

De todos os xeitos, o conselleiro indicou que as familias que finalmente queden en lista de agarda adxudicaráselles ben unha praza concertada ou se lles axudará ao pago da praza nunha escola infantil non financiada pola administración a través do Bono Concilia, axuda directa que oscila entre os 45 e os 250 euros mensuais en función da renda. No que atinxe a este último programa, lembrou que a nova convocatoria conta cun orzamento de 3,4 millóns de euros e presenta importantes novidades co obxectivo de beneficiar a un maior número de familias.

 

Así, entre outras melloras, habilitase a posibilidade de conceder o Bono Concilia a nenos con necesidades específicas de apoio educativo que superen a idade máxima regulamentaria, amplíanse os supostos de admisión ás solicitudes fóra d prazo e ábrese a todas as familias nas que se produza un nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade ao prazo de presentación das solicitudes. Ademais, por primeira vez, contemplase o cambio de concello, de residencia ou de traballo da unidade familiar; e se mantén a posibilidade de que opten ao Bono Concilia aquelas familias nas que as dúas persoas proxenitoras traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas e que con dereito a praza pública esta non lles resolva as súas demandas de horario.

 

A rede de escolas infantís da Galiña Azul rexistrou un total de 11.473 familias solicitantes de praza para o vindeiro curso escolar, senso o número provisional de admitidas 7702 e a lista de agarda, tamén provisional, de 3489. Ademais, hai 282 familias pendentes de completar a documentación.

 

A oferta total de prazas en escolas infantís de 0 a 3 anos en Galicia ascende a case 22.500. Esta cifra sitúa a ratio de cobertura no 38%, catro puntos por riba da aconsellada pola Unión Europea. Nestas preto de 22.500 prazas inclúense tanto as dos centros da Galiña Azul como as dos concellos, as de iniciativa social, as casas niño ou as que se habilitan para o persoal funcionario dos Ministerios de Defensa e Facenda, e do Sergas.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: