El Ministerio destina dos millones de euros a la formación de profesionales tecnológicos
* Podrán solicitar estas ayudas entidades educativas y universidades hasta el próximo 15 de junio
* El objetivo es reducir la brecha que existe entre la demanda y la oferta de expertos en el sector de las nuevas tecnologías
16.05.17. El Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital, a través de la entidad pública empresarial Red.es, ha lanzado la tercera convocatoria del programa de ayudas Profesionales Digitales Formación Postgrado. Dotada de un presupuesto máximo de 2.000.000€ se suma a las dos anteriores que Red.es lanzó en 2014 y 2015 por un importe total de 1.400.000€.
Esta iniciativa persigue aumentar la formación en programas de economía digital para cubrir el desequilibrio existente entre la demanda y oferta de profesionales de estas características. Por ello, por un lado, mejorará la adaptación de las personas a las demandas del mercado laboral -derivadas de las innovaciones en tecnologías de la información y la comunicación- y, por otro se tratará de fomentar el emprendimiento de base tecnológica.
Las ayudas, con un importe máximo de 200.000€ por centro formativo, permitirán a estos ofrecer descuentos en los costes de matrícula. Los programas formativos podrán ser oficiales o propios, tanto másteres como programas superiores o cursos de especialización y se podrán impartir en formato online, presencial o mixto.
Serán objeto de financiación materias como el comercio electrónico; marketing digital y comunicación online; los videojuegos, animación y
efectos especiales; programación en tecnologías web y móviles; cloud computing; big data; Internet de las cosas (IoT); industria 4.0; ciudades inteligentes; usabilidad y experiencia de usuario; metodologías de innovación aplicadas a la transformación digital y el emprendimiento; ciberseguridad y realidad virtual y aumentada.
El plazo de solicitud de ayudas finaliza el 15 de junio y el procedimiento se realiza a través de la sede electrónica de Red.es.
Los programas formativos han de empezar después de la fecha de la convocatoria y terminar antes del 31 de diciembre de 2019, aunque la documentación justificativa se puede presentar hasta el 31 de marzo de 2020.
Los interesados pueden obtener más información en el apartado de la web dedicado al programa, en la sede electrónica y en el perfil del contratante de Red.es, llamando al 901 900 333 o a través del correo electrónico convocatorias@red.es
LÓPEZ-CHAVES PARTICIPA NOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE COIA
Vigo, 16 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou hoxe nos actos de celebración organizados polo Centro Sociocomunitario de Coia co gallo do Día das Letras Galegas de 2017, que este ano se adica a Carlos Casares. Os actos centrais en homenaxe ao escritor galego terán lugar mañá en Xinzo Limia (Ourense).
A XUNTA, AS AGRUPACIÓNS DE ANPAS E REPRESENTANTES DOCENTES COINCIDEN NA APOSTA POLA INTEGRACIÓN DO TRANSPORTE ESCOLAR E O TRANSPORTE REGULAR DE PASAXEIROS
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, Román Rodríguez, mantiveron hoxe un encontro con responsables de Confapa e Anpas Galegas
- Móstranse de acordo en que se trata dunha gran oportunidade para mellorar a mobilidade no rural e favorecer a convivencia interxeracional
- Garántese que nese proceso se blindará a atención ás necesidades do alumnado en canto a horarios e paradas e haberá acompañante escolar en todas as liñas
- O Goberno galego informa de que este proceso se activará nos próximos meses de forma piloto no marco da primeira fase de reordenación do transporte público e se avaliará o seu funcionamento de cara á segunda fase, fixada para 2019
- Trasládase que a finais de mes someteranse a información pública os proxectos nos que se integrarán as liñas regulares cos servizos de transporte escolar
Santiago de Compostela 16 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia, as principais agrupacións de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Anpas) de Galicia e representantes docentes puxeron hoxe de manifesto a súa postura común a favor da integración do transporte escolar e o transporte regular de pasaxeiros.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantiveron hoxe un encontro con responsables de Confapa e de Anpas Galegas, así como con representantes da Inspección Educativa, e da xunta autonómica de directores.
Na xuntanza, todas as partes coincidiron en sinalar que o proxecto da Xunta para a integración do transporte escolar no transporte regular representa unha gran oportunidade para mellorar a mobilidade dos galegos, especialmente dos habitantes do rural. Así, mesmo, indicaron que se trata dunha ocasión para favorecer o intercambio xeracional e a convivencia que redundará en beneficios tanto para nenos como para maiores.
Os representantes do Goberno galego informaron de que a integración do transporte escolar co transporte regular é un dos eixes sobre os que pivota a reordenación do transporte público de Galicia que se activará nos vindeiros meses. Sinalaron que este proceso se activará nos próximos meses de forma piloto no marco da primeira fase de reordenación do transporte público e se avaliará o seu funcionamento de cara á segunda fase, fixada para 2019.
Nese escenario, garantiuse que a prioridade será o correcto funcionamento do transporte escolar, quedando blindada a atención das necesidades do alumnado en canto a horarios e as paradas, así como asegurando a figura do acompañante escolar en todas as liñas.
A Xunta avanzou que a finais do presente mes de maio se someterán a información pública os proxectos de contratos de explotación das liñas de transporte regular que integrarán o transporte escolar, para o que se abrirá un prazo de alegacións de 10 días.
Os membros do Goberno galego trasladaron que as prazas vacantes do transporte escolar xa están a ser empregadas xa para o transporte de pasaxeiros en moitos lugares de Galciia a través do programa Tes+Bus.
Melloras na Parroquia de Cans
O GOBERNO LOCAL DO PORRIÑO SEGUE A REALIZAR OS TRABALLOS DE MELLORA NA PARROQUIA DE CANS AOS QUE SE COMPROMETERA A ALCALDESA COS RESPONSÁBEIS DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS HAI MENOS DUN MES
O Concello do Porriño continúa a realizar distintos traballos de mellora na parroquia de Cans, neste caso por un importe duns 3.000€. Estes días o departamento de Seguridade, que dirixe Orlando Mázquez, ven de rematar a retirada do enreixado que rodeaba o aparcamento situado preto da Rotonda do Can, quitando a malla e os postes e substituíndo os mesmos por un ‘peche’ de árbores.
Ademais ampliouse máis a curva do exterior do aparcadoiro e cubriuse o espazo superior do drenaxe do rego que ven de A Graña, “coma medida de prevención”, posto que había coches que acababan caendo na fochanca que se formara no lugar.
Estas obras son parte das que se comprometerá a alcaldesa, Eva García de la Torre, a realizar na parroquia, logo de manter unha xuntanza,o pasado 11 de abril, con representantes da Asociación de Veciños, e que abranguen, entre outras actuacións, a colocación dun banco no Torreiro- o cal farase nos vindeiros días- as melloras no saneamento, o arranxo das ‘marquesiñas’ e a colocación dunha nova na zona da gasolineira.
Así mesmo, o Goberno Local segue cos preparativos aos que se responsabilizou cos representantes do Festival de Cine de Cans, e este martes pola mañá quedaba colocado na Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, o ‘Canseto’, que ‘presidirá’ o centro do Porriño ata o remate do certame.
Axiña colocaranse carteis coa imaxe oficial do festival nos farois da zona peonil; a Concellería de Limpeza rematou o acondicionamento da zona central de Cans, na entrada da Adroza e a beira do Bar Fortes; tamén rozará de silveiras e herbas os camiños por onde transitará o público, a zona da Casa da Mestra, o acceso ao ‘jalpón friki’, o Camiño do cemiterio, Camiño do cruceiro ata o Castillo e o Parque do Río e retirará o ciscallo de baixada ao río.
Do mesmo xeito, a véspera do comezo do festival situará colectores de lixo extra na zona do torreiro, no espazo do río e na nova zona dos nenos.
A XUNTA DE GALICIA LANZA EN REDES SOCIAIS A CAMPAÑA ‘LIKE POLA DIVERSIDADE’ EN FAVOR DO RESPECTO AO COLECTIVO LGTBI
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou a iniciativa no IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña)

A Coruña
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, asistirá á presentación da campaña con motivo da conmemoración do Día internacional contra a homofobia e a transfobia. No IES Ramón Otero Pedrayo
16/05/2017
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
- A iniciativa consistirá na escrita de posts en favor da diversidade sexual durante a semana do 16 ao 21 de maio
- Está promovida polo servizo Quérote +, e conmemora o Día internacional contra a homofobia e a transfobia e o Día mundial de internet
Santiago, 16 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia lanza hoxe en redes sociais a campaña Like pola diversidade, con motivo da conmemoración mañá mércores do Día internacional contra a homofobia e a transfobia e do Día mundial de internet.
A campaña, presentada hoxe no IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña) pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, busca “pór en valor unha canle como internet, que é un espazo de comunicación e interacción social que ten un gran impacto na sociedade, e no que debemos contribuír a difundir contidos que promovan o respecto á diversidade e a fagan visible”, explicou.
A iniciativa consistirá na escrita de posts en favor da diversidade sexual durante a semana do 16 ao 21 de maio. O servizo Quérote+ lanzará as mensaxes e traballará cos centros educativos para que o equipo docente e o alumnado se convertan nun axente activo na súa difusión.
Cecilia Vázquez subliñou que estas mensaxes promocionarán o respecto, a tolerancia e o valor da diversidade sexual, “enfrontando polo tanto, as mensaxes discriminatorias, de odio e de rexeitamento existentes na rede”. A homofobia e a transfobia son un problema social que se manifesta en diferentes esferas e internet é unha delas, “por iso é importante que fagamos público tamén nese ámbito o noso rexeitamento cara as ideas intolerantes e irrespectuosas”, engadiu a directora xeral.
Servizo de atención ao colectivo LGTBI
Ademais desta campaña en redes sociais, Quérote+ participará o día 17 no relatorio Realidade dos menores trans en Galicia na facultade de Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela, así como no obradoiro Divers@s na Escola de Imaxe e Son da Coruña.
Os centros Quérote+ son un servizo de referencia na atención ao colectivo LGTBI. No plano de asesoramento aténdense consultas relativas á identidade sexual, ás vivencias das persoas transexuais e das súas familias e entorno, mesmo sobre o propio proceso de transición, entre outras, conformando un espazo de apoio e orientación nesta materia. En formación, os contidos LGTBI forman parte das intervencións en centros de ensino, así coma no traballo con familias e profesorado, co ánimo de coñecer mellor e comprender a diversidade sexual, contribuíndo a unha vivencia máis positiva da sexualidade.
CABALLERO CONFIRMA QUE PRONTO HABRÁ UNA DOCENA DE DINOSETOS EN LA CIUDAD
Vigo, 16 de mayo de 2017.- El alcalde vigués, Abel Caballero, confirmó hoy que pronto habrá una docena de dinosetos repartidos por la ciudad. Lo aseguró en el transcurso del acto de entrega de premios del II Concurso Infantil de Dibujo Dinoseto, que organizó la Escuela Técnica de Joyería del Atlántico en colaboración con la Asociación de Joyería, Relojería y Platería de Pontevedra, (AJRPP) y el Concello de Vigo.
Al término del acto el regidor felicitó a los niños por su demostrada creatividad, y señaló que educar en áreas como el dibujo es importante para desarrollar la personalidad y el criterio de las futuras generaciones.
En ese sentido destacó la labor de profesores y familiares de los más pequeños, y manifestó que iniciativas como la que hoy se celebró son muy útiles para hacer ciudad y para conseguir avanzar juntos, apostando por las generaciones del mañana.
Subrayó también Caballero el valor económico que tiene para Galicia un sector como el de la joyería y animó a los más pequeños a seguir demostrando sus capacidades en todas las áreas.
Los galardones, doce en total, fueron seleccionados entre más de un millar presentados al concurso, y consistieron en joyas de plata, réplicas de los dibujos más valorados por el jurado del certamen, y que han sido realizados por alumnos de la Escuela del Atlántico, convirtiendo así el premio en una pieza exclusiva y singular que refleja la visión de los más pequeños del popular “Dinoseto” ubicado en la céntrica Porta do Sol.
Por segundo año consecutivo los peques, que han demostrado gran imaginación y originalidad a la hora de plasmar sus dibujos, fueron los auténticos protagonistas, y el nerviosismo se notó en la sala desde el primer momento, ya que hasta esta misma tarde no se dio a conocer el nombre de los ganadores y únicamente se había desvelado la relación de nominados a los premios.
Los escolares que se llevaron su dinoseto en joya –pendientes y colgantes- en esta segunda edición proceden de centros escolares de la ciudad olívica, de Ponteareas y Bueu y como nota curiosa destacar que el más peque tiene dos añitos.
Los ganadores fueron los siguientes: Oliver Miranda Freire, Ana Wirsing Cabeza y Yerai Iglesias Verde, en la primera categoría; Lucía Maquieira Vilar, Marco Soliño Méndez y Sandro Juncal Santos, en la segunda; Carmen Martínez Palacio, Natalia González Pérez y Nicolás Álvarez Rivas, en la tercera categoría y Sofía Andrea Azara R., Jenifer Nogueira Weber y Andrea Gómez Soto, en la cuarta.
El objetivo del concurso no es otro que el de fomentar la creatividad y el desarrollo de actividades culturales entre los niños de infantil y primaria de los colegios de la provincia.
Un porcentaje muy elevado de los más de un millar de participantes en esta segunda edición del concurso fueron alumnos de centros escolares vigueses, si bien también hubo representación de otros colegios e institutos de la provincia como Bueu, Ponteareas, Mondariz o Baiona.
El jurado tuvo en cuenta para otorgar los premios –tres por cada categoría de edad- la creatividad, la calidad del diseño y la adecuación del mismo a la temática propuesta
Mañana se celebra la nueva subasta de renovables de hasta 3.000MW
Bajo la supervisión de la CNMC
Mañana se celebra la nueva subasta de renovables de hasta 3.000MW
* La subasta será tecnológicamente neutra, permitiendo competir en igualdad de condiciones a las distintas tecnologías renovables
* El proceso de adjudicación se realizará mediante el método de sobre cerrado con sistema marginal
* Los megavatios se adjudicarán mediante un sistema competitivo que suponga el menor coste para el consumidor
16.05.17. Mañana, 17 de mayo, se celebrará la subasta de adjudicación del régimen retributivo específico para nuevas instalaciones renovables. Con esta subasta, el Gobierno garantiza que las nuevas instalaciones renovables que se introduzcan sean las más competitivas en costes, las más maduras en desarrollo tecnológico y, por tanto, las más baratas para todos los consumidores.
La subasta será tecnológicamente neutra, permitiendo a las distintas tecnologías renovables competir en igualdad de condiciones. La subasta se llevará a cabo mediante un mecanismo competitivo, de manera que resultarán adjudicadas aquellos proyectos que supongan un menor coste para el consumidor.
Se subastarán 2.000 MW de potencia renovable, pudiendo ampliarse en otros 1.000 MW adicionales, si el resultado de la subasta ofrece precios competitivos.
El proceso de adjudicación se realizará mediante el método de sobre cerrado con sistema marginal. Se atenderán las ofertas que presenten la
mayor reducción en la inversión inicial respecto a los parámetros fijados como referencia en cada tipo de instalación. Como resultado de la subasta se obtendrá la potencia adjudicada a cada participante, así como el porcentaje de reducción del valor estándar de la inversión inicial de cada una de las instalaciones tipo de referencia.
La potencia adjudicada, una vez que se presenten las garantías económicas, será inscrita en el registro de régimen retributivo específico en estado de preasignación.
La entidad administradora de la subasta será el Operador Español del Mercado Eléctrico (OMIE) mientras que el organismo que ejercerá de supervisor será la CNMC.
Con esta subasta, el Gobierno refuerza su compromiso y continúa apostando por la introducción de más energías renovables, apoyado en criterios de eficiencia económica y con la menor distorsión del mercado. Con esta subasta, no sólo se contribuirá a aumentar la penetración de renovables y a conseguir los compromisos europeos de 2020 sino que, además, permitirá aumentar la competencia en el mercado de producción de electricidad y reducir la dependencia energética de España del exterior.
Afundación celebra o Día Internacional dos Museos con propostas para toda a familia
O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos, este ano encabezado polo lema «Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos», e Afundación súmase a esta conmemoración cun completo programa de actividades. Esta programación, que se desenvolverá o sábado 20 de maio, inclúe actividades gratuítas, ampliación de horarios de visita ás salas expositivas, actividades familiares e visitas comentadas para adultos en varios dos espazos da entidade.
A primeira ópera rock feita en Galicia chega á Sede Afundación de Vigo
A Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26) albergará o xoves 18 de maio, ás 20.30 h, a proxección de The rebel, a primeira ópera rock feita en Galicia obra dos músicos Iván e Miguel Caride que combina música, teatro, danza e cine. Ambos estarán presentes na charla-coloquio que terá lugar despois do visionado da ópera, á que tamén se incorporará o director do proxecto, Óscar Doviso. As entradas están dispoñibles a través das vías habituais da entidade: na páxina web Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.
A XUNTA CONVOCA AOS TITULARES DOS TERREOS AFECTADOS POLA CONSTRUCIÓN DA SENDA PEONIL E CICLISTA NA ESTRADA PO-331 ATA O CEIP DE ATÍN, NOS CONCELLOS DO PORRIÑO E MOS
A senda, que terá un orzamento de máis de 378.000 euros, iniciarase na marxe esquerda da estrada, nas proximidades do Colexio Santo Tomás, no que finalizan as actuais beirarrúas, ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras-Tameiga
- Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da vía que comunicará os dous centros de ensinanza co Porriño
- Tamén se proxecta a mellora da intersección entre a PO-331 e a estrada Pereira-Tameiga, na que se construirá unha semiglorieta para facilitar os xiros á esquerda neste punto
- O itinerario está enmarcado no Plan de Sendas na comarca de Vigo, ao que a Xunta destinará un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2017.- A Xunta convoca para o vindeiro luns, día 2 de xuño, aos propietarios dos terreos afectados pola execución dunha senda peonil e ciclista na estrada PO-331, no lugar de Atín, concretamente entre os puntos quilométricos 1+890 e 2+810, a o seu paso polos Concellos de Mos e O Porriño. Esta actuación terá un orzamento de máis de 378.000, co cofinanciamento de Fondos FEDER 14/20.
Os veciños terán que achegarase o día citado en horario de 9.00 a 9.30 noras no Concello da localidade pontevedresa do Porriño.
Esta actuación, cun prazo de execución de seis meses, está enmarcada no Plan de Sendas na comarca de Vigo, ao que a Xunta destinará un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios.
A senda na estrada PO-311 dará continuidade ao itinerario peonil existente no núcleo do Porriño ata o paso superior existente sobre a AP-9 nas proximidades de Atín.
A actuación iníciase na marxe esquerda da estrada, na que se construirá unha senda da 933 metros de lonxitude, desde as proximidades do Colexio Santo Tomás no que finalizan as actuais beirarrúas, ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras – Tameiga.
Pola marxe dereita da estrada, a obra terá unha lonxitude de 200 metros e comezará na intersección coa estrada municipal Pereiras- Tameiga, dado que ata este punto xa existe beirarrúa. A senda nesta marxe desviarase da estrada nos últimos 80 metros ata o acceso ao centro escolar de Atín. Neste último tramo terá un ancho de 3 metros.
Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da vía que comunicará os dous centros de ensinanza co Porriño.
Cómpre lembrar que tamén se proxecta a mellora da intersección entre a PO-331 e a estrada Pereira-Tameiga, na que se construirá unha semiglorieta para facilitar os xiros á esquerda neste punto.
A continuación, un plano co trazado desta senda peonil na estrada PO-331.