A XUNTA, AS AGRUPACIÓNS DE ANPAS E REPRESENTANTES DOCENTES COINCIDEN NA APOSTA POLA INTEGRACIÓN DO TRANSPORTE ESCOLAR E O TRANSPORTE REGULAR DE PASAXEIROS

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, Román Rodríguez, mantiveron hoxe un encontro con responsables de Confapa e Anpas Galegas

 

 

  • Móstranse de acordo en que se trata dunha gran oportunidade para mellorar a mobilidade no rural e favorecer a convivencia interxeracional
  • Garántese que nese proceso se blindará a atención ás necesidades do alumnado en canto a horarios e paradas e  haberá acompañante escolar en todas as liñas
  • O Goberno galego informa de que este proceso se activará nos próximos meses de forma piloto no marco da primeira fase de reordenación do transporte público e se avaliará o seu funcionamento de cara á segunda fase, fixada para  2019
  • Trasládase que a finais de mes someteranse a información pública os proxectos nos que se integrarán as liñas regulares cos servizos de transporte escolar

 

Santiago de Compostela 16 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia, as principais agrupacións de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Anpas) de Galicia e representantes docentes puxeron hoxe de manifesto a súa postura común a favor da integración do transporte escolar e o transporte regular de pasaxeiros.

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantiveron hoxe un encontro con responsables de Confapa  e de Anpas Galegas, así como con representantes da Inspección Educativa, e da xunta autonómica de directores.

 

Na xuntanza, todas as partes coincidiron en sinalar que o proxecto da Xunta para a integración do transporte escolar no transporte regular representa unha gran oportunidade para mellorar a mobilidade dos galegos, especialmente dos habitantes do rural. Así, mesmo, indicaron que se trata dunha ocasión para favorecer o intercambio xeracional e a convivencia que redundará en beneficios tanto para nenos como para maiores.

 

Os representantes do Goberno galego informaron de que a integración do transporte escolar co transporte regular é un dos eixes sobre os que pivota a reordenación do transporte público de Galicia que se activará nos vindeiros meses. Sinalaron que este proceso se activará nos próximos meses de forma piloto no marco da primeira fase de reordenación do transporte público e se avaliará o seu funcionamento de cara á segunda fase, fixada para  2019.

 

Nese escenario, garantiuse que a prioridade será o correcto funcionamento do transporte escolar, quedando blindada a atención das necesidades do alumnado en canto  a horarios e as paradas, así como asegurando a figura do acompañante escolar en todas as liñas.

 

A Xunta avanzou que a finais do presente mes de maio se someterán a información pública os proxectos de contratos de explotación das liñas de transporte regular que integrarán o transporte escolar, para o que se abrirá un prazo de alegacións de 10 días.

 

Os membros do Goberno galego trasladaron que as prazas vacantes do transporte escolar xa están a ser empregadas xa para o transporte de pasaxeiros en moitos lugares de Galciia a través do programa Tes+Bus.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: