A XUNTA ENTREGA UNHA NOVA VIVENDA EN VIGO EN RÉXIME DE ALUGUEIRO SOCIAL

 

  • Trátase dun inmoble cedido por CaixaBank e adxudicado a unha familia afectada por un desafiuzamento
  • Tamén se aprobou a proposta de adxudicación dunha vivenda cedida por Abanca en Covelo
  • No que vai de 2017, xa se realoxaron a máis de 30 familias en vivendas propiedade do Goberno galego ou cedidas por entidades bancarias
  • A estas actuacións hai que sumar as realizadas para beneficiar a familias co Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola Administración autonómica

 

 

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016.- Unha nova familia de Vigo dispón dunha vivenda en réxime de alugueiro social despois de que esta semana a Xunta lle asinase o contrato de alugueiro da mesma e se entregasen as chaves aos adxudicatarios.

 

Trátase dun inmoble cedido pola entidade CaixaBank á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, co fin de destinala a familias en situación de extrema necesidade ou afectados por desafiuzamentos, como é o caso da familia beneficiaria da vivenda cuxas chaves se entregaron esta mesma semana.

 

Por outra parte, a Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación dunha vivenda a unha familia en situación de emerxencia social. Esta vivenda, cedida por Abanca, está emprazada no concello de Covelo.

 

Unha vez que as vivendas sexan adxudicada polo departamento que dirixe Ethel Vázquez, asinaranse os contratos de alugueiro e entregaranse as chaves aos beneficiarios.

 

No que vai de 2017, xa se realoxaron a máis de 30 familias en vivendas propiedade do Goberno galego ou cedidas por Abanca, Sareb e CaixaBank. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

 

Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.200 casos en toda Galicia.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: