Esta fin de semana, DIM no MARCO: sáb 20+dom 21

DIM no MARCO

Día Internacional do Museo

SÁBADO 20 e DOMINGO 21 de maio

Actividades para públicos de todas as idades

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA

+ INFO en

 

Día Internacional do Museo 2017

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte.

O MARCO súmase a esta celebración e ofrece unha programación especial na fin de semana do sábado 20 e domingo 21 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, que se suman ás exposicións que actualmente se exhiben en salas: a retrospectiva de ÁNXEL HUETE na planta baixa, e a colectiva ALÉN DOS XÉNEROS no 1º andar; ademais do proxecto #SalónDoMARCO no Anexo (vestíbulo principal) como novo espazo de uso colectivo.

Tech & Robotics Meeting

Sábado 20 de maio

Showroom e obradoiros sobre tecnoloxía e robótica

Organiza: CAMP Tecnológico /Tecnoloxía educativa https://camptecnologico.com/

Un proxecto educativo que busca espertar o interese dos máis novos pola ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas, mellorando as súas habilidades nestas áreas.

Lugar: Laboratorio das Artes (1º andar)

Sábado de 11.00 a 14.00

Para público de idades entre 7 e 16 anos.

Haberá tamén unha actividade específica para menores de 7 anos.

Agás os menores de 7 anos, que poderán estar acompañados de persoas adultas, a participación de adultos acompañantes estará limitada en función do aforo do espazo.

 

Todas as actividades son gratuítas.

 

Show Zone

Para participantes entre 7 e 16 anos.

Debido á limitación de espazo, a entrada dos participantes organizarase por quendas de 30 minutos, e por grupos de máximo 35 participantes por quenda, que rotarán por todas as actividades. A participación deadultos acompañantes estará limitada en función do aforo.

 

Nesta zona poderemos experimentar con actividades como Dash no campo de fútbol (movementos de robots Dash & Dot nun campo de fútbol mediante tabletas preparadas), Spheros no labirinto(percorrendo labirintos con robots Sphero en movementos rotativos), ou experimentar no set deRealidade virtual con gafas HTC.

 

 

 

Obradoiros tecnolóxicos

INSCRICIÓN previa ata completar aforo máximo de 10 participantes por obradoiro.

Para participar nos obradoiros é necesario inscribirse previamente a través deste link:

https://camptecnologico.com/vigo-tech-robotics-meeting-2017/

 

  1. Obradoiros Tech / “Programación de leds”

Programación de tiras de LEDs con efectistas xogos de cores e animacións.

Para participantes entre 7 e 16 anos

Horarios: 3 obradoiros sucesivos ás 11.00 / 12.00 /13.00

Duración: 50 minutos

  1. Obradoiros Robotics / “Introdución á programación do robot Mbot Ranger”

Programación dun robot Mbot Ranger a través de Scratch e Makeblock

Para participantes entre 10 e 16 anos

Horarios: 3 obradoiros sucesivos ás 11.00 / 12.00 /13.00

Duración: 50 minutos

  1. Obradoiros “Abellas en acción”

Xogos de programación básica e aproximación á realidade aumentada mediante debuxos coloreados.

Para participantes menores de 7 anos, acompañados de persoas adultas.

Horarios: 4 obradoiros sucesivos ás 11.00 / 11.45 /12.30 / 13.15

Duración: 30 minutos

+ info e consultas a través do email galicia@camptecnologico.com

 

 

Obradoiros infantís para público familiar

Sábado 20 e domingo 21 de maio

Lugar: Laboratorio das Artes (1º andar)

Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de adultos

Sábado de 18.00 a 20.00, domingo de 12.00 a 14.00

Coa colaboración de Obra Social “la Caixa”

 

 

Durante o sábado pola tarde e o domingo, as actividades para os máis pequenos xiran ao redor da exposición de ÁNXEL HUETE, inaugurada o 28 de abril na planta baixa, na que se propón un percorrido polos momentos e lugares que caracterizan cinco décadas de produción artística, nas que a súa obra camiña cara a unha progresiva síntese da imaxe pictórica. Nas actividades desta fin de semana do DIM, en liña coas visitas e obradoiros deseñados para escolares, poñemos en práctica experimentos en torno á abstracción/figuración, e á relación entre fondo e forma; xogamos con diferentes tamaños, formatos, escalas e proporcións; falamos da cor como compoñente expresivo e compositivo, do xesto/trazo nas obras pictóricas, e da importancia dos títulos nas obras deste autor.

 

‘O MARCO por dentro’

Visitas guiadas ás exposicións

Sábado 20 e domingo 21 de maio

MARCO, salas de exposición

Sábado ás 12.00, ás 18.00 e ás 19.30, domingo ás 12.00

Para público en xeral

Esta fin de semana é unha excelente ocasión para percorrer os espazos do MARCO na compaña dos monitores de sala. Xunto a eles descobriremos a traxectoria de ÁNXEL HUETE, artista indispensable para comprender o discorrer da produción artística en Galicia nas últimas décadas; coñeceremos o novo espazo do #SalónDoMARCO no vestíbulo; e achegarémonos ás propostas da colectiva ALÉN DOS XÉNEROS, un mapeo das prácticas artísticas feministas en Galicia, nas salas do primeiro andar.

 

Concerto didáctico

Sesión de creación improvisada

Domingo 21 de maio

Organiza: SPIL Seminario Permanente de Improvisación Libre

Lugar: salón de actos

Para público de todas as idades

Domingo ás 12.30 (duración aproximada 50 min)

[Ensaio aberto ao público a véspera, sábado 20 a partir das 18.00]

 

Compoñentes: Nicasio Gradaille Peña, clavicordio / Isabel Gil Llorens, piano / Carlos Castro Roig, percusión / Margarita Mariño Suárez, violoncello / Menchu Outón Argibay, artista gráfica / Miguel Fraile García, guitarra e sitar / David Arroyos Juan, electrónica / Eufrasio Lucena, actor.

Coa colaboración especial de Ricardo Pardo, fotógrafo.

 

 

Imaxina un espectáculo interdisciplinar onde música, pintura, fotografía, poesía e interpretación xestual son creadas conxuntamente no mesmo espazo e tempo. Nesta actividade proponse unha actuación lúdica, explicando e desenvolvendo un xeito distinto de crear, interactuando co público e fomentando a súa implicación. Un espectáculo ameno e sobre todo, distinto, xa que a música que xurde en cada actuación é única e irrepetible. Unha característica innata da improvisación libre.

SPIL é un grupo de artistas que se reúnen para investigar en torno á improvisación libre no eido da música e da imaxe. A improvisación libre é un proceso creativo e espontáneo, que serve como medio para expresar a emoción nun momento e espazo concreto, tanto de forma individual como en diálogo con outros individuos e linguaxes artísticas. Fronte á idea extendida de que improvisar é “tocar ou pintar calquera cousa”, a preparación e aprendizaxe desta disciplina é un laborioso proceso de exploración, e tamén unha experiencia colectiva na que se invita ao público a participar.

 

 

Sesión de achegamento á poesía

[Festival PoemaRia]

“A poesía non morde, aínda que ás veces debería”

Sábado 20 de maio

Organiza: Festival PoemaRia. Diálogos Internacionais de Poesía

Co escritor Eduard Velasco

Lugar: #SalónDoMARCO (vestíbulo principal)

Para público de todas as idades

Sábado de 12.00 a 13.30

 

“A Poesía é un sofá cheo de cantantes cegos que apartaron os seus bastóns… é o son do verán na choiva e da xente rindo detrás de persianas baixadas nunha rúa estreita” (Lawrence Ferlinghetti).

 

Como parte do Festival PoemaRia, o MARCO acollerá nas vindeiras semanas varias sesións de achegamento á poesía, da man das escritoras Elvira Ribeiro e María Lado, e do escritor Eduard Velasco. A primeira delas, a cargo deste último, terá lugar coincidindo coa fin de semana do DIM, o sábado 20 de maio.

 

Nestes obradoiros abertos e estimulantes bríndase a oportunidade de descobrir a ledicia, o divertimento e a emoción a través de poemas e poetas diferentes; dende escritoras galegas ata cadáveres exquisitos, versos libres ou poemas para recitar. Unha viaxe polo mundo máxico da poesía, revelando o accesible que é e todo o que importa. Todo o público está convidado ao novo espazo do #Salón do MARCO para esta experiencia compartida, unha vez que descobrimos que a poesía non morde.

 

 

‘Documentando o MARCO’

Sábado 20 de maio

MARCO, Biblioteca-Centro de documentación (1º andar)

Sábado de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Para público en xeral

Unha actividade especial para maiores, que ten como obxectivo recoller testemuños sobre o pasado do edificio do MARCO, antes da súa rehabilitación e o seu novo uso como Centro de Arte Contemporánea, para axudarnos a recompilar a ‘memoria viva’ do edificio a través de experiencias persoais. Máis alá da fin de semana do DIM, trátase dunha iniciativa con vocación de continuidade, que sigue desenvolvéndose a través da Biblioteca-Centro de documentación.

 

Visitas guiadas á Biblioteca-Centro de documentación

Sábado 20 de maio

MARCO, Biblioteca-Centro de documentación (1º andar)

Sábado de 12.30 a 13.15, e de 18.30 a 19.15

Para público en xeral

Visita aos fondos da Biblioteca na compaña da súa responsable, Iria Fernández Mouriz, explicando de xeito ameno as funcións e actividades levadas a cabo.

 

 

Catálogos de ocasión

Sábado 20 e domingo 21 de maio

MARCO, vestíbulo principal

Sábado de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingo de 11.00 a 14.30

Para público en xeral

 

Venda de catálogos de ocasión, cunha selección dos editados polo MARCO dende 2002.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: