LÓPEZ-CHAVES RESPONSABILIZA AO CONCELLO DE VIGO DE NON TER FISCALIZADO Á EMPRESA RESPONSABLE DO SERVIZO MUNICIPAL DE AUGA

  • O Instituto Galego do Consumo e da Competencia vén de abrir un expediente sancionador á concesionaria pola falta de gratuidade do seu teléfono de atención
  • Este incumprimento está recollido na lei como unha falta moi grave que pode ser sancionada con multas que oscilan entre os 15.001 e os 600.000 euros
  • O Goberno galego segue a atender e resolver todas as reclamacións e denuncias presentadas polos consumidores e usuarios

 

Vigo, 18 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, responsabilizou ao Concello de Vigo de non ter fiscalizado á empresa responsable do servizo municipal de auga á que se lle vén de abrir un expediente sancionador por parte do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola falta de gratuidade do seu teléfono de atención e trala denuncia da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao”.

A normativa de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias establece que nos servizos de carácter continuado se ten que dispoñer dun teléfono de atención ao consumidor totalmente gratuíto que deberá estar en funcionamento as 24 horas os 365 días do ano. Este incumprimento está recollido na lei como unha falta moi grave, que pode ser sancionada con multas que oscilan entre os 15.001 e 600.000 euros. No caso concreto de Aqualia, Gestión Integral del Agua S.A. y Fomento de Construcciones y Contratas S.A., ao non apreciar circunstancias atenuantes nin agravantes, o expediente ábrese por importe de 210.001 euros, no grao medio dos posibles neste caso.

 

O delegado territorial da Xunta lamentou en rolda de prensa a falta de vixilancia do Goberno local sobre unha das concesionarias do Concello, xa que non tendo competencias sancionadoras si ten a obriga de notificar e trasladar ao órgano competente, é dicir á Xunta de Galicia, o incumprimento da normativa autonómica. Entende López-Chaves que este tipo de actitudes demostran que o alcalde está “máis preocupado polos intereses das multinacionais que dos veciños”. “Durante os últimos anos foron varias as denuncias que se remitiron ao Concello referidas á concesionaria municipal de auga e que son da súa competencia, descoñecendo se tomou ou non cartas no asunto”, dixo.

 

Nesta mesma dirección, o representante do Goberno galego indicou que desde o IGCC se seguira a atender e resolver todas as reclamacións e denuncias presentadas polos consumidores e usuarios tal e como o demostran as cifras acadadas o pasado ano, no que se recibiron na área de Vigo 3.987 reclamacións e abríronse 320 expedientes sancionadores. No exercicio completo de 2016 recadáronse 630.446,06 euros. A este respecto, López-Chaves aclarou que a meirande parte deles correspondéronse con lecturas estimadas e non reais, cortes de luz o auga sen aviso previo, incumprimentos de laudos arbitrais ou de garantías, entre outras razóns, e coas eléctricas á cabeza das reclamacións.       

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: