A XUNTA DE GALICIA AMPLÍA O ORZAMENTO PARA QUE OS NENOS E NENAS NADOS EN 2016 SE BENEFICIEN DA TARXETA BENVIDA
O investimento inicial para esta axuda no presente ano, ascendía a 9 millóns de euros, aos que se engadirán 420.000 euros
- No 2016, as familias de máis de 15.000 bebés recibiron a súa tarxeta
- Esta axuda cubriu arredor do 80% dos nacementos que se produciron en Galicia no pasado ano
- En 2017 ampliáronse os supostos que dan dereito á obter a axuda, de xeito que as familias que estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena menor dun ano tamén se poderán beneficiar dela
- A Consellería de Política Social está a desenvolver unha actuación para a ampliación dos beneficios que comporta a posesión da tarxeta na que invita ao empresariado galego a participar mediante a sinatura dun acordo de adhesión.Santiago, 19 de maio de 2017.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o incremento de 420.000 euros sobre o importe inicialmente destinado á Tarxeta Benvida na anualidade de 2017, que ascendía a 9 millóns de euros. Esta ampliación responde ao elevado número de solicitudes recibidas o ano pasado, e á necesidade de garantir que todas as persoas solicitantes que cumpren os requisitos poidan recibir as axudas que lles corresponden.
Cómpre destacar que máis de 15.000 nenos e nenas galegos nados en 2016 xa se benefician da Tarxeta Benvida, unha axuda económica de 1200 euros que se aboa mediante unha tarxeta moedeiro a razón de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla, que estableceu a Xunta de Galicia para contribuír a paliar os gastos da chegada dun novo membro ás familias galegas.
No 2016, esta medida cubriu arredor do 80% dos nacementos que se produciron en Galicia. A porcentaxe de concesión da tarxeta foi do 93,4%, tendo en conta que do total de solicitudes presentadas (15.832), 14.787 foron favorables. Cómpre destacar que as solicitudes favorables supuxeron a concesión de 15.112 axudas, xa que algunhas delas correspóndense con partos ou adopcións múltiples.
En canto aos datos desagregados por provincias, na Coruña resolvéronse 6354 solicitudes de xeito favorable, en Lugo 1614, en Ourense 1402 e en Pontevedra 5417.
No presente ano, a través da Orde do 23 de decembro de 2016, consolidouse esta axuda ás familias e ampliáronse os supostos que dan dereito á mesma, recollendo como novidade, ademais das familias que no ano 2017 teñan un fillo ou adopten un neno ou nena menor dun ano, aquelas que estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena menor dun ano.
Cómpre lembrar que a convocatoria está aberta durante todo o ano, debendo presentarse a solicitude nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao nacemento do neno ou nena.
A Xunta de Galicia realizou un investimento total de 36,4 millóns de euros nas convocatorias da Tarxeta Benvida en 2016 e 2017.
Convocatoria pública de adhesión á Tarxeta BenvidaAo mesmo tempo, a Consellería de Política Social está a desenvolver unha actuación para a ampliación dos beneficios que comporta a posesión da tarxeta na que invita ao empresariado galego a participar mediante a sinatura dun acordo de adhesión. Deste xeito, poden sumarse a esta iniciativa as persoas físicas e xurídicas que teñan oficinas ou establecementos de libre acceso ao público na Comunidade Autónoma de Galicia e que oferten ás familias titulares da tarxeta unha ampliación ou mellora dos seus beneficios ao presentalas nos seus establecementos.
As vantaxes poden ser de diversos tipos (descontos, obsequios, ofertas especiais) e son fixadas libremente por quen as ofrece, debendo ser aplicadas a toda a clientela que sexa titular dunha Tarxeta Benvida.
Ata a data, xa se adheriron ao programa firmas como Supermercados Eroski Center, Hipermercados Eroski, Supermercados Familia, Mi Mueble BB S.L.U., tendas Neobel e perfumerías Avenida, e o Grupo Cuevas.
Programa de Apoio á NatalidadeA convocatoria da Tarxeta Benvida en 2016 supuxo a posta en marcha por primeira vez dunha axuda deste tipo en Galicia, a cal forma parte do Programa de Apoio á Natalidade (PAN), un proxecto global que persigue dar resposta ás necesidades das nais e pais galegos, garantir o benestar das familias e apoialas de xeito integral e continuo desde o primeiro momento. O PAN contempla tres grandes áreas de actuación: PAN- Axudas, PAN- Concilia e PAN- Servizos.
A través do PAN- Axudas, no que se enmarca a Tarxeta Benvida, a Xunta de Galicia quere contribuír a paliar o custo que leva aparellado a crianza dos fillos e fillas. O PAN- Axudas tamén contén outras medidas compatibles coa Tarxeta Benvida, como o incremento da dedución fiscal por nacemento ou adopción de fillos e fillas para contribuíntes cuxas rendas sexan iguais ou inferiores a 22.000 euros; a prestación de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos para as persoas que non teñan a obrigación de presentar a declaración da renda; e a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo ou filla que acuda ao mesmo centro daquelas familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7500 euros anuais e aos menores en situación de acollemento familiar desde o curso 2014-2015.
A XUNTA DE GALICIA AMOSA O SEU COMPROMISO COAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NO XX ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN AMIPA
- Unha das prioridades da Administración autonómica é que as persoas con discapacidade poidan gozar dunha atención de calidade, integral e personalizada
Rois (A Coruña), 19 de maio de 2017.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, acudiu esta mañá ao acto de celebración do XX aniversario da Asociación Amipa, unha entidade de iniciativa social que desenvolve a súa actividade en favor das persoas con discapacidade intelectual.
A titular autonómica felicitou á asociación polo seu traballo diario, así como aos seus traballadores e voluntarios que atenden ás necesidades dos usuarios e os axudan no seu desenvolvemento persoal. Amparo González destacou que é necesario avanzar nunha atención persoal, individualizada e cos mellores medios dispoñibles, partindo de que se trata dunha verdadeira prioridade social esixida para a efectividade de dereitos recoñecidos. “Actuando sobre o entorno faremos que as persoas con discapacidade poidan desenvolver mellor a súa vida, independentemente da capacidade que teñan, xa que a riqueza da nosa sociedade reside na diversidade”, engadiu a directora xeral. Deste xeito, fixo alusión á Estratexia galega sobre discapacidade que avoga por unha sociedade que camiñe cara unhas formas máis inclusivas de relación e de interacción entre as persoas.
Unha das prioridades da Xunta de Galicia é que as persoas con discapacidade poidan gozar dunha atención de calidade, integral e personalizada. “Temos moi claros os nosos principais obxectivos: procurar unha integración plena, garantir o seu benestar e calidade de vida e acadar unha igualdade efectiva de dereitos e oportunidades para todos os galegos e galegas, sen excepción”, asegurou Ampara González.
Para conseguilo, o traballo man a man coas entidades é unha constante xa que a Administración autonómica mantén unha colaboración permanente e un diálogo aberto coas entidades que actúan no eido da discapacidade na nosa comunidade. Deste xeito, a Consellería de Política Social mantén o concerto de 20 prazas con Amipa para o que se destinan preto de 140.000 euros anuais.
En calquera caso, “todos os nosos esforzos non obterían os resultados que desexamos se non fose polo esforzo e a colaboración que ofrecen entidades como Amipa”, explicou a titular autonómica, que engadiu que “é moi importante aproveitar a experiencia que atesourades, seguir aprendendo dela e que nos sirva de orientación para mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas”.
O Concello do Porriño seguirá colaborando estreitamente con Osilice que axuda aos traballadores afectados pola silicose
O alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, e o concelleiro de Industria, Marcelino Coto, mantiveron este venres unha xuntanza con Juan Carlos Giraldez, representante da Asociación Osilice, que axuda aos traballadores afectados pola silicose e que é a única asociación deste xénero en Galicia.
A xuntanza serviu para que o alcalde accidental confirmase o “apoio total” do Goberno local ao traballo de Osilice que, coma sinalou Juan Carlos Giraldez, ofrece a súa axuda ás persoas que padecen esta doenza que, dacordo co Instituto Nacional da Silicose son o 17,5% dos traballadores das canteiras de Porriño e Ponteareas, preto de 1 de cada 5, segundo os estudos realizados a 440 operarios de 24 empresas da zona.
Coma apuntan os datos desta asociación, preto dun 90% de quen leva traballando máis de 20 anos na canteira ten silicose e aAínda que queda moito camiño para acabar con esta enfermidade, principalmente porque hai doentes que non saben que a padecen. Afortunadamente, nos últimos anos, grazas ás novas medidas de prevención produciuse unha notable rebaixa dos riscos de contraer silicose no territorio español.
Na xuntanza, Manuel Carrera e Marcelino Coto reiteraron a disposición do Concello de seguir mantendo unha estreita cooperación coa asociación, considerando que O Porriño é zona de España que ten máis número de afectados pola inhalación de partículas de sílice e que os mesmos precisan orientación á hora de coñecer a enfermidade, un axeitado asesoramento xurídico, orientación para a tramitación da incapacidade, para o cal incorporará nos vindeiros días a un traballador social.
Así mesmo, polo que se refire á asistencia médica, Juan Carlos Giraldez subliñou que Osilice ven de asinar un acordo coa dirección do Hospital Álvaro Cunqueiro para a mellora do tratamento dos traballadores que presentan síntomas de neumoconiose, ocasionada polo depósito de po de sílice nos pulmóns.
A XUNTA REITERA A SÚA OFERTA DE APOIO ECONÓMICO A UNHA LIÑA DE AUTOBÚS URBANO ENTRE O CENTRO DE VIGO E O AEROPORTO DE PEINADOR NO MARCO DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO
- A Consellería de Infraestruturas lembra que o Concello non deu resposta á proposta de acordo trasladada desde a Xunta o pasado verán
- Salienta que esa liña urbana, de competencia municipal, só resultará atractiva se ofrece un tempo de viaxe e un prezo competitivos
- O Executivo autonómico propúxolle ao Concello financiar unha nova liña con 260.000 euros ao ano, o mesmo importe que se destina ao autobús a Lavacolla
- O incumprimento por parte do Concello de Vigo do compromiso de adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano tamén impide a posta en marcha dun servizo de transporte público eficaz que reforce a competitividade de Peinador
Santiago, 19 de maio de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda reitera a súa oferta de apoiar economicamente unha liña de autobús urbano entre o centro de Vigo e o aeroporto de Peinador no marco do Plan de Transporte Metropolitano da Área de Vigo. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que o Concello de Vigo non atendeu á proposta de acordo remitida desde a Xunta o pasado verán para poñer en marcha unha liña de transporte útil que facilite o acceso á terminal en transporte público.
Nese sentido, a Xunta lembra que desde o principio defendeu que esa liña de autobús urbano, e polo tanto de responsabilidade municipal, só resultará atractiva para os cidadáns se ofrece un tempo de viaxe e un prezo competitivos.
Desde ese convencemento, e fronte a aposta do Concello por un servizo de autobús cun billete máis caro que o resto de liñas urbanas, o Goberno galego presentou a proposta dunha liña que permitirse aos usuarios beneficiarse das vantaxes do Plan de Transporte Metropolitano, tendo en conta que o Concello de Vigo asinara o convenio de integración no mesmo do seu transporte urbano.
A Xunta é consciente de que a actual liña urbana que conecta o centro de Vigo co aeroporto ten unha baixa demanda porque non responde ás necesidades dos usuarios. Este é o motivo fundamental das negociacións co Concello, ao que o Executivo autonómico propuxo financiar unha nova liña coa achega de 260.000 euros ao ano, é dicir, o mesmo importe que se destina ao autobús a Lavacolla, a pesar de que ese servizo si é de titularidade da Xunta, por tratarse dunha liña interurbana.
A Consellería de Infraestruturas ten o máximo interese en mellorar a mobilidade dos vigueses e a competitividade do aeroporto e mostra diso son os esforzos que realizou o pasdo ano para poñer en marcha unha liña a Peinador que realmente sexa atractiva e útil para os cidadáns.
O incumprimento por parte do Concello de Vigo do compromiso de adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano, ademais de impedirlles aos veciños acceder a descontos de 400 euros ao ano nos seus desprazamentos cotiáns, impide a posta en marcha dun servizo de transporte público eficaz que reforce a competitividade do aeroporto de Peinador.
ATLANTIC FEST / CARTEL COMPLETO Y POR DÍAS
Los Planetas, Lori Meyers, The Temper Trap, Maxïmo Park, Delorean, L.A., Anni B Sweet, Joe Crepúsculo, Rosalía & Raül Refree, Apartamentos Acapulco, Sen Senra, Os Amigos dos Músicos, Puma Pumku, Electric Feels, Birds Are Indie, Dois, MounQup, Kings Of The Beach, Esposa.A los ya confirmados Los Planetas, Lori Meyers, The Temper Trap, Maxïmo Park, Delorean, Anni B Sweet, Joe Crepúsculo, Rosalía & Raül Refree, Os Amigos dos Músicos se unen L.A., Apartamentos Acapulco, Sen Senra, Puma Pumku, Electric Feels, Birds Are Indie, Dois, MounQup, Kings Of The Beach para completar el cartel de Atlantic Fest 2017.
Diez nuevas confirmaciones para los diferentes escenarios del festival, Son Estrella Galicia, Turismo Rías Baixas (Auditorio), D’Tascas Jägermusic, Paco & Lola (Plaza de Abastos) y Zona Gastro.
L.A. completa la programación del escenario Son Estrella Galicia, presentando su recién estrenado trabajo «King of Beasts«, un trabajo creado para traspasar las fronteras de los estilos, ubicado en un territorio apto para oídos más diversos. Cuando se consigue esto sin perder un ápice de identidad, como es el caso, la ecuación es sencillamente perfecta.
Uno de las prioridades de Atlantic Fest, desde su creación, ha sido respaldar la escena gallega. Una escena llena de talento y de la que nos sentimos muy orgullosos. Así nació D’Tascas Jägermusic. Un espacio en donde las nuevas bandas puedan tocar en locales de aforos más pequeños, en contacto directo con el público. Así los grupos se sienten cómodos y el público pueda disfrutar de su energía muy de cerca.
El viernes 30 de junio y el domingo 2 de julio, las tascas de la Illa de Arousa se llenarán de la mejor música con las actuaciones de Sen Senra, Dois, Mounqup,Kings of the Beach y Esposa.
El domingo 2 de julio el escenario Paco & Lola (Plaza de Abastos), se convierte en un lugar de reunión para los asistentes del festival. Un espacio lleno de encanto donde disfrutar de los directos de los incombustibles Puma Pumku y los portugueses Birds Are Indie.
Desvelamos además dos de las actuaciones del escenario Zona Gastro, que funciona el sábado 1 de julio, los granadinos Apartamentos Acapulco y los dj’s vigueses Electric Feels. Las demás actuaciones serán descubiertas por el público el propio día al llegar al festival.
Muy pronto anunciaremos la programación completa de Actividades Náuticas, Actividades Infantiles y Mercado Galiciantunes.
Atlantic Fest que se celebra los días 30 de junio, 1 y 2 de julio, sigue la linea de la primera edición con un formato diferente y que está en sintonía con la naturaleza. Un festival en el que vivir una experiencia inolvidable y que está pensada para disfrutar con amigos o familia.
Las entradas están disponibles en la página web oficial del festival:www.atlanticfest.com al precio de 48€ + gastos e incluye acceso gratuito a la zona de acampada.
A XUNTA REFORZA A CONCILIACIÓN CON NOVOS INVESTIMENTOS DE MELLORA NAS ESCOLAS INFANTÍS E MÁIS AXUDAS DIRECTAS ÁS FAMILIAS
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe en Ferrol as instalacións da escola para nenos e nenas de 0 a 3 anos Virxe do Chamorro
- O Goberno galego abrirá a vindeira semana o prazo para que os pais e nais soliciten o Bono Concilia para axudalos ao pago da praza nunha escola infantil non financiada pola administración
- O titular de Política Social destacou as obras de mellora que se veñen de acometer na escola Virxe do Chamorro, dentro do programa de investimentos levado a cabo na rede autonómica con cargo ao plan de cumprimento de déficit de 2016
Ferrol, 19 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia abrirá a vindeira semana o prazo de solicitude do Bono Concilia ás familias galegas con menores de 3 anos ao seu cargo co obxectivo de axudalas ao pago da praza nunha escola infantil non financiada pola administración. Así o anunciou esta mañá en Ferrol o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, no transcurso dunha visita á escola Virxe do Chamorro na que están matriculados 40 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos.
Rey Varela informou de que a vindeira semana sairá publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde do programa Bono Concilia para o curso 2017-2018, dotada cun orzamento inicial que ascende a 3,4 millóns de euros, o cal está aberto a ampliación coa finalidade de garantir que se atenderán todas as solicitudes que cumpran cos requisitos. Ao respecto, o conselleiro explicou que esta nova convocatoria presenta importantes novidades coa intención de chegar a un maior número de familias, sendo as beneficiadas por esta iniciativa neste curso preto de 2.600. A contía económica desta axuda oscila entre os 45 e os 250 euros mensuais en función da renda.
O responsable da área social do Goberno galego insistiu en que o obxectivo é, ao igual que se fixo neste curso, atender a todas as familias que teñen solicitada unha praza en escolas infantís e queden finalmente ne lista de agarda, para o que se lles adxudicará ben unha praza concertada ou se lles concederá a sinalada axuda do Bono Concilia para que elixan o centro no que queren matricular aos seus fillos.
En relación á escola infantil Virxe do Chamorro, Rey Varela destacou os investimentos de mellora levados a cabo nesta instalación con cargo ao plan de cumprimento do déficit. En concreto, a Consellería de Política Social destinou a este centro unha partida extraordinaria de 32.000 euros que permitiron o acondicionamento do patio cuberto, a instalación da acometida do gas e a adquisición de maquinaria e equipamento. “Queremos que as instalacións para os nenos e nenas galegos sexan as mellores, xa que este tipo de recursos son moi importantes tanto para a conciliación como dende o punto de vista da educación”, manifestou.
Melloras no Bono Concilia
A Consellería de Política Social prevé que o DOG recolla a vindeira semana a orde que regula a concesión das axudas do Bono Concilia para o curso escolar 2017-2018. Unha orde que presenta importantes novidades en comparación coa deste ano, xa que se habilita a posibilidade de conceder o bono a nenos con necesidades específicas de apoio educativo que superen a idade máxima regulamentaria; amplíanse os supostos de admisión de solicitudes fóra de prazo; e ábrese a todas as familias nas que se produza un nacemento, acollemento ou adopción do neno/a con posterioridade ao prazo de presentación das solicitudes.
Así mesmo, por primeira vez, contemplase o cambio de concello, residencia, ou traballo da unidade familiar. E, ademais, tamén poden optar ao Bono Concilia aquelas familias nas que as dúas persoas proxenitoras traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas e que con dereito a praza pública, esta non lles resolva as súas demandas de horario.
A Xunta continuará nesta lexislatura a ampliar a oferta de prazas en escolas infantís de 0 a 3 anos. A rede autonómica oferta para o curso 2017-2018 preto de 22.500 prazas públicas ou financiadas con fondos públicos, o que sitúa a ratio de cobertura na comunidade nun 38%. Isto é, catro puntos por riba da recomendada pola Unión Europea. Neste cifra inclúense tanto as dos centros da Galiña Azul como as dos concellos, as de iniciativa social, as casas niño ou as que se habilitan para o persoal funcionario dos Ministerios de Defensa e Facenda, e do Sergas.
La secretaria de Estado de Turismo cierra en San Petesburgo el Año Dual de Turismo hispano-ruso
Viaje a Rusia
* Durante el primer trimestre de 2017 156.000 turistas rusos visitaron nuestro país, un 15% más que en el mismo periodo de 2016
* Este año ha constituido una oportunidad para estrechar la cooperación turística entre ambos países, impulsar el intercambio de flujos turísticos y consolidar la promoción de ambos destinos
19.05.17. La secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián, asiste hoy en San Petesburgo a la clausura del Año Dual de Turismo Rusia-España. El año, que tiene su origen en diciembre de 2015 con la firma de la Declaración Conjunta del ministro de Cultura de la Federación de Rusia y el ministro de Industria, Energía y Turismo del Reino de España, nació con el objetivo de incrementar los flujos turísticos entra ambos países, fortalecer los vínculos entre administraciones y empresas turísticas, y fomentar tanto la promoción de destinos como las inversiones.
El Año Dual hispano-ruso fue inaugurado en abril de 2016 con una gala del ballet ruso en el Teatro Real de Madrid. Ahora culmina en San Petesburgo, concretamente en el Museo Petergof, que dedicará a España su fiesta de apertura de la temporada de fuentes.
Esta mañana, Matilde Asián ha presidido, junto a la viceministra de Cultura de la Federación de Rusia, Alla Manílova, la reunión del grupo de trabajo de turismo de la comisión intergubernamental mixta España-Rusia, y ha destacado que este año ha constituido una oportunidad extraordinaria para estrechar la cooperación turística entre ambos países, impulsar el intercambio de flujos turísticos y consolidar la promoción de sendos destinos.
Balance del Año Dual
Durante el primer trimestre del año 2017 han visitado España 156.000 turistas rusos, lo que supone un aumento del 15% con respecto al mismo periodo del año anterior. Además, se han gastado 223 millones de euros, un incremento del 8%. Para España el turismo ruso es prioritario y tiene un papel muy destacado en la planificación de la política turística. Rusia se ha convertido en los últimos años en nuestro principal mercado emisor emergente. El nivel de gasto del cliente ruso, su interés por la cultura y por un producto de calidad y sus viajes prolongados y en familia hacen que sea un tipo de turista deseado por España.
La reunión ha servido también para hacer un repaso de las cerca de 50 acciones implementadas por ambas partes. Asián ha destacado la amplia presencia española en ferias turísticas celebradas en Rusia (MITT, Intormarket, etc.) y las acciones de promoción dirigidas al público ruso como el incremento de contenidos en ruso en el portal oficial de turismo de España, Spain.info, las acciones en redes sociales, el amplio programa de viajes de prensa y la celebración de foros hispano-rusos en los que cobra una especial importancia el desarrollo de vínculos directos entre las organizaciones turísticas de ambos países y el intercambio de información.
Por último, ambos países han expresado su voluntad de seguir impulsando los flujos turísticos abordando la conectividad aérea, ya que existen posibilidades de aumentar las frecuencias y abrir nuevas rutas directas.
Por la tarde, Matilde Asián participará en un foro empresarial España-Rusia, donde pondrá a disposición de los empresarios rusos la gran experiencia de España en la industria turística, tanto en la vertiente de transmisión de nuestro conocimiento, como en la implantación de grandes empresas turísticas españolas en el mercado.
‘Cantos da ialma’ no Auditorio Teatro Afundación de Vigo
Mañá sábado 20 de maio, a partir das 21.00 h, o músico Xulio Lorenzo presenta o seu primeiro álbum en solitario, Cantos da ialma, no Auditorio Teatro Afundación de Vigo (Marqués de Valladares, s/n). As entradas pódense adquirir a través das canles de comercialización habituais da entidade: na páxina web Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.