A XUNTA DE GALICIA AMOSA O SEU COMPROMISO COAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NO XX ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN AMIPA

  • Unha das prioridades da Administración autonómica é que as persoas con discapacidade poidan gozar dunha atención de calidade, integral e personalizada

 

Rois (A Coruña), 19 de maio de 2017.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, acudiu esta mañá ao acto de celebración do XX aniversario da Asociación Amipa, unha entidade de iniciativa social que desenvolve a súa actividade en favor das persoas con discapacidade intelectual.

 

A titular autonómica felicitou á asociación polo seu traballo diario, así como aos seus traballadores e voluntarios que atenden ás necesidades dos usuarios e os axudan no seu desenvolvemento persoal. Amparo González destacou que é necesario avanzar nunha atención persoal, individualizada e cos mellores medios dispoñibles, partindo de que se trata dunha verdadeira prioridade social esixida para a efectividade de dereitos recoñecidos. “Actuando sobre o entorno faremos que as persoas con discapacidade poidan desenvolver mellor a súa vida, independentemente da capacidade que teñan, xa que a riqueza da nosa sociedade reside na diversidade”, engadiu a directora xeral. Deste xeito, fixo alusión á Estratexia galega sobre discapacidade que avoga por unha sociedade que camiñe cara unhas formas máis inclusivas de relación e de interacción entre as persoas.

 

Unha das prioridades da Xunta de Galicia é que as persoas con discapacidade poidan gozar dunha atención de calidade, integral e personalizada. “Temos moi claros os nosos principais obxectivos: procurar unha integración plena, garantir o seu benestar e calidade de vida e acadar unha igualdade efectiva de dereitos e oportunidades para todos os galegos e galegas, sen excepción”, asegurou Ampara González.

 

Para conseguilo, o traballo man a man coas entidades é unha constante xa que a Administración autonómica mantén unha colaboración permanente e un diálogo aberto coas entidades que actúan no eido da discapacidade na nosa comunidade. Deste xeito, a Consellería de Política Social mantén o concerto de 20 prazas con Amipa para o que se destinan preto de 140.000 euros anuais.

 

En calquera caso, “todos os nosos esforzos non obterían os resultados que desexamos se non fose polo esforzo e a colaboración que ofrecen entidades como Amipa”, explicou a titular autonómica, que engadiu que “é moi importante aproveitar a experiencia que atesourades, seguir aprendendo dela e que nos sirva de orientación para mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas”.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: