A XUNTA DE GALICIA APOSTA POLA MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS SOCIAIS NA CIDADE DE OURENSE

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, mantivo unha reunión con representantes da cidade das Burgas e da delegación territorial

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Ourense, Jesœs V‡zquez.

  • Durante o encontro, no que se reforzou a colaboración entre administracións, abordouse a construción dunha nova residencia para persoas maiores así como do  centro para a atención ás persoas con discapacidade maiores de 21 anos
  • A administración autonómica investiu máis de 196.000 euros en obras e equipamento en escolas infantís, no centro de menores e noutros recursos sociais deste concello

 

Ourense, 18 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, recibiu esta tarde no seu despacho en San Caetano ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e á delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, no marco dunha reunión que serviu para reforzar a colaboración entre as distintas administracións no eido social.

 

Durante a conversa mantida entre os mandatarios, a infancia, os maiores ou os máis vulnerables tiveron un papel protagonista. Deste xeito, destacaron a construción dun centro residencial de 120 prazas nas Lagoas, dentro do plan Como na casa que a Xunta de Galicia presentou o pasado febreiro e que contén a construción de sete residencias para maiores nas sete cidades galegas. No caso de Ourense, o novo equipamento contará cun investimento de 5.983.000 euros e ocupará a uns 75 empregados.

 

Rey Varela e Vázquez Abad concordaron na importancia da cooperación entre Xunta e concellos, así coma coas entidades do tecido social, para optimizar os recursos locais e autonómicos. Deste xeito, o responsable da área social do Goberno galego reiterou o seu compromiso de dotar á cidade das Burgas dun centro para a atención ás persoas con discapacidade maiores de 21 anos na zona de Berrocás. Trátase dunha parcela de titularidade municipal de uso dotacional, de preto de 4.600 metros cadrados, duplicando deste xeito os metros inicialmente previstos. O conselleiro subliñou que a elección destes terreos facilitará que Ourense dispoña dun centro que responda ás demandas expresadas polos pais e nais. Cómpre destacar que a Xunta de Galicia xa solicitou formalmente ao concello a cesión do terreo para poder avanzar neste proxecto.

 

Así mesmo, destacaron o incremento de 2964 horas mensuais no Servizo de Axuda no Fogar Dependencia, o que supón unha oferta de 17.064 horas de servizo ao ano.

 

Por outra banda, o investimento do Plan déficit permitiu realizar obras de mellora en diversas instalacións que atenden a veciños e veciñas da cidade, como no centro de menores A Carballeira e nas escolas infantís de A Farixa, A Antela, Barrocás e Virxe de Covadonga. Tamén, no marco deste Plan, realizáronse obras de mellora na espazo xove, mellorouse o equipamento do Punto de Encontro Familiar da cidade e tamén se melloraron tanto as instalacións como o equipamento da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas. O cómputo global destas actuacións ascendeu a 196.885 euros.

 

A futura construción dun centro interxeracional a cargo da Fundación Amancio Ortega tamén foi un dos temas abordados durante o encontro. Trátase dunha infraestrutura que xestionará o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e que contará con 82 prazas na escola infantil e 100 prazas no centro de día.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: