A XUNTA REFORZA A CONCILIACIÓN CON NOVOS INVESTIMENTOS DE MELLORA NAS ESCOLAS INFANTÍS E MÁIS AXUDAS DIRECTAS ÁS FAMILIAS

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe en Ferrol as instalacións da escola para nenos e nenas de 0 a 3 anos Virxe do Chamorro.

  • O Goberno galego abrirá a vindeira semana o prazo para que os pais e nais soliciten o Bono Concilia para axudalos ao pago da praza nunha escola infantil non financiada pola administración
  • O titular de Política Social destacou as obras de mellora que se veñen de acometer na escola Virxe do Chamorro, dentro do programa de investimentos levado a cabo na rede autonómica con cargo ao plan de cumprimento de déficit de 2016

 

Ferrol, 19 de maio de 2017.-  A Xunta de Galicia abrirá a vindeira semana o prazo de solicitude do Bono Concilia ás familias galegas con menores de 3 anos ao seu cargo co obxectivo de axudalas ao pago da praza nunha escola infantil non financiada pola administración. Así o anunciou esta mañá en Ferrol o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, no transcurso dunha visita á escola Virxe do Chamorro na que están matriculados 40 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos.

 

Rey Varela informou de que a vindeira semana sairá publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde do programa Bono Concilia para o curso 2017-2018, dotada cun orzamento inicial que ascende a 3,4 millóns de euros, o cal está aberto a ampliación coa finalidade de garantir que se atenderán todas as solicitudes que cumpran cos requisitos. Ao respecto, o conselleiro explicou que esta nova convocatoria presenta importantes novidades coa intención de chegar a un maior número de familias, sendo as beneficiadas por esta iniciativa neste curso preto de 2.600. A contía económica desta axuda oscila entre os 45 e os 250 euros mensuais en función da renda.

 

O responsable da área social do Goberno galego insistiu en que o obxectivo é, ao igual que se fixo neste curso, atender a todas as familias que teñen solicitada unha praza en escolas infantís e queden finalmente ne lista de agarda, para o que se lles adxudicará ben unha praza concertada ou se lles concederá a sinalada axuda do Bono Concilia para que elixan o centro no que queren matricular aos seus fillos.

 

En relación á escola infantil Virxe do Chamorro, Rey Varela destacou os investimentos de mellora levados a cabo nesta instalación con cargo ao plan de cumprimento do déficit. En concreto, a Consellería de Política Social destinou a este centro unha partida extraordinaria de 32.000 euros que permitiron o acondicionamento do patio cuberto, a instalación da acometida do gas e a adquisición de maquinaria e equipamento. “Queremos que as instalacións para os nenos e nenas galegos sexan as mellores, xa que este tipo de recursos son moi importantes tanto para a conciliación como dende o punto de vista da educación”, manifestou.

 

Melloras no Bono Concilia

A Consellería de Política Social prevé que o DOG recolla a vindeira semana a orde que regula a concesión das axudas do Bono Concilia para o curso escolar 2017-2018. Unha orde que presenta importantes novidades en comparación coa deste ano, xa que se habilita a posibilidade de conceder o bono a nenos con necesidades específicas de apoio educativo que superen a idade máxima regulamentaria; amplíanse os supostos de admisión de solicitudes fóra de prazo; e ábrese a todas as familias nas que se produza un nacemento, acollemento ou adopción do neno/a con posterioridade ao prazo de presentación das solicitudes.

 

Así mesmo, por primeira vez, contemplase o cambio de concello, residencia, ou traballo da unidade familiar. E, ademais, tamén poden optar ao Bono Concilia aquelas familias nas que as dúas persoas proxenitoras traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas e que con dereito a praza pública, esta non lles resolva as súas demandas de horario.

A Xunta continuará nesta lexislatura a ampliar a oferta de prazas en escolas infantís de 0 a 3 anos. A rede autonómica oferta para o curso 2017-2018 preto de 22.500 prazas públicas ou financiadas con fondos públicos, o que sitúa a ratio de cobertura na comunidade nun 38%. Isto é, catro puntos por riba da recomendada pola Unión Europea. Neste cifra inclúense tanto as dos centros da Galiña Azul como as dos concellos, as de iniciativa social, as casas niño ou as que se habilitan para o persoal funcionario dos Ministerios de Defensa e Facenda, e do Sergas.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: