FACENDA DESTACA QUE GALICIA EVITOU A EMISIÓN DE 3.600 MILLÓNS DE EUROS DE DÉBEDA GRAZAS Á SÚA XESTIÓN PRUDENTE

  • O director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos compareceu na Comisión 3ª do Parlamento
  • David Cabañó explicou que a Comunidade mantivo a súa autonomía financeira e que paga aos seus provedores mellor que a media
  • A Xunta aforra cada ano 80 millóns de euros en xuros de débeda

 

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017.- Galicia é a comunidade autónoma que menos incrementou a súa débeda pública dende o ano 2009, e grazas a esa xestión prudente e ao control orzamentario a Administración autónomica evitou emitir 3.600 millóns de euros de débeda, que as vindeiras xeracións non terán que devolver.

 

Así o expuxo esta mañá no Parlamento o director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, David Cabañó, na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos. O representante da Xunta destacou que Galicia foi quen de financiarse por si mesma e mantivo a súa autonomía financeira, ao tempo que seguiu pagando aos seus provedores con máis axilidade que a media e controlou o seu déficit público.

 

Neste sentido, Cabañó lembrou que o Fondo de Liquidez Autonómica (FLA) habilitado pola Administración do Estado foi un mecanismo de financiamento destinado a rescatar a aquelas comunidades autónomas que non podían afrontar por si mesmas os vencementos da súa débeda. “Pero Galicia non estaba nesta situación, por iso non acudiu ao FLA”, apuntou o director xeral.

 

Aforro en xuros

O control da débeda pública por parte do Goberno galego está a traducirse nun importante aforro do gasto en xuros. Segundo os datos achegados polo responsable de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, a Xunta está a aforrar cada ano uns 80 millóns de euros en xuros e por iso na actualidade a ratio de débeda/PIB de Galicia é 6,1 puntos menor que a media autonómica, cando en 2008 era a mesma.

 

Ademais, lembrou que a Admininstración do Estado puxo en marcha o Fondo de Facilidade Financeira en resposta ás demandas de Galicia. Este mecanismo de financiamento, reservado ás comunidades autónomas que cumpren os obxectivos de déficit e de débeda, está a permitir que Galicia se financie a custe cero e sen perda de autonomía financeira, e por iso a Comunidade Autónoma xa acadou uns beneficios efectivos de 346 millóns.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: