O Concello do Porriño seguirá colaborando estreitamente con Osilice que axuda aos traballadores afectados pola silicose

O alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, e o concelleiro de Industria, Marcelino Coto, mantiveron este venres unha xuntanza con Juan Carlos Giraldez, representante da Asociación Osilice, que axuda aos traballadores afectados pola silicose e que é a única asociación deste xénero en Galicia.

A xuntanza serviu para que o alcalde accidental confirmase o “apoio total” do Goberno local ao traballo de Osilice que, coma sinalou Juan Carlos Giraldez, ofrece a súa axuda ás persoas que padecen esta doenza que, dacordo  co Instituto Nacional da Silicose son o 17,5% dos traballadores das canteiras de Porriño e Ponteareas, preto de 1 de cada 5, segundo os estudos realizados a 440 operarios de 24 empresas da zona.

Coma apuntan os datos desta asociación, preto dun 90% de quen leva traballando máis de 20 anos na canteira ten silicose e aAínda que queda moito camiño para acabar con esta enfermidade, principalmente porque hai doentes que non saben que a padecen. Afortunadamente, nos últimos anos, grazas ás novas medidas de prevención produciuse unha notable rebaixa dos riscos de contraer silicose no territorio español.

Na xuntanza, Manuel Carrera e Marcelino Coto reiteraron a disposición do Concello de seguir mantendo unha estreita cooperación coa asociación, considerando que O Porriño é zona de España que ten máis número de afectados pola inhalación de partículas de sílice e que os mesmos precisan orientación á hora de coñecer a enfermidade, un axeitado asesoramento xurídico, orientación para a tramitación da incapacidade, para o cal incorporará nos vindeiros días a un traballador social.

Así mesmo, polo que se refire á asistencia médica, Juan Carlos Giraldez subliñou que Osilice ven de asinar un acordo coa dirección do Hospital Álvaro Cunqueiro para a mellora do tratamento dos traballadores que presentan síntomas de neumoconiose, ocasionada polo depósito de po de sílice nos pulmóns.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: