Archivo | mayo 19, 2017

Día Internacional dos Museos en Afundación

O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos, este ano encabezado polo lema «Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos», e Afundación súmase a esta conmemoración cun completo programa de actividades. Esta programación, que se desenvolverá mañá sábado 20 de maio, inclúe actividades gratuítas, ampliación de horarios de visita ás salas expositivas, actividades familiares e visitas comentadas para adultos en varios dos espazos da entidade.

Conferencia «Tolo pola arte. Da cultura exipcia ao século XV nun percorrido diferente, persoal e festivo» na Sede Afundación de Vigo

A Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) albergará unha conferencia a cargo do arquitecto e pintor Kike Ortega. A charla, que leva por título «Tolo pola arte. Da cultura exipcia ao século XV nun percorrido diferente, persoal e festivo», será o vindeiro venres 26 de maio, a partir das 20.00 h.

A XUNTA REFORZA A CONCILIACIÓN CON NOVOS INVESTIMENTOS DE MELLORA NAS ESCOLAS INFANTÍS E MÁIS AXUDAS DIRECTAS ÁS FAMILIAS

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe en Ferrol as instalacións da escola para nenos e nenas de 0 a 3 anos Virxe do Chamorro.

  • O Goberno galego abrirá a vindeira semana o prazo para que os pais e nais soliciten o Bono Concilia para axudalos ao pago da praza nunha escola infantil non financiada pola administración
  • O titular de Política Social destacou as obras de mellora que se veñen de acometer na escola Virxe do Chamorro, dentro do programa de investimentos levado a cabo na rede autonómica con cargo ao plan de cumprimento de déficit de 2016

 

Ferrol, 19 de maio de 2017.-  A Xunta de Galicia abrirá a vindeira semana o prazo de solicitude do Bono Concilia ás familias galegas con menores de 3 anos ao seu cargo co obxectivo de axudalas ao pago da praza nunha escola infantil non financiada pola administración. Así o anunciou esta mañá en Ferrol o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, no transcurso dunha visita á escola Virxe do Chamorro na que están matriculados 40 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos.

 

Rey Varela informou de que a vindeira semana sairá publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde do programa Bono Concilia para o curso 2017-2018, dotada cun orzamento inicial que ascende a 3,4 millóns de euros, o cal está aberto a ampliación coa finalidade de garantir que se atenderán todas as solicitudes que cumpran cos requisitos. Ao respecto, o conselleiro explicou que esta nova convocatoria presenta importantes novidades coa intención de chegar a un maior número de familias, sendo as beneficiadas por esta iniciativa neste curso preto de 2.600. A contía económica desta axuda oscila entre os 45 e os 250 euros mensuais en función da renda.

 

O responsable da área social do Goberno galego insistiu en que o obxectivo é, ao igual que se fixo neste curso, atender a todas as familias que teñen solicitada unha praza en escolas infantís e queden finalmente ne lista de agarda, para o que se lles adxudicará ben unha praza concertada ou se lles concederá a sinalada axuda do Bono Concilia para que elixan o centro no que queren matricular aos seus fillos.

 

En relación á escola infantil Virxe do Chamorro, Rey Varela destacou os investimentos de mellora levados a cabo nesta instalación con cargo ao plan de cumprimento do déficit. En concreto, a Consellería de Política Social destinou a este centro unha partida extraordinaria de 32.000 euros que permitiron o acondicionamento do patio cuberto, a instalación da acometida do gas e a adquisición de maquinaria e equipamento. “Queremos que as instalacións para os nenos e nenas galegos sexan as mellores, xa que este tipo de recursos son moi importantes tanto para a conciliación como dende o punto de vista da educación”, manifestou.

 

Melloras no Bono Concilia

A Consellería de Política Social prevé que o DOG recolla a vindeira semana a orde que regula a concesión das axudas do Bono Concilia para o curso escolar 2017-2018. Unha orde que presenta importantes novidades en comparación coa deste ano, xa que se habilita a posibilidade de conceder o bono a nenos con necesidades específicas de apoio educativo que superen a idade máxima regulamentaria; amplíanse os supostos de admisión de solicitudes fóra de prazo; e ábrese a todas as familias nas que se produza un nacemento, acollemento ou adopción do neno/a con posterioridade ao prazo de presentación das solicitudes.

 

Así mesmo, por primeira vez, contemplase o cambio de concello, residencia, ou traballo da unidade familiar. E, ademais, tamén poden optar ao Bono Concilia aquelas familias nas que as dúas persoas proxenitoras traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas e que con dereito a praza pública, esta non lles resolva as súas demandas de horario.

A Xunta continuará nesta lexislatura a ampliar a oferta de prazas en escolas infantís de 0 a 3 anos. A rede autonómica oferta para o curso 2017-2018 preto de 22.500 prazas públicas ou financiadas con fondos públicos, o que sitúa a ratio de cobertura na comunidade nun 38%. Isto é, catro puntos por riba da recomendada pola Unión Europea. Neste cifra inclúense tanto as dos centros da Galiña Azul como as dos concellos, as de iniciativa social, as casas niño ou as que se habilitan para o persoal funcionario dos Ministerios de Defensa e Facenda, e do Sergas.

 

La Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa busca impulsar la utilización del arbitraje entre las empresas con la celebración del I Foro Gallego en esta materia

  • El encuentro, que se celebrará en la sede de Afundación en Vigo, pretende trasladar al empresariado gallego las ventajas de la vía arbitral frente a la justicia ordinaria en la resolución de conflictos mercantiles.
  • La iniciativa cuenta con el apoyo del Colegio de Abogados de Vigo, el Colegio de Economistas de Pontevedra, la Confederación de Empresarios de Pontevedra y la Xunta de Galicia, y está patrocinada por Abanca

 

Vigo, 19/05/2017. Impulsar el recurso del arbitraje en las empresas gallegas será el objetivo del I Foro Gallego de Arbitraje que organiza la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía y que se celebrará en la sede de la Fundación Abanca en Vigo el próximo 31 de mayo.

 

El evento fue presentado esta mañana en la sede viguesa de la Cámara de Comercio por su presidente, José García Costas; por el presidente de la Corte de Arbitraje cameral, José Manuel Fernández Alvariño, y por Alfonso Álvarez Gándara, vocal y miembro destacado de esta Corte.

 

Durante su intervención, García Costas destacó el buen hacer y prestigio de la Corte cameral viguesa, puesta en marcha en 1990 por Fernando Conde Montero-Ríos, presidente en aquel momento, así como la necesidad actual de darle un nuevo impulso “para que las empresas conozcan esta vía de resolución de conflictos y opten por ella”

 

Programa

A través de este Foro, se pretende trasladar al empresariado gallego y a los colectivos de interés las ventajas de la vía arbitral frente a la justicia ordinaria. Para ello, el encuentro se desarrollará con una conferencia inaugural que abordará ‘El arbitraje como vía de resolución de conflictos mercantiles’, impartida por el Prof. Dr. Dr. h. c. José Antonio Gómez Segade, catedrático emérito de Derecho Mercantil de la Universidad de Santiago de Compostela.

 

A continuación, se han programado dos mesas redondas. La primera, bajo el título ‘Los procedimientos en el arbitraje’,  estará moderada por el profesor Julio Costas, catedrático de Derecho Mercantil de la Universidad de Vigo, y abordará la legislación del arbitraje y sus mecanismos. La segunda mesa redonda, moderada por D. Alfonso Álvarez Gándara, miembro de la Corte de Arbitraje de la Cámara, se centrará en ‘Cómo impulsar el arbitraje en Galicia’, principal reto al que se pretende dar respuesta en este Foro.

 

El programa propuesto pretende mejorar el conocimiento sobre los procedimientos arbitrales entre nuestras empresas, para que este recurso se incorpore como opción preferente en la resolución de controversias.

 

Amplio apoyo institucional

De cara a la organización de este Foro, los presidentes de la Cámara de Comercio y de la Corte de Arbitraje cameral han mantenido a lo largo de los últimos meses una agenda de encuentros institucionales con el fin de que la promoción del arbitraje sea un frente común entre todas las entidades que puedan tener un peso específico en su divulgación.

 

En este sentido, el I Foro Gallego de Arbitraje cuenta con el apoyo del Colegio de Abogados de Vigo, del Colegio de Economistas de Pontevedra, de la Confederación de Empresarios de Pontevedra, del juez decano de Vigo y de la Xunta de Galicia, que se han implicado en su organización. El evento está patrocinado por Abanca.

 

El arbitraje, opción ventajosa

El arbitraje es un procedimiento privado de solución de controversias por el cual las partes, de mutuo acuerdo, en lugar de acudir al juez, someten sus disputas a uno o varios terceros independientes denominados árbitros, que son los encargados de resolver el conflicto y dictar una decisión (laudo) que es obligatoria para las partes y susceptible de ser ejecutada.

 

Esta opción permite resolver conflictos entre las partes de un modo más rápido y económico que el recurso a la justicia ordinaria, garantizando igualmente la eficacia y neutralidad del proceso. Para ello, las Instituciones Arbitrales –como la Corte de esta Cámara de Comercio- constituyen una pieza fundamental en cuanto que garanten de la idoneidad, capacidad, independencia, transparencia en el nombramiento de los árbitros, y, en definitiva, de la seguridad jurídica que ha de rodear este tipo de actuaciones.

 

Son, por tanto, los principios básicos del arbitraje: economía, agilidad, flexibilidad, especialización y  confidencialidad los que hacen que esta vía alternativa de solución de conflictos resulte más ventajosa para las empresas.

FACENDA DESTACA QUE GALICIA EVITOU A EMISIÓN DE 3.600 MILLÓNS DE EUROS DE DÉBEDA GRAZAS Á SÚA XESTIÓN PRUDENTE

  • O director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos compareceu na Comisión 3ª do Parlamento
  • David Cabañó explicou que a Comunidade mantivo a súa autonomía financeira e que paga aos seus provedores mellor que a media
  • A Xunta aforra cada ano 80 millóns de euros en xuros de débeda

 

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017.- Galicia é a comunidade autónoma que menos incrementou a súa débeda pública dende o ano 2009, e grazas a esa xestión prudente e ao control orzamentario a Administración autónomica evitou emitir 3.600 millóns de euros de débeda, que as vindeiras xeracións non terán que devolver.

 

Así o expuxo esta mañá no Parlamento o director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, David Cabañó, na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos. O representante da Xunta destacou que Galicia foi quen de financiarse por si mesma e mantivo a súa autonomía financeira, ao tempo que seguiu pagando aos seus provedores con máis axilidade que a media e controlou o seu déficit público.

 

Neste sentido, Cabañó lembrou que o Fondo de Liquidez Autonómica (FLA) habilitado pola Administración do Estado foi un mecanismo de financiamento destinado a rescatar a aquelas comunidades autónomas que non podían afrontar por si mesmas os vencementos da súa débeda. “Pero Galicia non estaba nesta situación, por iso non acudiu ao FLA”, apuntou o director xeral.

 

Aforro en xuros

O control da débeda pública por parte do Goberno galego está a traducirse nun importante aforro do gasto en xuros. Segundo os datos achegados polo responsable de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, a Xunta está a aforrar cada ano uns 80 millóns de euros en xuros e por iso na actualidade a ratio de débeda/PIB de Galicia é 6,1 puntos menor que a media autonómica, cando en 2008 era a mesma.

 

Ademais, lembrou que a Admininstración do Estado puxo en marcha o Fondo de Facilidade Financeira en resposta ás demandas de Galicia. Este mecanismo de financiamento, reservado ás comunidades autónomas que cumpren os obxectivos de déficit e de débeda, está a permitir que Galicia se financie a custe cero e sen perda de autonomía financeira, e por iso a Comunidade Autónoma xa acadou uns beneficios efectivos de 346 millóns.

 

ETHEL VÁZQUEZ DESTACA QUE A XUNTA SUMA Á REHABILITACIÓN DO CASCO VELLO DE VIGO 6 NOVAS VIVENDAS E 2 LOCAIS COMERCIAIS NA RÚA FERRERÍA, CUN INVESTIMENTO DE 940.000 EUROS, CUXA ENTREGA DE CHAVES SE REALIZARÁ NO VERÁN

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, supervisou hoxe estas actuacións nesta zona histórica na que este ano se rehabilitarán outros 5 inmobles que darán lugar a 9 vivendas e 2 locais comerciais máis

 

  • O inmoble na rúa Ferrería 45-47, cuxas obras están a piques de rematar, supuxo a recuperación de 2 edificios para conseguir 4 novas vivendas e 1 local comercial nun mesmo edificio unitario, cun investimento de 670.000 euros
  • Trátase de vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios, nas que se protexeu o patrimonio, as lareiras de acordo coa normativa, ademais de executar un xardín posterior para conseguir maior luminosidade
  • Nos números 10-12 desta rúa, un orzamento de 270.000 euros tamén permitiu a reestruturación de 2 inmobles para conseguir 2 vivendas e 1 local de 38m2 nun mesmo e unitario edificio
  • Estes traballos están enmarcados na aposta da Xunta pola conservación e a revitalización desta cidade coa fin de recuperar unha zona tan emblemática para o desfrute de todos os vigueses
  • Vázquez Mourelle lembra que dende que se creou o Consorcio Casco Vello de Vigo, no ano 2005, xa se recuperaron preto de 100 vivendas e 30 locais comerciais onde xa residen máis de 150 persoas

 

Vigo, 19 de maio de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, visitou hoxe o Casco Vello de Vigo, no que o Goberno galego suma a rehabilitación de 6 novas vivendas e 2 locais comerciais máis na rúa Ferrería, cun investimento total de 940.000 euros, agardando que poidan entrar a residir as novas familias adxudicatarias nos meses de verán.

 

Vázquez Mourelle supervisou, en primeiro lugar, o inmoble na rúa Ferrería 45-47, que supuxo a recuperación de 2 edificios para conseguir 4 novas vivendas e 1 local comercial nun mesmo edificio unitario, cun investimento de 670.000 euros.

 

A titular de Vivenda explicou que as obras están a piques de rematar –soamente quedan por executar os acabados e a carpintería interior-  pero as vivendas xa foron sorteadas e, en cuestión duns meses –teñen 45 días para formalización das hipotecas e sinatura das escrituras-, en verán, xa se poderán entregar as chaves aos seus novos adxudicatarios.

 

Trátase de vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios ademais de contar cun baixo comercial: 2 pisos de 1 habitación, 1 vivenda de 2 habitacións e 1 dúplex de 3 dormitorios. Nestes inmobles protexeuse o patrimonio, as lareiras de acordo coa normativa, ademais de executar un xardín posterior para conseguir maior luminosidade.

 

Esta non é a única actuación da Xunta na rúa Ferrería, posto que a conselleira tamén se trasladou ata os números 10-12 para ver o remate final doutras 2 vivendas, que tamén xa foron sorteadas e, como o caso anterior, serán entregadas aos seus adxudicatarios nos meses de verán. Neste caso, e cun investimento de 270.000 euros, trátase da reestruturación de 2 inmobles para conseguir 2 novas vivendas dun dormitorio cada unha e 1 local comercial de 38m2 nun mesmo e unitario edificio, ademais de contar tamén cun patio exterior para a entrada de luz natural.

 

Ethel Vázquez lembrou que o Goberno galego segue a traballar en varios proxectos nas rúas da zona histórica de Vigo, como por nas obras que se executarán este ano coa rehabilitación doutros 5 inmobles que darán lugar a 9 novas vivendas e 2 locais comerciais máis.

 

Estes traballos están enmarcados na aposta da Xunta pola conservación e pola revitalización desta cidade coa fin de recuperar unha zona tan emblemática para o desfrute de todos os vigueses. Neste sentido, cómpre lembrar que dende que se creou o CCVV no ano 2005, xa se recuperaron preto de 100 vivendas e 30 locais comerciais onde xa residen máis de 150 persoas.

 

A XUNTA DE GALICIA APOSTA POLA MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS SOCIAIS NA CIDADE DE OURENSE

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, mantivo unha reunión con representantes da cidade das Burgas e da delegación territorial

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Ourense, Jesœs V‡zquez.

  • Durante o encontro, no que se reforzou a colaboración entre administracións, abordouse a construción dunha nova residencia para persoas maiores así como do  centro para a atención ás persoas con discapacidade maiores de 21 anos
  • A administración autonómica investiu máis de 196.000 euros en obras e equipamento en escolas infantís, no centro de menores e noutros recursos sociais deste concello

 

Ourense, 18 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, recibiu esta tarde no seu despacho en San Caetano ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e á delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, no marco dunha reunión que serviu para reforzar a colaboración entre as distintas administracións no eido social.

 

Durante a conversa mantida entre os mandatarios, a infancia, os maiores ou os máis vulnerables tiveron un papel protagonista. Deste xeito, destacaron a construción dun centro residencial de 120 prazas nas Lagoas, dentro do plan Como na casa que a Xunta de Galicia presentou o pasado febreiro e que contén a construción de sete residencias para maiores nas sete cidades galegas. No caso de Ourense, o novo equipamento contará cun investimento de 5.983.000 euros e ocupará a uns 75 empregados.

 

Rey Varela e Vázquez Abad concordaron na importancia da cooperación entre Xunta e concellos, así coma coas entidades do tecido social, para optimizar os recursos locais e autonómicos. Deste xeito, o responsable da área social do Goberno galego reiterou o seu compromiso de dotar á cidade das Burgas dun centro para a atención ás persoas con discapacidade maiores de 21 anos na zona de Berrocás. Trátase dunha parcela de titularidade municipal de uso dotacional, de preto de 4.600 metros cadrados, duplicando deste xeito os metros inicialmente previstos. O conselleiro subliñou que a elección destes terreos facilitará que Ourense dispoña dun centro que responda ás demandas expresadas polos pais e nais. Cómpre destacar que a Xunta de Galicia xa solicitou formalmente ao concello a cesión do terreo para poder avanzar neste proxecto.

 

Así mesmo, destacaron o incremento de 2964 horas mensuais no Servizo de Axuda no Fogar Dependencia, o que supón unha oferta de 17.064 horas de servizo ao ano.

 

Por outra banda, o investimento do Plan déficit permitiu realizar obras de mellora en diversas instalacións que atenden a veciños e veciñas da cidade, como no centro de menores A Carballeira e nas escolas infantís de A Farixa, A Antela, Barrocás e Virxe de Covadonga. Tamén, no marco deste Plan, realizáronse obras de mellora na espazo xove, mellorouse o equipamento do Punto de Encontro Familiar da cidade e tamén se melloraron tanto as instalacións como o equipamento da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas. O cómputo global destas actuacións ascendeu a 196.885 euros.

 

A futura construción dun centro interxeracional a cargo da Fundación Amancio Ortega tamén foi un dos temas abordados durante o encontro. Trátase dunha infraestrutura que xestionará o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e que contará con 82 prazas na escola infantil e 100 prazas no centro de día.

 

Comunicado- Carta ao Director/Opinión.

A HISTORIA REPÍTESE

O sector naval galego, despois destes anos de reconversión encuberta, segue sen levantar cabeza. Lonxe do efecto propagandístico das noticias que saen na prensa, día si e día tamén, anunciando a tan esperada recuperación dun sector estratéxico para o país e o máis importante da industria da comarca de Vigo -xunto coa automoción- segue a vivir os momentos máis baixos de ocupación da súa historia. Sendo este sector actualmente o de maior capacidade para incidir na recuperación económica do conxunto das bisbarras de Vigo e de Pontevedra, dado o seu volume de negocio e a súa capacidade de contratación.

O aumento de contratacións no ultimo ano é unha realidade, mais é necesario salientar o tipo de buques contratados: barcos de pesca pequenos, remolcadores, multipropósito… que xeran pouca carga de traballo, o que se traduce na contratación dun número cativo de traballadores/as. Nestes intres, exceptuando o estaleiro mediano Paulino Freire de Vigo, cunha carga de traballo estábel para os próximos anos, o resto de estaleiros pequenos son os que soportan realmente a carga de traballo, polo que o número de traballadores/as no sector non chega aos 1.000.

É neste contexto de desfeita, cos estaleiros principais sen actividade -por certo os únicos con capacidade real de incidir no aumento da contratación de traballadores/as no sector-, que volve repetirse o acontecido con Gas Natural en 2013. Naquel ano Gas Natural contratou catro gaseiros a estaleiros asiáticos, o coreano Hyundai e o xaponés Imabari, sendo a que contrataba unha empresa española e con axudas da Administración española. Isto provocou unha gran polémica que derivou na contratación de catro petroleiros en colaboración coa tamén coreana Daewoo, que están a construírse no grupo Navantia.

Esta situación repítese agora co anuncio das armadoras españolas Balearia, que hai uns días presentou un plan para o incremento da frota con tres novos ferris a construír antes de 2019 (un en Sestao e os outros dous no estaleiro Italiano Canteri Navale Vissentini), e Armas, coa construción doutro ferri no estaleiro australiano Incat, con entrega tamén en 2019. Estas armadoras foron clientes no seu momento, con Suardiaz e Transmediterránea, do estaleiro privado máis grande do Estado (o vigués Barreras). Este estaleiro segue na actualidade sen carga de traballo e co seu futuro cando menos comprometido.

Cabe preguntarse por que estas armadoras escollen estaleiros foráneos, onde os custos son maiores, e estando os nosos á mesma altura tecnolóxica. Sería tamén importante saber que axudas están a recibir estas armadoras do Estado. Que hai detrás destas decisións nos momentos máis comprometidos para a continuidade do sector naval? Cal é aposta das armadoras españolas e do Goberno central para protexer ou mesmo potenciar este sector?

O sector naval, a pesar da súa redución a nivel estatal, segue a representar a nivel galego unha industria estratéxica e básica para o desenvolvemento industrial e económico da noso país, actuando como dinamizador doutros sectores en dúas comarcas basicamente industriais como son Ferrol e Vigo.

Temos exemplos de Estados como Corea ou Xapón que realizaron políticas dirixidas ao mantemento e fortalecemento do sector naval, e mesmo temos casos nalgún Estado da Unión Europea. Isto contrasta, unha vez máis, coa falta de compromiso e plans industriais do Estado español e da Xunta de Galiza na procura de dar unha saída ás necesidades das armadoras a través da nosa propia industria.

Vigo, 18-05-2017.

César Rodríguez Martínez. D.I: 36086222-G.

Responsábel do naval na CIG de Vigo.