A XUNTA INSISTE NA COORDINACIÓN E NO TRABALLO CONXUNTO ENTRE ADMINISTRACIÓNS E ENTIDADES PARA PALIAR AS SITUACIÓNS DE POBREZA

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, clausurou a xornada sobre ‘Cooperación e axuda ao desenvolvemento: cultura e acción’ en Ferrol

 

  • O encontro serviu para compartir coñecementos e explorar sinerxías con respecto ás melloras da calidade de vida das persoas que máis o precisan
  • Estivo organizado pola Cátedra Jorge Juan da Universidade da Coruña

 

Ferrol, 19 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe na clausura da xornada sobre Cooperación e axuda ao desenvolvemento: cultura e acción celebrado en Exponav, Ferrol. O encontro serviu para compartir coñecementos e explorar sinerxías con respecto ás melloras da calidade de vida das persoas que máis o precisan e para avanzar nun traballo coordinado entre entidades, institucións privadas e administracións públicas.

 

O congreso contou coa participación de doutores e técnicos que traballan para contribuír á erradicación da pobreza e a fame no mundo e para axudar á construción activa da paz. Trátase de obxectivos xerais que comparten coa Xunta de Galicia. “A loita contra as situacións de desigualdade e de pobreza é un elemento transversal e absolutamente prioritario para o Goberno autonómico”, explicou Rey Varela durante a clausura.

 

Hoxe Galicia presenta unha taxa de risco de pobreza menor que antes da crise. “A evolución é positiva pero aínda queda moito por facer para seguir avanzando na erradicación da pobreza”, afirmou o titular autonómico. Para conseguir esta meta, a Consellería de Política Social traballa a través da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, unha folla de ruta que busca evitar a transmisión da pobreza entre xeracións a través de novos enfoques e metodoloxías na intervención coas persoas e familias.

 

Así mesmo, Rey Varela lembrou que a Administración autonómica tamén traballa coa Rede de Loita contra a Pobreza (EAPN), na elaboración e desenvolvemento da Axenda Social de Galicia, que formula respostas adaptadas ás novas características de pobreza derivadas dos cambios estruturais que experimenta a sociedade actual.

 

O conselleiro finalizou a súa intervención insistindo na importancia do fomento da colaboración entre as administracións con competencias en materia social. “Só coa suma de esforzos de todos e todas e co desenvolvemento de políticas integrais que permitan paliar os efectos da exclusión e da pobreza, e atacar as causas que a provocan, poderemos poñer fin á mesma”, concluíu Rey Varela.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: