lectura dramatizada sobre a vida de Maruxa Mallo
O RETRATO DA SIBILA de Vanesa Sotelo
Unha lectura dramatizada sobre a vida de Maruja Mallo
FICHA TÉCNICA
Título | O retrato da Sibila |
Autora | Vanesa Sotelo |
Elenco | Sonia Rúa, Merche Pérez, Mónica Sueiro e Rosa Puga |
Duración | 40 minutos |
Data e hora | Xoves, 25 de maio, 19.30h |
Lugar | Fundación Laxeiro
c/Policarpo Sanz, nº 15, 3, Vigo tlf: 986-43 84 75 fundacion@laxeiro.es; www.laxeiro.org |
Entrada de balde ata completar aforo |
A Asociación Cultural O Castro e a Revista Galega de Teatro presentan unha obra que homenaxea a figura de Maruja Mallo
O PROXECTO
A Fundación Laxeiro acollerá este próximo xoves 25 de maio, ás 19:30, na súa sede de Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 15), unha lectura dramatizada da obra de Vanesa Sotelo O retrato da Sibila. Organizado pola Asociación Cultural O Castro e a Revista Galega de Teatro, esta lectura inscríbese dentro dos actos que celebran a figura de Maruja Mallo como figura homenaxeada polo Día das Artes Galegas deste ano 2017.
O retrato da Sibila é unha obra que recrea temas e motivos da vida e obra de Maruja Mallo e que foi escollida para participar en 365 women a year (365 mulleres ao ano) un proxecto internacional no que dramaturgas de todo o mundo recrean a vida de mulleres extraordinarias da historia. A obra, que será lida polas actrices Sonia Rúa, Merche Pérez, Mónica Sueiro e Rosa Puga, combina os elementos máis relevantes da obra da autora para ofrecer unha visión heterodoxa da figura de Maruja Mallo, na que se conxugan a rebeldía, a visión dunha nova feminidade e a suxeición aos avatares da Historia. O retrato da sibila amósase como unha confrontación dialéctica entre a creación e o devir histórico, entre o compromiso persoal e a solidariedade co colectivo. O retrato dunha artista enfrontada a unha sociedade en descomposición.
A AUTORA
Vanesa Sotelo é dramaturga, actriz e directora teatral. En 2008 traballou como dramaturga residente para o Centro Dramático Galego coa escrita de Estigma –con Rubén Ruibal e Jacobo Paz- e foi seleccionada como artista residente para a mesma institución en 2009 co proxecto Corpo-puta-vaca-berro, xunto con Gena Baamonde e Eva F. Ferreira.
En 2010 acadou o Premio do Xurado do IV Certame Diario Cultural de Teatro Radiofónico con Indoor e o XIII Premi Josep Robrenyo con Memoria do Incendio. En 2011 recibiu o VI Premio Abrente de Textos Teatrais con Campo de covardes. En 2014 foi seleccionada dentro do III Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales do INAEM para a creación de Nome: Bonita. En 2014 participou da primeira edición do proxecto 365 women a year con O retrato da sibila. A súa é unha das voces máis persoais e recoñecidas da dramaturxia galega actual. Na actualidade, é directora da Revista Galega de Teatro.
[DNG5] Este viernes 26 de mayo se inaugura la exposición Misha Bies Golas Recordo II en DIDAC
La exposición, producida por DIDAC, es fruto de un proyecto de colaboración anual entre el espacio Appleton Square de Lisboa y esta nueva institución compostelana.
Misha Bies Golas. Recordo II, será inaugurada el próximo viernes 26 de mayo a las 20.00h. en el espacio de DIDAC (DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas).
Esta exposición producida por DIDAC (DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas), es fruto de un proyecto de colaboración anual entre los espaciosAppleton Square de Lisboa y DIDAC de Santiago de Compostela. Esta asociación estratégica, que se desarrollará a partir de varias coproducciones, responde a un interés común: divulgar y proyectar el arte, el diseño y otras experiencias multidisciplinares en el ámbito de lo creativo.
Misha Bies Golas (Lalín, 1977) es el primer artista invitado para esta colaboración, que tuvo una primera parte en Lisboa, comisariada por David Barro -del 19 de abril al 14 de mayo- y esta segunda en el espacio de DIDAC en Santiago de Compostela, comisariada por Mónica Maneiro -del 26 de mayo al 3 de agosto-. La inauguración de Misha Bies Golas. Recordo IIserá el próximo viernes 26 a las 20.00h en el espacio de DIDAC en Santiago de Compostela.
La inauguración estará amenizada por Espiño Dj. y se servirán bebidas a cargo del mítico Bar A Reixa de Santiago de Compostela en una colaboración especial con DIDAC.
Misha Bies Golas es un artista de mínimos, que utiliza la modestia de los medios para crear una obra plagada de referencias a un mundo terrenal, absurdo y en ocasiones abyecto pero desde la óptica del observador agudo y perspicaz. Su actitud a la hora de enfrentarse al trabajo encaja con la de los personajes de la obra de Balzac, la imagen de la bohemia culta, divertida e irreverente, formulando propuestas que no encajan en lo que se supone debería ser la mirada perdida y abducida de los artistas de la sociedad posmoderna. La obra de Misha Bies Golas se encuentra representada en colecciones como las del CGAC, Fundación Luis Seoane, DKV, MICA o Fundación María José Jove.
Más información en: www.didac.gal / www.appletonsquare.pt
Book Dummy Award
La Fábrica y Photo London se unen para lanzar su Book Dummy Award con el objetivo de seleccionar y publicar un gran proyecto de fotografía de autor que destaque por su calidad, por su singularidad y por su vocación internacional.
El concurso está abierto a fotógrafos de todo el mundo que presenten una única maqueta inédita de temática libre.
El proyecto ganador será publicado y distribuido internacionalmente bajo el sello de La Fábrica, y presentado en Photo London 2018. +info
___
La Fábrica and Photo London are joining forces to launch the Book Dummy Award with the goal of selecting and publishing a major auteur photography project which stands out for its quality, uniqueness and international scope.
The contest is open to photographers from all over the world who may submit a single unpublished dummy on a subject of their choice.
The winning project will be published and distributed internationally under the imprint of La Fábrica, and presented at Photo London 2018. +info
Visita representantes concellos de Burdeos a O Porriño
REPRESENTANTES DE VARIOS CONCELLOS DE BURDEOS ESTARÁN ESTA SEMANA NO PORRIÑO PARA POÑER EN MARCHA DISTINTOS PROXECTOS CONXUNTOS EN EIDOS COMA A EDUCACIÓN, A CULTURA, A VITICULTURA OU O COMERCIO
Catro representantes da Communauté de Communes du Fronsadais, entidade que integra a 18 concellos franceses cos que o Goberno local ven de establecer unha relación de cooperación en diferentes eidos, estarán no Porriño do mércores, día 21, ao domingo, día 28.
Devolven, deste xeito, a visita que os concelleiros de Limpeza, Seguridade e Parques e Xardíns, Orlando Márquez, e Educación, Lourdes Moure, fixeran a Francia o pasado mes de marzo e que serviu para que O Porriño poida desenrolar con Fronsadais proxectos semellantes aos que estes concellos de Burdeos xa teñen en marcha con rexións de China e Italia, e que abranguen ámbitos de tanto interese coma a educación, xuventude, cultura, economía, comercio, viticultura, alimentación ou turismo.
Os catro días que os representantes da Communauté de Communes du Fronsadais estarán no Porriño visitarán a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei, dependente do Consorcio de Augas do Louro, presidido pola alcaldesa, Eva García de la Torre; tamén terán a oportunidade de coñecer unha as Adegas La Val; asistirán a diferentes actos do Festival de Cans, coma ‘Debuxa Cans’, a saída dos chimpins ou asistirán á proxección dunha das curtas; terán unha cita nunha das canteiras da vila e tamén gozarán da gastronomía da zona.
Representantes porriñeses e franceses manterán distintas xuntanzas nas que concretarán varias das propostas que estiveron en estudo durante a viaxe dos concelleiros Orlando Márquez e Lourdes Moure a rexión de Burdeos e porán en marcha os primeiros acordos de colaboración.
Dentro destes está moi avanzada a presentación dun proxecto europeo conxunto en base a propostas educativas que permitan, nun primeiro paso, o intercambio de coñecementos entre estudantes e profesores de Educación Secundaria desta comunidade de vilas de Francia e dos centros educativos do Porriño.
GALICIA REDUCE A 5,7 DÍAS O PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES, O MELLOR DATO DE TODA A SERIE HISTÓRICA
- O período medio de pago da Comunidade Autónoma volveu baixar en marzo
- Galicia está a aboar as súas facturas 16 días antes que a media autonómica
- Galicia é a quinta comunidade de réxime común que paga con máis axilidade
- A débeda comercial tamén se reduciu á metade no último ano
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017.- Galicia rebaixou a 5,7 días o período medio de pago a provedores no peche do primeiro trimestre do ano, o que supón o mellor dato acadado pola Comunidade Autónoma en toda a serie histórica iniciada en 2014, segundo ratifica o informe publicado hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública.
O período medio de pago de Galicia baixou en 10 días respecto a febreiro, e sitúase 16 días por debaixo da media autonómica (21,8 días). Deste xeito, Galicia mantense un mes máis entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
O mes de marzo é o terceiro mes consecutivo no que Galicia mellora este indicador sobre o mes anterior. O informe do Ministerio reflicte tamén que o período medio de pago de Galicia é agora 14,2 días inferior ao mesmo mes de 2016. Pola contra, tres comunidades autónomas incumpriron en marzo o período máximo de 30 días que establece a lexislación.
En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en marzo baixou ata o 0,25%, a terceira máis baixa de España e menos da metade que a media autonómica (0,54%). Os datos mostran que Galicia conseguiu reducir este indicador un 36,7% respecto ao mes de febreiro, ao baixar ata os 151,2 millóns de euros, e a débeda da Comunidade Autónoma tamén se reduciu á metade en comparación co mesmo mes de 2016.
Período Medio de Pago – Marzo 2017 (*CCAA de réxime foral) | ||||
País Vasco * | (5,19) | A Rioxa | 14,43 | |
Navarra* | (4,99) | Madrid | 16,51 | |
Canarias | 2,91 | Aragón | 17,32 | |
Asturias | 3,14 | Media CCAA | 21,86 | |
Andalucía | 5,13 | Baleares | 26,95 | |
Castela e León | 5,32 | Cataluña | 27,64 | |
Galicia | 5,77 | Valencia | 46,39 | |
Estremadura | 12,45 | Murcia | 54,31 | |
Castela-A Mancha | 13,55 | Cantabria | 58,98 |
ETHEL VÁZQUEZ ANUNCIA UN INVESTIMENTO DUNS 3 MILLÓNS DE EUROS PARA A CONSTRUCIÓN DE 8 NOVAS SENDAS SEGURAS, SUSTENTABLES E INTEGRADAS NA PAISAXE NA COMARCA DO MORRAZO

DAVID (( AGN )) CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA MARÍN (Pontevedra) 12,30 h.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, e da alcaldesa, María Ramallo, ofrecerá unha rolda de prensa para presentar o Plan de Sendas do Morrazo. O punto de encontró será a Casa do Concello (avenida de Ourense, s/n).
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, destacou na presentación destas actuacións que o DOG publica hoxe o inicio da contratación da redacción dos proxectos de 7 destes itinerarios peonís e ciclistas
- Vázquez Mourelle explica que o Goberno galego xa se está traballando no proxecto da senda Vilaseca- Lapamán, en Marín, coa fin de comezar este ano a contratación das súas obras
- Salienta actuacións importantes como a senda dun quilómetro e medio, entre Vilaseca e Lapamán, que xunto coa de 800 metros entre Bagüín e Seixo permitirá un itinerario peonil que percorrerá Marín ao completo pola costa
- Outros itinerarios previstos para esta comarca son os que conectarán Alto da Portela- CG4.1, Trasouto- A Magdalena, Coirados- Pardavila, A Moureira- Palmás, Pardavila- Cadro e Trasouto- Alto da Portela
- Estas actuacións están enmarcadas na 2ª fase do Plan de Sendas de Galicia, que sumada a 1ª fase, está a impulsar 95 novas sendas e 125 km de itinerarios peonís e ciclistas en 11 comarcas, cun investimento de 37 millóns de euros
- Os obxectivos prioritarios deste plan son incrementar a seguridade de peóns e ciclistas e promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos ao vehículo particular
Marín (Pontevedra), 22 de maio de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, presentou hoxe en rolda de prensa o Plan de Sendas na comarca do Morrazo, que prevé a construción de 8 novas sendas que suman 10 km e un investimento duns 3 millóns de euros.
Vázquez Mourelle subliñou que a Xunta xa está traballando no proxecto da senda Vilaseca – Lapamán, en Marín, para iniciar este ano a contratación das obras, e ademais o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o inicio da contratación da redacción dos proxectos construtivos doutras 7 sendas. No seguinte enlace pódese ampliar a información deste anuncio: goo.gl/bHF1dJ
A titular de Infraestruturas precisou que este plan recolle actuacións tan importantes como a citada senda dun quilómetro e medio, que unirá Vilaseca e Lapamán, que xunto coa de 800 metros entre Bagüín e Seixo permitirá un itinerario peonil que percorrerá Marín ao completo pola costa.
A conselleira indicou que se están dando os pasos necesarios para que os veciños e visitantes do Morrazo poidan ter, canto antes, sendas seguras, sustentables e integradas na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais.
A continuación, detállanse os itinerarios proxectados no Plan de Sendas para a bisbarra do Morrazo.
Vilaseca- Lapamán | Marín |
Alto da Portela – CG4.1 | Bueu |
Bagüín-Seixo | Marín |
Trasouto-A Madalena | Cangas |
Coirados-Pardavila | Marín |
A Moureira – Palmás | Moaña |
Pardavila – Cadro | Marín |
Trasouto – Alto da Portela | Bueu |
Plan de Sendas de Galicia
Estas actuacións presentadas hoxe en Marín están enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia, que concreta a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios -peonís e para bicis- seguros, sostibles e integrados na paisaxe.
Entre a 1ª e a 2ª fase do plan, estase a impulsar a construción de 95 novas sendas, case 125 novos km de itinerarios peonís e ciclistas en 11 comarcas, que suporán un investimento de preto de 37 millóns de euros.
Cómpre lembrar que en marzo de 2016 comezouse a desenvolver a 1ª Fase do Plan de Sendas de Galicia en 7 comarcas galegas. No exercicio pasado, a Xunta tamén convidou os concellos doutras catro comarcas galegas coma O Morrazo a participar na 2ª fase do plan, que contempla acometer 40 novas sendas e un total 49 km, que suporán un investimento de 10,5 millóns de euros.
Os obxectivos prioritarios deste plan son protexer e incrementar a seguridade de peóns e ciclistas e promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.
O director da AXI explicou que o plan xa está en pleno desenvolvemento, xa que nas 7 comarcas da primeira fase encargouse a redacción de 48 proxectos construtivos que incluían 55 sendas, cunha lonxitude final de 87,6 km. Iniciouse xa a tramitación de 33 deses 48 proxectos, estando licitadas 20 obras que suman case 30 km de lonxitude. Engadiu que para as 4 comarcas da 2ª fase se realizaron os estudos para identificar e priorizar as sendas, e comezou agora o proceso para a redacción dos proxectos construtivos.
Menéndez subliñou que se trata dun plan coordinado e froito do diálogo, porque na súa elaboración contouse coa opinión dos concellos, para determinar as actuacións máis necesarias e axeitadas en cada zona. Ademais, fixo fincapé en que a Xunta ten os fondos garantidos, consignados nos orzamentos.
LA FÁBRICA Y PHOTOLONDON LANZAN EL BOOK DUMMY AWARD
Ambas instituciones suman fuerzas para seleccionar y publicar un proyecto de fotografía de autor que destaque por su calidad, singularidad y vocación internacional
La obra ganadora será publicada y distribuida internacionalmente por La Fábrica y se presentará en Photo London 2018 y PHotoESPAÑA 2018
El jurado está presidido por Mónica Allende e integrado por Michael Benson, Álvaro Matías,Simon Bainbridge, Cristina de Middel, Susan Bright, Rodrigo Orrantia, Fernando Gutierrez y Stephen Gill
El plazo de recepción de proyectos permanecerá abierto hasta el 20 de octubre de 2017
Consulta las bases de participación y videos
La Fábrica y Photo London se unen para lanzar el Book Dummy Award con el objetivo de seleccionar y publicar un gran proyecto de fotografía de autor que destaque por su calidad, por su singularidad y por su vocación internacional. El proyecto cuenta con la colaboración de la imprenta Brizzolis y el British Journal of Photography, revista oficial del premio,
El jurado está presidido por la fotoeditorra y comisaria independiente Monica Allende, e integrado por Michael Benson, fundador y director de Photo London; Álvaro Matías, Director General y editor de La Fábrica; Simon Bainbridge, Director Editorial de British Journal of Photography; los fotógrafos Cristina de Middel y Stephen Gill, el diseñador Fernando Gutierrez y los comisarios y fotoeditores Susan Bright y Rodrigo Orrantia.
El premio consistirá en la publicación del libro que será distribuido a nivel mundial a través del catálogo editorial de La Fábrica; su presentación y exhibición en festivales y ferias como PHoto London y PHotoEspaña, y su inscripción en los principales concursos de fotografía.
Podrán participar fotógrafos de todo el mundo que presenten una única maqueta inédita y de temática libre desde el 22 de mayo y hasta el 20 de octubre de 2017.
Las bases de participación pueden consultarse en la página web www.lafabrica.com/bookdummyaward.
O retrato de sibila, de Vanesa Sotelo. Lectura dramatizada sobre a obra de Maruja Mallo. Fundación Laxeiro, xoves, 25, 19.30h
REVISTA GALEGA DE TEATRO
ASOCIAICÓN CULTURAL O CASTRO
FUNDACIÓN LAXEIRO
Presentan
O RETRATO DA SIBILA
de
Vanesa Sotelo
Unha lectura dramatizada sobre a obra de Maruja Mallo
FICHA TÉCNICA
Título | O retrato da Sibila |
Autora | Vanesa Sotelo |
Elenco | Sonia Rúa, Merche Pérez, Mónica Sueiro e Rosa Puga |
Duración | 40 minutos |
Data e hora | Xoves, 25 de maio, 19.30h |
Lugar | Fundación Laxeiro
c/Policarpo Sanz, nº 15, 3, Vigo tlf: 986-43 84 75 fundacion@laxeiro.es; www.laxeiro.org |
Entrada de balde ata completar aforo |
A Asociación Cultural O Castro e a Revista Galega de Teatro presentan unha obra que homenaxea a figura de Maruja Mallo.
O PROXECTO
A Fundación Laxeiro acollerá este próximo xoves 25 de maio, ás 19:30, na súa sede de Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 15), unha lectura dramatizada da obra de Vanesa Sotelo O retrato da Sibila. Organizado pola Asociación Cultural O Castro e a Revista Galega de Teatro, esta lectura inscríbese dentro dos actos que celebran a figura de Maruja Mallo como figura homenaxeada polo Día das Artes Galegas deste ano 2017.
O retrato da Sibila é unha obra que recrea temas e motivos da vida e obra de Maruja Mallo e que foi escollida para participar en 365 women a year (365 mulleres ao ano) un proxecto internacional no que dramaturgas de todo o mundo recrean a vida de mulleres extraordinarias da historia. A obra, que será lida polas actrices Sonia Rúa, Merche Pérez, Mónica Sueiro e Rosa Puga, combina os elementos máis relevantes da obra da autora para ofrecer unha visión heterodoxa da figura de Maruja Mallo, na que se conxugan a rebeldía, a visión dunha nova feminidade e a suxeición aos avatares da Historia. O retrato da sibila amósase como unha confrontación dialéctica entre a creación e o devir histórico, entre o compromiso persoal e a solidariedade co colectivo. O retrato dunha artista enfrontada a unha sociedade en descomposición.
A AUTORA
Vanesa Sotelo é dramaturga, actriz e directora teatral. En 2008 traballou como dramaturga residente para o Centro Dramático Galego coa escrita de Estigma –con Rubén Ruibal e Jacobo Paz- e foi seleccionada como artista residente para a mesma institución en 2009 co proxecto Corpo-puta-vaca-berro, xunto con Gena Baamonde e Eva F. Ferreira.
En 2010 acadou o Premio do Xurado do IV Certame Diario Cultural de Teatro Radiofónico con Indoor e o XIII Premi Josep Robrenyo con Memoria do Incendio. En 2011 recibiu o VI Premio Abrente de Textos Teatrais con Campo de covardes. En 2014 foi seleccionada dentro do III Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales do INAEM para a creación de Nome: Bonita. En 2014 participou da primeira edición do proxecto 365 women a year con O retrato da sibila. A súa é unha das voces máis persoais e recoñecidas da dramaturxia galega actual. Na actualidade, é directora da Revista Galega de Teatro.
A HOMENAXEADA
Maruja Mallo, unha das máis grandes artistas do século XX, foi unha artista multidisciplinar galega e republicana, inconformista, independente, rebelde, transgresora e feminista que reivindicou o seu papel na arte. Veu ao mundo en Viveiro en 1902, co nome de Ana María Gómez González. Xa moza trasladouse a Madrid, onde mantivo relación con artistas, escritores e cineastas como Federico García Lorca, Margarita Manso, Salvador Dalí, Luis Buñuel, María Zambrano, Rafael Alberti ou Miguel Hernández. Durante a década de 1920 traballou para numerosas publicacións literarias e realizou portadas de varios libros, así como exposicións. En 1932 viaxou a París, onde entrou en contacto co surrealismo (coñeceu a André Breton, Max Ernst, René Magritte, Joan Miró e Giorgio de Chirico entre outros), e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. Influenciada polo surrealismo, a súa pintura cambiou radicalmente,
O golpe de estado de 1936 sorprendeuna en Galiza e tivo que se refuxiar na casa dun familiar, onde estivo agochada varios meses. O seu compromiso coa II República facíalle temer que podía ser albo da represión que inzaba Galiza. En 1937 conseguiu pasar a Portugal e de alí viaxar a América. Pasou o exilio en Arxentina e Estados Unidos. Finou en Madrid en 1995. María Zambrano dixo dela:»Cometeu un dos erros máis destrutivos e imperdoables: ser libre».
O PROXECTO 365 WOMEN A YEAR
Este proxecto agrupa autoras que escriben historias sobre mulleres do pasado e do presente para inscribilas na conciencia social, no tecido histórico e na escena contemporánea. A historia está contada dende un punto de vista masculino e iso testemuña un baleiro incomprensible dende a mirada do século XXI: este proxecto axuda a cubrilo dende a escena, así como contribúe a potenciar e promover á obra dramática de mulleres de todo o mundo, iniciando un movemento contra outra gran inxustiza de xénero, a presente na programación escénica mundial.
LÓPEZ-CHAVES VISITA O CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE PI Y MARGALL, QUE CONTA CUNS 1.000 USUARIOS E USUARIAS ANUAIS
- O delegado territorial da Xunta na área de Vigo interesouse polas actividades desenvolvidas e que benefician mensualmente a máis de 500 veciños
- Os 9 centros da área mobilizan uns 10.000 usuarios en conxunto aos que lles ofrecen máis de 200 actividades
Vigo, 22 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe un encontro coa directora do Centro Sociocomunitario de Pi y Margall na cidade, Lucía Lorenzo Trobo, co obxectivo de interesarse polas actividades desenvolvidas das que se benefician anualmente uns 1.000 veciños e veciñas, cunha media de 500 usuarios ao mes.
Logo de se ter reunido no pasado mes de febreiro cos directores e directoras dos centros sociocomunitarios de Vigo e a súa área de territorial, o representante do Goberno galego iniciaba en abril unha rolda polos devanditos centros que arrancaba en O Porriño. Segundo lle trasladou a responsable destas instalacións nelas realízanse, entre outros, cursos de manualidades e pintura, canto coral, habilidades sociais e memoria, taichi ou ioga, cunha grande demanda entre os usuarios.
A área territorial de Vigo conta cun total de 9 centros sociocomunitarios: tres en Redondela, Baiona e O Porriño mentres que no caso da cidade olívica, existen 6. Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi y Margall, Teis e O Calvario son as instalacións polas que, de media, adoitan pasar unhas 1.000 persoas ao ano para se beneficiar das súas actividades ou para gozar doutros servizos que se ofrecen coma a biblioteca, sala de xogos ou de prensa.
En total, os 9 centros sociocomunitarios mobilizan entre 9.000 e 10.000 usuarios anuais aos que, de xeito global, lles ofrecen máis de 200 actividades. Cursos de taichi, bolillos, informática, inglés, música, obradoiros de cerámica, de costura ou cociña, entre outros moitos, súmanse ás excursións, charlas ou conferencias que todos os días se ofertan nestas instalacións que dependen da Consellería de Política Social.
Primeiros confirmados para a cuarta edición do festival WOS | 6 e 10 de setembro, Santiago de Compostela
|
Os británicos The KVB, que o pasado día 19 publicaron novo EP a través de Invada Records, disqueira do Portishead Geoff Barrow, son unha das propostas que encabezan este primeiro anunciamento do festival, que en tan so tres anos consolídase como unha das citas culturais con máis forza na capital galega.
Artistas que actualmente centran todas as miradas do panorama estatal como BFlecha ou STA engádense, como é habitual, a artistas moi personais: o intimismo do danés Western Skies Motel, os sintetizadores de influencia kraut de Schwarz, ou a percusión experimental de Greg Fox. O primeiro anunciamento do programa musical do festival, que incluirá como cada ano actividades multidisciplinares, mantén un marcado acento na electrónica, con nomes como os aclamados Sensible Soccers ou la delicada potencia da norteamericana Nite Jewel.
|
![]() |
O festival, que irá revelando o seu programa ao longo dos próximos meses, posiciónase nesta cuarta edición como unha das máis firmes propostas no crecente panorama europeo e internacional de festivais Indoor. A súa programación incluirá, como cada ano, actividades en espazos de referencia no casco histórico e urbán de Santiago de Compostela, como o Museo Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), o Teatro Principal, o Mercado de Abastos, a Igrexa da Universidad, ou a Fundación Granell.
As artes escénicas, os novos medios, o cinema, a arte audiovisual, os encontros con artistas, charlas e mesas de reflexión terán tamén o seu lugar na súa oferta, diseñada específicamente en torno á cultura alternativa.
O ano pasado na súa terceira edición o festival reuniu entre as actividades do seu programa multidisciplinar e as propostas de acceso libre abertas á ciudadanía a máis de 4.500 asistentes, incluindo público internacional procedente de Reino Unido, Italia, Francia ou Portugal, entre outros.
O festival WOS celebrarase este ano do 6 ao 10 de setembro, de novo en Santiago de Compostela. Os abonos Premium (para os cinco días de festival) e Weekend (venres, sábado e domingo) xa están á venda a un prezo promocional ata esgotar as 100 primeiras unidades na súa web www.wosfestival.es.
Os oito artistas confirmados polo momento son:
BFlecha
Greg Fox
Nite Jewel
Schwarz
Sensible Soccers
STA
The KVB
Western Skies Motel
|