ETHEL VÁZQUEZ ANUNCIA UN INVESTIMENTO DUNS 3 MILLÓNS DE EUROS PARA A CONSTRUCIÓN DE 8 NOVAS SENDAS SEGURAS, SUSTENTABLES E INTEGRADAS NA PAISAXE NA COMARCA DO MORRAZO

DAVID (( AGN )) CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA MARÍN (Pontevedra) 12,30 h.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, e da alcaldesa, María Ramallo, ofrecerá unha rolda de prensa para presentar o Plan de Sendas do Morrazo. O punto de encontró será a Casa do Concello (avenida de Ourense, s/n).

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, destacou na presentación destas actuacións que o DOG publica hoxe o inicio da contratación da redacción dos proxectos de 7 destes itinerarios peonís e ciclistas

 

 

  • Vázquez Mourelle explica que o Goberno galego xa se está traballando no proxecto da senda Vilaseca- Lapamán, en Marín, coa fin de comezar este ano a contratación das súas obras
  • Salienta actuacións importantes como a senda dun quilómetro e medio, entre Vilaseca e Lapamán, que xunto coa de 800 metros entre Bagüín e Seixo permitirá un itinerario peonil que percorrerá Marín ao completo pola costa
  • Outros itinerarios previstos para esta comarca son os que conectarán Alto da Portela- CG4.1, Trasouto- A Magdalena, Coirados- Pardavila, A Moureira- Palmás, Pardavila- Cadro e Trasouto- Alto da Portela
  • Estas actuacións están enmarcadas na 2ª fase do Plan de Sendas de Galicia, que sumada a 1ª fase, está a impulsar 95 novas sendas e 125 km de itinerarios peonís e ciclistas en 11 comarcas, cun investimento de 37 millóns de euros
  • Os obxectivos prioritarios deste plan son incrementar a seguridade de peóns e ciclistas e promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos ao vehículo particular

 

Marín (Pontevedra), 22 de maio de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, presentou hoxe en rolda de prensa o Plan de Sendas na comarca do Morrazo, que prevé a construción de 8 novas sendas que suman 10 km e un investimento duns 3 millóns de euros.

 

Vázquez Mourelle subliñou que a Xunta xa está traballando no proxecto da senda Vilaseca – Lapamán, en Marín, para iniciar este ano a contratación das obras, e ademais o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o inicio da contratación da redacción dos proxectos construtivos doutras 7 sendas. No seguinte enlace pódese ampliar a información deste anuncio: goo.gl/bHF1dJ

 

A titular de Infraestruturas precisou que este plan recolle actuacións tan importantes como a citada senda dun quilómetro e medio, que unirá Vilaseca e Lapamán, que xunto coa de 800 metros entre Bagüín e Seixo permitirá un itinerario peonil que percorrerá Marín ao completo pola costa.

 

A conselleira indicou que se están dando os pasos necesarios para que os veciños e visitantes do Morrazo poidan ter, canto antes, sendas seguras, sustentables e integradas na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais.

 

A continuación, detállanse os itinerarios proxectados no Plan de Sendas para a bisbarra do Morrazo.

 

Vilaseca- Lapamán Marín
Alto da Portela – CG4.1 Bueu
Bagüín-Seixo Marín
Trasouto-A Madalena Cangas
Coirados-Pardavila Marín
A Moureira – Palmás Moaña
Pardavila – Cadro Marín
Trasouto – Alto da Portela Bueu

 

Plan de Sendas de Galicia

Estas actuacións presentadas hoxe en Marín están enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia, que concreta a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios -peonís e para bicis-  seguros, sostibles e integrados na paisaxe.

Entre a 1ª e a 2ª fase do plan, estase a impulsar a construción de 95 novas sendas,  case 125 novos km de itinerarios peonís e ciclistas en 11 comarcas, que suporán un investimento de preto de 37 millóns de euros.

 

Cómpre lembrar que en marzo de 2016 comezouse a desenvolver a 1ª Fase do Plan de Sendas de Galicia en 7 comarcas galegas. No exercicio pasado, a Xunta tamén convidou os concellos doutras catro comarcas galegas coma O Morrazo a participar na 2ª fase do plan, que contempla acometer 40 novas sendas e un total 49 km, que suporán un investimento de 10,5 millóns de euros.

 

Os obxectivos prioritarios deste plan son protexer e incrementar a seguridade de peóns e ciclistas e promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.

 

O director da AXI explicou que o plan xa está en pleno desenvolvemento, xa que nas 7 comarcas da primeira fase encargouse a redacción de 48 proxectos construtivos que incluían 55 sendas, cunha lonxitude final de 87,6 km. Iniciouse xa a tramitación de 33 deses 48 proxectos, estando licitadas 20 obras que suman case 30 km de lonxitude. Engadiu que para as 4 comarcas da 2ª fase se realizaron os estudos para identificar e priorizar as sendas, e comezou agora o proceso para a redacción dos proxectos construtivos.

 

Menéndez subliñou que se trata dun plan coordinado e froito do diálogo, porque na súa elaboración contouse coa opinión dos concellos, para determinar as actuacións máis necesarias e axeitadas en cada zona. Ademais, fixo fincapé en que a Xunta ten os fondos garantidos, consignados nos orzamentos.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: