A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA INFORMA AO ALCALDE DO ROSAL DA LICITACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DA ESTRADA PANCENTEO-MARZÁN NO CONCELLO DO ROSAL POR CASE 900.000 EUROS

A conselleira de infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde do Rosal, Jesús María Fernández

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel V‡zquez, manter‡ unha reuni—n co alcalde do Rosal, Jesœs Mar’a Fern‡ndez.

  • Con estas actuacións, que teñen un prazo de execución de 6 meses, acadarase unha mellora da estrada o entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360
  • As obras previstas contemplan a mellora da sección da estrada, renovación e ampliación das beirarrúas, incorporación dunha senda peonil, substitución da drenaxe lonxitudinal e reforzo de firme ao longo do treito obxecto do proxecto

 

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2017.- A conselleira de infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do Rosal, Jesús María Fernández, onde lle informou sobe as obras de mellora da estrada que une as localidades de Pancenteo e Marzán (PO-353), ao seu paso por este municipio pontevedrés, concretamente, entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360.

 

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación, por case 900.000 euros, para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/BqtfxS.

 

Ethel Vázquez explicoulle que o proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade vial en algo máis de 2,2 quilómetros e a accesibilidade, tanto dos vehículos como dos peóns, actualizando e completando a drenaxe e a sinalización existente en dito vial.

 

As obras, que darán continuidade ás executadas na Guarda e que teñen un prazo de execución de 6 meses, contemplan unha actuación na sección da estrada, a renovación e ampliación das beirarrúas, a incorporación dunha senda peonil, a substitución da drenaxe lonxitudinal, e a ampliación das drenaxes transversais.

 

Ademais, do reforzo de firme e renovación da sinalización, balizamento e defensas ao longo do treito obxecto do proxecto. O prazo de admisión das proposicións rematará o vindeiro día 19 do mes de xuño.

  

Con estas accións aumentarase a comodidade da circulación ao ampliar o raio das curvas e se incrementará a seguridade e facilitarán os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: