Archive | mayo 24, 2017

El turismo cosmopolita gasta 5.600 millones de euros anuales en España

§ Con el objetivo de elevar esta cifra, el Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital y la Comunidad de Madrid han organizado la primera edición de las Jornadas de Difusión del Segmento Cosmopolita, un segmento caracterizado por su alta propensión al gasto en destino

§ El objetivo es intercambiar experiencias sobre cómo adaptar el producto turístico a la demanda de este nicho de mercado

24.05.17. El Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital, a través de Turespaña, y la Comunidad de Madrid han celebrado la primera edición de las Jornadas de Difusión del Segmento Cosmopolita, un acto dirigido al sector turístico que tiene como objetivo presentar las características y perfil de este segmento concreto de mercado.

La denominación de cosmopolita nace de un amplio estudio demográfico realizado por Turespaña en 2012 sobre la demanda turística real y potencial en los 17 mercados emisores más representativos. El objetivo era obtener una base rigurosa sobre la que establecer la estrategia turística del Gobierno. Se definieron entonces siete perfiles y se decidió apostar por el llamado cosmopolita, un público con alta propensión al gasto en el destino al que viaja, y con un elevado índice de afinidad por las actividades relacionadas con las compras, la enogastronomía, la visita de ciudades, el arte, la cultura y la realización de rutas.

La jornada de hoy, inaugurada por la secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián, y clausurada por el director general de Turismo de la Comunidad de Madrid, Carlos Chaguaceda, ha contado con la participación de numerosos

profesionales de la administración y del sector turístico de ámbitos como la hostelería (Instituto Tecnológico Hotelero y la Confederación Española de Hoteles y Alojamientos Turísticos, entre otros), la restauración, el sector de compras, de congresos, de negocios, agentes y operadores de viajes. Todos ellos han aportado su visión y han intercambiado experiencias sobre cómo adaptar el producto turístico a la demanda de este nicho de mercado.

Potencial para España

Del estudio elaborado por Turespaña se desprende que este segmento cosmopolita estaría compuesto por 25 millones de personas en los seis principales mercados emisores de Europa y 14 millones en Estados Unidos. Además, realizan anualmente 75 millones de viajes en Europa y generan casi 80.000 millones de euros al año en los destinos que visitan.

Matilde Asián recuerda que, teniendo en cuenta que la cuota de mercado que España mantiene en la actualidad sobre este segmento es del 10%, lo que equivale a 5.600 millones de euros anuales, nuestro país tiene grandes posibilidades de crecer. La secretaria de Estado ha destacado que el liderazgo de un país, de una región o de una industria a lo largo del tiempo depende de su capacidad para anticipar el futuro y prepararse conscientemente para recibirlo en las mejores condiciones. Para ello, es fundamental que jornadas como ésta potencien la colaboración de todos los agentes del sector implicados y se trabaje en un modelo turístico que genere bienestar y riqueza al conjunto de la ciudadanía.

Por su parte, el director general de Turismo de la Comunidad de Madrid, Carlos Chaguaceda, ha señalado que “la industria del turismo es la industria de la felicidad” y ha añadido que en este momento el objetivo es definir qué demanda se quiere. “Queremos una demanda respetuosa con lo que se encuentra, que se integre con lo que disfruta y que deje rentabilidad económica y genere puestos de trabajo”, ha concluido Chaguaceda.

A XUNTA INVITA AO ALCALDE DE VIGO A TRABALLAR XUNTOS POLA CANDIDATURA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS A PATRIMONIO DA HUMANIDADE NA CATEGORÍA DE BEN CULTURAL

  • López-Chaves defendeu a iniciativa do Goberno galego “cunha proposta que non é exclusiva, senón inclusiva” por canto inclúe Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora
  • Confirmou que a Consellería de Medio Ambiente enviará unha carta aos alcaldes para informarlles dos trámites iniciados desde a Administración autonómica
  • De triunfar, Galicia contará por primeira vez cun ben natural na lista do Patrimonio Mundial, xa que os outros cinco xa declarados son bens culturais

 

Vigo, 24 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, invitou hoxe ao alcalde da cidade a “sumar” na candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade pola Unesco na categoría de ben natural. Neste senso, defendeu a iniciativa do Goberno galego “cunha proposta que non é exclusiva, senón inclusiva” por canto inclúe Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora.

 

Segundo dixo, “trátase dunha oportunidade, dun avance, e así debería entendelo o rexedor”, lonxe de converter a iniciativa da Xunta “noutro motivo para o desencontro”. “Máis aló de restrinxir, a inclusión dos dous arquipélagos e as illas reforza a candidatura e dalle valor”, apuntou. “Nós facemos o traballo serio e unha vez que avanzamos nel invitamos a sumarse aos alcaldes”, sinalou, o tempo que confirmou que a Consellería de Medio Ambiente enviará unha carta aos alcaldes dos concellos pontevedreses de Vigo, Bueu e Vilagarcía e o coruñés de Ribeira para informarlles dos trámites iniciados desde a Administración autonómica.

 

López-Chaves recordou ao alcalde da cidade da oliveira que quen vai gañar con esta candidatura é a cidade de Vigo e insistiu en pedirlle a Caballero que non converta a proposta da Xunta noutro motivo de enfrontamento. Especialmente subliñou que este “debe ser un traballo conxunto por un obxectivo común” e recordou que non só implica ás administracións públicas, senón tamén aos colectivos económicos e sociais da cidade.

 

Preguntado pola candidatura paralela anunciada polo alcalde, mostrou a súa confianza en que Caballero acabe por sumarse á proposta da Xunta, xa que “é boa para Vigo”. “É necesaria a colaboración de todos, sumar e unir esforzos para logralo”, aseverou. De triunfar, Galicia contará por primeira vez cun ben natural na lista do Patrimonio Mundial, xa que os outros cinco xa declarados son bens culturais. Do mesmo xeito, converterase no cuarto Parque Nacional de España en pasar a formar parte da exclusiva lista da Unesco, despois do de Garajonay e Teide, en Canarias; e Doñana, en Andalucía.

ETHEL VÁZQUEZ SALIENTA QUE A PRIMEIRA FASE DO PLAN DE TRANSPORTE DE PÚBLICO DE GALICIA GARANTIRÁ OS SERVIZOS E INICIARÁ A MODERNIZACIÓN DO SECTOR PARA RESPONDER ÁS NECESIDADES DO MEDIO RURAL

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda confirmou hoxe no Parlamento de Galicia que os vindeiros días se someterá a información pública os proxectos que conforman a primeira fase do novo mapa de transporte público

  • Sinala que esta reordenación centra os seus esforzos na revitalización do rural e para iso introducirase o transporte á demanda, para levar o autobús ou o taxi ao lugar en que se precise e no momento en que se precise
  • Lembra que o Consello da Xunta tamén aprobou hoxe a integración dos servizos do transporte escolar e o de uso xeral coa fin de aproveitar sinerxías e mellorar a mobilidade dos galegos, especialmente no rural
  • Pon como exemplo que as novas conexións que se poñan en marcha entre Lugo e A Terra Chá a partir do mes de agosto permitirán multiplicar case por catro a poboación actualmente cuberta polas liñas existentes
  • Subliña que este proceso baséase nunha folla de ruta planificada e participativa, xa que se celebraron reunións con concellos, asociacións de transporte, ANPAS ou a Fegamp e enquisáronse a municipios e usuarios
  • Ao culminar a 1ª fase, en agosto, continuarase ata 2019 cos traballos da 2ª, implantando o Plan de Transporte Público e completando a reorganización e modernización do mapa co sistema baixo a demanda e novas tecnoloxías

 

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe que a primeira fase do Plan de transporte de público de Galicia garantirá os servizos e iniciará a modernización do sector para responder ás necesidades do medio rural. Ademais, confirmou que a Xunta someterá a vindeira semana a información pública os novos anteproxectos de explotación de transporte na comunidade coa fin de iniciar a prestación dos primeiros servizos en agosto.

 

Vázquez Mourelle explicou que logo da publicación da información pública, haberá un prazo para a presentación de alegacións e para que as empresas manifesten o seu interese de concorrer ao proceso de licitación das distintas liñas de transporte. A partir de aquí, nos próximos meses avanzarase na aprobación dos proxectos e na adxudicación dos contratos.

 

A titular de Infraestruturas indicou que este proceso non só garante o servizo de transporte aos usuarios senón que nos ofrece unha oportunidade para amplialo e melloralo, para que sexa máis eficiente e responda mellor ás necesidades de mobilidade dos galegos, fundamentalmente no rural. Por exemplo, estímase que as novas conexións que se poñan en marcha entre Lugo e A Terra Chá a partir do mes de agosto permitirán multiplicar case por catro a poboación actualmente cuberta polas liñas existentes.

 

O Executivo autonómico está a traballar na reordenación do transporte de Galicia a través dunha folla de ruta clara e planificada que garantirá a prestación do servizo público en todo momento e permitirá acometer unha modernización do sistema para adecualo ás verdadeiras necesidades dos cidadáns, pensando especialmente nos veciños do rural.

 

Transporte a demanda

A conselleira explicou que esta reordenación é un proxecto que centra os seus esforzos na potenciación e revitalización do rural da comunidade. Así, o Executivo autonómico está a traballar para reordenar e modernizar o mapa de liñas de autobús e adaptar os servizos ás verdadeiras necesidades dos galegos, incrementando a calidade e ofrecendo a máxima cobertura territorial á dispersión xeográfica do noso rural.  

 

Para lograr que o transporte chegue a todos os cidadáns, vivan onde vivan, a Xunta vai introducir novos sistemas como o transporte á demanda, especialmente necesario, tendo en conta o grao de dispersión poboacional e o volume de persoas maiores que viven no rural. Este funcionará mediante un sistema de reserva previa que nos permitirá levar o autobús, o microbús ou o taxi ao lugar en que se precise e no momento en que se precise.

 

Transporte escolar

A Xunta, para achegar aínda máis os servizos de transporte ao rural, e aproveitar sinerxías aposta pola integración do autobús escolar. A pasada semana mantívose unha reunión coas agrupacións de ANPAS e representantes docentes, na que se coincidiu en que o transporte escolar representa unha grande oportunidade para mellorar a mobilidade dos galegos, especialmente no rural.

 

Vázquez Mourelle destacou que o Consello da Xunta vén de aprobar esta mesma mañá a integración dos servizos do transporte escolar e o de uso xeral alí onde se vexa posible e recomendable. Precisou que se trata de poder aproveitar as prazas sobrantes do autobús escolar para que poidan ser empregadas polos veciños da zona, blindando sempre a atención ás necesidades do alumnado, en canto a horarios e paradas, e garantindo a presenza do acompañante escolar en todas as liñas.

 

O Goberno galego activará este proceso nos próximos meses, de forma piloto no marco da 1ª fase de reordenación do transporte público e logo avaliarase o seu funcionamento de cara á integración de todas as liñas de transporte escolar, xa na 2ª fase, fixada para 2019.

 

Esta medida que non só é unha cuestión de eficiencia, senón que vai máis alá porque supón tamén comodidade familiar e tamén unha oportunidade de convivencia interxeneracional, de enriquecemento mutuo.

 

Traballos na 1ª fase

O Goberno galego, ao longo do último ano vén traballando coa máxima intensidade na elaboración e desenvolvemento do novo mapa de transportes para que os servizos estean operativos á finalización dos contratos actuais, moitos deles, como se ten dito, en agosto.

 

A Xunta está destinando 2,5 millóns de euros á reformulación completa do mapa de servizos, con horizonte 2019. En 2016, licitáronse e adxudicáronse os 6 estudos para a ordenación do transporte público e desenvolveuse unha normativa completa das actuacións a levar a cabo nesta 1ª fase de implantación do Plan de Transporte Público de Galicia.

 

Nesta primeira fase definíronse 6 zonas territoriais de Galicia sobre as que levar a cabo a planificación: provincias da Coruña e Lugo Norte; Galicia centro; Ourense Leste; Ourense Oeste; servizos de conexión interurbanos e Pontevedra; e zona Oeste da Coruña.

 

En canto aos traballos nas seis zonas, ao longo destes meses realizouse unha diagnose da situación actual, recompilando información sobre os servizos regulares de uso xeral e convocáronse reunións cos concellos para informalos de todo o proceso que se está realizando. Remitíuselle unha enquisa a cada concello, na que se solicitaba información referente ao nivel de satisfacción do servizo, principais demandas dos usuarios, propostas  municipais ou posibles liñas de colaboración ás que estarían dispostos.

 

Tamén se realizaron enquisas a usuarios do servizo de transporte en cada unha destas seis zonas obxecto de estudo ao fin de coñecer a demanda e a oferta actual de servizos. A esta información engadiuse a dispoñible a través dun sistema ‘big data’ do conxunto da mobilidade na comunidade autónoma, o que permite identificar os principais eixes de demanda en cada zona do territorio, tanto a demanda actualmente atendida como a que se move en vehículo particular.

 

Continuidade na 2ª fase

Unha vez culminada esta fase no mes de agosto, continuarase de maneira inmediata e ata 2019, cos traballos correspondentes á  segunda, que abarca a elaboración e implantación do Plan de Transporte Público de Galicia e na que se completará a reorganización e modernización do mapa co desenvolvemento dos sistemas de transporte baixo demanda e na que os novos servizos estarán operativos e as tecnoloxías implantadas.

 

Este novo mapa de servizos, de forma piloto nesta primeira fase e xeneralizada na segunda, determinará as rutas regulares de prestación continua; as previamente establecidas, que se prestarán nos días e horas nos que exista demanda; e os novos sistemas de reserva do servizo, para levar o transporte ao lugar que se necesite á hora en que se precise mediante unha reserva feita con anterioridade.

 

 

A XUNTA DE GALICIA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DO BONO CONCILIA ÁS FAMILIAS CON FILLOS E FILLAS MENORES DE TRES ANOS

  • A Consellería de Política Social destina máis de 3,4 millóns de euros a esta axuda, que permite sufragar o custo dunha praza en escolas non financiadas con fondos da administración a aquelas familias que non obtiveran praza pública nunha escola infantil de cero a tres anos
  • Como novidade este ano, habilitase a posibilidade de conceder o bono a nenos con necesidades específicas de apoio educativo que superen a idade máxima regulamentaria
  • Ademais, amplíanse os supostos de admisión de solicitudes fóra de prazo e ábrese a todas as familias nas que se produza un nacemento, acollemento ou adopción do neno con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes

 

Santiago, 24 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia abre mañá o prazo de presentación de solicitudes para beneficiarse do Bono Concilia, unha axuda económica directa ás familias que permite sufragar o custo dunha praza nunha escola infantil de 0 a 3 anos non sostida con fondos públicos destinada a aquelas que non obtiveran praza financiada pola administración para os seus fillos ou fillas ou que residan en concellos onde non hai un recurso público deste tipo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a orde que regula a concesión destas axudas, que forman parte das medidas do Programa de apoio á natalidade que está a desenvolver o Goberno galego.

 

A contía total desta nova convocatoria do Bono Concilia ascende a 3.489.200 euros, aínda que é ampliable no caso de que sexa necesario para atender a todas as solicitudes que se reciban e cumpran cos requisitos. O obxectivo é conseguir, como no actual curso, que todas as familias solicitantes dunha praza para a atención de nenos e nenas de 0 a 3 anos a obteñan e que non exista lista de agarda. Con carácter xeral, as persoas interesadas teñen un mes de prazo para pedir esta achega.

 

A orde destas axudas para o vindeiro curso 2017-2018 presenta diversas novidades co obxectivo de chegar ao maior número de familias posibles. Deste xeito, habilitase a posibilidade de conceder o Bono Concilia a nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo que superen a idade máxima regulamentaria e teñan concedida a flexibilización da duración do período de escolarización. Así mesmo, amplíanse os supostos de admisión de solicitudes fóra de prazo e ábrense a todas as familias nas que se produza un nacemento, acollemento ou adopción do neno ou nena con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes fronte á esixencia de ter que residir en concellos onde non existan escolas infantís de cero a tres anos sostidas con fondos públicos da convocatoria anterior.

 

Para ser beneficiarias, as persoas solicitantes deben ter unha nena ou neno nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2014 e para a obtención da axuda, teñen prioridade aqueles nenos e nenas que xa tiveran concedida a axuda no curso pasado, de xeito que se poida dar continuidade á súa escolarización. Tamén poden optar ao bono aquelas familias nas que as dúas persoas proxenitoras traballen en quenda de tarde ou en quendas rotativas e que con dereito a praza pública, esta non lles resolva as súas demandas de horario.

 

O Bono Concilia promove o dereito á escolarización de irmáns/ás nun mesmo centro para facilitar a conciliación das familias. Así as solicitudes para nenos e nenas que xa contan cun irmán ou irmá nun centro, terán posibilidade de opción directa ao bono concilia nese centro.

 

A contía que se percibirá por cada praza de xornada completa oscila entre os 45 euros mensuais para as rendas máis altas e os 250 euros (con comedor) para as rendas máis baixas. Cómpre destacar que o Bono Concilia é compatible con outras axudas que poidan recibir as familias para a mesma finalidade sempre que non superen o custe da praza.

Na anterior convocatoria beneficiáronse desta medida 2599 persoas.

 

Máis recursos para a infancia e a conciliación

O programa Bono Concilia constitúe un recurso máis que a Xunta de Galicia pon a disposición das familias para facilitar a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral. Esta axuda é complementaria á rede de escolas infantís dependente da Xunta de Galicia, que contará no vindeiro curso cun total de 166 escolas nas que se ofertarán 9739 prazas públicas. Esta rede, complétase coas 424 prazas concertadas en 23 centros privados e coas preto de 2700 prazas en 48 centros educativos dependentes de entidades privadas de iniciativa social (EPIS).

 

Por outra banda, a través do Plan Concertado, a Administración autonómica contribúe na actualidade ao financiamento dun total de 121 escolas infantís e puntos de atención á infancia que xestionan as corporacións locais.

 

En total, o número de prazas en escolas infantís que dependen da Xunta ou nas que participa a administración autonómica ascenderá o vindeiro curso escolar a un total de 22.439, o que supón un incremento 123 prazas con respecto ao curso actual.

 

Hoxe en día, Galicia supera a ratio aconsellada pola Unión Europea en canto a prazas en escolas infantís. Desde o ano 2009 a Administración autonómica aumentou a ratio de cobertura un 18,29%, pasando do 19% ao 37,29% actual. Ademais, no vindeiro curso, a rede de escolas infantís alcanzará unha cobertura do 38% dos nenos e nenas galegos de cero a tres anos.

 

A XUNTA DE GALICIA DESTINA PRETO DE MEDIO MILLÓN DE EUROS A AXUDAS PARA ADQUIRENTES DE VIVENDA

 

  • Poderán beneficiarse as persoas adquirentes de vivendas ao abeiro do Plan de Vivenda 2009-2012 que cumpran os requisitos establecidos
  • A axuda está dirixida a colectivos preferentes e o importe mínimo é de 2.000 euros
  • No caso de persoas procedentes de operacións de erradicación do chabolismo ou emigrantes retornados a axuda acada un máximo de 17.000 euros

 

 

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia destinará un mínimo de 499.000 euros á concesión de axudas para a adquisición, a adxudicación ou a promoción individual de vivenda para uso propio, por parte de persoas que obtivesen financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012, segundo establece a Orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia. Na mesma Orde establecese que a contía da convocatoria poderá ser ampliada no caso de que sexa necesario (https://goo.gl/iFYsog).

 

Poderán beneficiarse destas axudas as seguintes persoas:

 

  1. a) As adquirentes de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral.
  2. b) As adquirentes de vivendas libres de prezo limitado, así como de vivendas usadas.
  3. c) As adxudicatarias de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral

promovidas en réxime de cooperativa.

  1. d) As promotoras individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de

réxime especial ou xeral.

 

É requisito necesario para acceder ás axudas os solicitantes estean acollidos ao sistema de financiamento para o primeiro acceso á vivenda en propiedade do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012, así como ter formalizado un préstamo convido entre o 6 de novembro de 2009 e o 31 de decembro de 2012. A Orde regula outros requisitos para acceder ás axudas, como dispoñer de escritura rexistrada, non ter recibido anteriores axudas para o mesmo fin, etc.

 

Poderán beneficiarse da axuda as persoas que se atopen incluídas nalgún dos seguinte colectivos:

 

  • Unidades familiares con ingresos que non excedan de 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM)
  • Persoas que acceden por primeira vez á vivenda.
  • Mozos menores de 35 años.
  • Persoas maiores de 65 años.
  • Mulleres vítimas da violencia de xénero.
  • Vítimas do terrorismo.
  • Afectados por situacións catastróficas.
  • Familias numerosas.
  • Familias monoparentais con fillos.
  • Persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida, e as familias que as teñan ao seu cargo.
  • Persoas separadas ou divorciadas, ao corrente do pago de pensións alimenticias e compensatorias.
  • Persoas sen fogar ou procedentes de operacións de erradicación do chabolismo.
  • Outros colectivos en situación ou risco de exclusión social determinados pola comunidade autónoma.

 

O importe da axuda será de 2.000 euros por cada colectivo no que se atope incluído o beneficiario.

 

Por outra parte, ás persoas sen fogar ou procedentes de operacións de erradicación do chabolismo, así como ás persoas emigrantes retornadas nos dous anos anteriores ao momento da solicitude e que se atopen en especial situación de necesidade, corresponderalles, como subvención, o 25 por 100 do prezo total da vivenda que figura na correspondente escritura de compravenda ou adxudicación ou, no caso de promoción individual para uso propio, a suma dos valores da edificación e do solo que consten na escritura de obra nova. Nestes casos, a subvención terá un límite de 17.000 euros e os ingresos familiares non poderán exceder de 1,5 veces o Iprem.

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá, 25 de maio.

 

 

 

Concerto da Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación de Vigo

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá mañá xoves 25 de maio a partir das 20.30 h un novo concerto da Real Filharmonía de Galicia incluído na Tempada de Música Clásica 2017. Con Jonathan Webb como director, a agrupación interpretará a suite sinfónicaGalaica, de Luis Taibo García, e Danzas sinfónicas, op. 45, tres movementos, de Serguéi Rajmáninov con arranxos de I. Farrington.

Sesión de contacontos interxeracional na Sede Afundación de Vigo

Afundación continúa coas actividades programadas para a conmemoración do Día das Letras Galegas, este ano dedicado ao escritor Carlos Casares. A actividade principal é unha serie de sesións de contacontos interxeracionais que se levará a cabo nesta ocasión en Vigo e na que socios e socias dos Espazo +60 Afundación da devandita localidade e nenos e nenas de educación infantil descubrirán xuntos o conto A galiña azul, unha obra que Carlos Casares escribiu para que Ana, unha rapaza que abandona Galicia xunto aos seus pais, nunca se esqueza do galego nin desta terra.

‘Agora en serio’ no Teatro Afundación de Vigo

O dúo cómico formado por Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán volve aos teatros co espectáculo Agora en serio, unha peza que fai un percorrido pola súa traxectoria profesional para celebrar os seus quince anos como dúo humorístico. A obra, dirixida por Evaristo Calvo e escrita por Manolo Cortés, poderá verse o vindeiro venres 2 de xuño no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) a partir das 21.00 h. As entradas están dispoñibles a través das vías de comercialización habituais da entidade: na web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

LÓPEZ-CHAVES VISITA AS OBRAS DE 6 ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE PAZOS DE BORBÉN QUE A XUNTA SUBVENCIONOU CON PRETO DE 42.000 EUROS

  • A convocatoria, que se puxo en marcha por primeira vez o pasado ano, contou para 2017 cun orzamento de case 1,5 millóns de euros
  • O delegado da Xunta na área territorial comprobou de primeira man as melloras realizadas polas asociacións “El Carmen” e “Santa María de Pazos”

 

Pazos de Borbén (Pontevedra), 24 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe as obras de mellora en dous das seis asociacións veciñais de Pazos de Borbén que resultaron beneficiarias da orde de axudas destinada a apoiar os proxectos impulsados por estas entidades. Actuacións que no caso deste Concello supuxeron preto de 46.000 euros na convocatoria do ano pasado. No acto estivo acompañado polo alcalde desta poboación pontevedresa, Andrés Iglesias, e pola directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias.  

 

O representante do Goberno galego na área territorial de Vigo comprobou de primeira man as melloras realizadas polas asociacións “El Carmen”, á que se lle concedeu unha axuda de 13.694,32 euros para a adecuación da casa veciñal, e “Santa María de Pazos”, cun total de 16.614,51 euros dedicados á reforma do baixo cuberta.

 

A convocatoria de axudas, que Vicepresidencia da Xunta puxo en marcha por primeira vez o ano pasado, dispón para 2017 dun orzamento de case millón e medio de euros, o que permitirá ás máis de 130 entidades beneficiarias realizar investimentos, tanto de obra coma de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso; así coma en camiños e traídas de augas veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese dos habitantes da contorna, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.

 

Deste xeito, contribúese a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza, xa que todas estas organizacións traballan moi apegadas á cidadanía e ás súas demandas.

 

A XUNTA DE GALICIA APOIA O COMPROMISO SOCIAL E O VOLUNTARIADO A TRAVÉS DO PROGRAMA EUROPA PARA OS CIDADÁNS

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse coas entidades participantes nun irmanamento impulsado polo concello da Laracha

 

  • A iniciativa, baixo o nome ‘Creando pontes para unha Europa cívica e democrática’, enmárcase no programa ‘Europa para os cidadáns’ que promove a participación da cidadanía na formulación de políticas da Unión Europea
  • A titular autonómica subliñou a oportunidade que teñen os participantes desta experiencia para adquirir competencias, aptitudes e habilidades que axudarán ao seu desenvolvemento persoal e profesional

 

A Laracha (A Coruña), 24 de maio de 2017.-  A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe en Santiago cos 42 representantes dos concellos e entidades europeas participantes no irmanamento Creando pontes para unha Europa cívica e democrática, promovido polo concello da Laracha. Esta iniciativa, enmárcase no programa Europa para os cidadáns, que busca promover a participación cívica no proceso de formulación de políticas da Unión Europea, así como ofrecer oportunidades para o compromiso social e o voluntariado no ámbito comunitario.

 

Cecilia Vázquez destacou a importancia deste proxecto que supón “a superación de obstáculos culturais e sociais entre a mocidade de distintos países para ser capaces de sumar sinerxías e crear unha Europa onde as fronteiras, lonxe de dividir e separar, sirvan de ferramenta de crecemento para crear e reforzar vínculos”. Entre os obxectivos desta iniciativa, encóntrase a sensibilización acerca da historia e dos valores comúns da Unión Europea, así como da súa meta para promover a paz e o benestar das súas xentes, estimulando o debate, a reflexión e o desenvolvemento de redes.

 

A directora xeral tamén subliñou a oportunidade que teñen os participantes deste irmanamento para adquirir competencias, aptitudes e habilidades que axudarán ao seu desenvolvemento persoal e profesional.

 

Ademais da Laracha –con 12 participantes-, os socios desta iniciativa son os municipios de Forza D’Agro (Italia), Birgu (Malta), Ligatne (Letonia) e Ukmerge District (Lituania), así como a asociación Institúcia regionálnych aktivít Novohradu (Eslovaquia).

 

A titular do departamento autonómico, acompañada polo alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e varios concelleiros da localidade, manifestou o apoio da Xunta de Galicia ás iniciativas que fomentan a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural no marco da Unión Europea e a inclusión de todas as persoas independentemente do contexto social, educativo ou cultural ao que pertenzan.

 

Este proxecto é un dos seis aprobados pola Comisión Europea para España o ano pasado no marco do programa Europa para os cidadáns. Galicia foi a única comunidade en activar dúas iniciativas, unha na Laracha e outra en Lalín. O resto de beneficiarios foron concellos e organismos de Zaragoza, das Palmas de Gran Canaria, de Badaxoz e de Barcelona.