A XUNTA DE GALICIA APOIA O COMPROMISO SOCIAL E O VOLUNTARIADO A TRAVÉS DO PROGRAMA EUROPA PARA OS CIDADÁNS

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse coas entidades participantes nun irmanamento impulsado polo concello da Laracha

 

  • A iniciativa, baixo o nome ‘Creando pontes para unha Europa cívica e democrática’, enmárcase no programa ‘Europa para os cidadáns’ que promove a participación da cidadanía na formulación de políticas da Unión Europea
  • A titular autonómica subliñou a oportunidade que teñen os participantes desta experiencia para adquirir competencias, aptitudes e habilidades que axudarán ao seu desenvolvemento persoal e profesional

 

A Laracha (A Coruña), 24 de maio de 2017.-  A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe en Santiago cos 42 representantes dos concellos e entidades europeas participantes no irmanamento Creando pontes para unha Europa cívica e democrática, promovido polo concello da Laracha. Esta iniciativa, enmárcase no programa Europa para os cidadáns, que busca promover a participación cívica no proceso de formulación de políticas da Unión Europea, así como ofrecer oportunidades para o compromiso social e o voluntariado no ámbito comunitario.

 

Cecilia Vázquez destacou a importancia deste proxecto que supón “a superación de obstáculos culturais e sociais entre a mocidade de distintos países para ser capaces de sumar sinerxías e crear unha Europa onde as fronteiras, lonxe de dividir e separar, sirvan de ferramenta de crecemento para crear e reforzar vínculos”. Entre os obxectivos desta iniciativa, encóntrase a sensibilización acerca da historia e dos valores comúns da Unión Europea, así como da súa meta para promover a paz e o benestar das súas xentes, estimulando o debate, a reflexión e o desenvolvemento de redes.

 

A directora xeral tamén subliñou a oportunidade que teñen os participantes deste irmanamento para adquirir competencias, aptitudes e habilidades que axudarán ao seu desenvolvemento persoal e profesional.

 

Ademais da Laracha –con 12 participantes-, os socios desta iniciativa son os municipios de Forza D’Agro (Italia), Birgu (Malta), Ligatne (Letonia) e Ukmerge District (Lituania), así como a asociación Institúcia regionálnych aktivít Novohradu (Eslovaquia).

 

A titular do departamento autonómico, acompañada polo alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e varios concelleiros da localidade, manifestou o apoio da Xunta de Galicia ás iniciativas que fomentan a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural no marco da Unión Europea e a inclusión de todas as persoas independentemente do contexto social, educativo ou cultural ao que pertenzan.

 

Este proxecto é un dos seis aprobados pola Comisión Europea para España o ano pasado no marco do programa Europa para os cidadáns. Galicia foi a única comunidade en activar dúas iniciativas, unha na Laracha e outra en Lalín. O resto de beneficiarios foron concellos e organismos de Zaragoza, das Palmas de Gran Canaria, de Badaxoz e de Barcelona.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: