A XUNTA INVITA AO ALCALDE DE VIGO A TRABALLAR XUNTOS POLA CANDIDATURA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS A PATRIMONIO DA HUMANIDADE NA CATEGORÍA DE BEN CULTURAL

  • López-Chaves defendeu a iniciativa do Goberno galego “cunha proposta que non é exclusiva, senón inclusiva” por canto inclúe Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora
  • Confirmou que a Consellería de Medio Ambiente enviará unha carta aos alcaldes para informarlles dos trámites iniciados desde a Administración autonómica
  • De triunfar, Galicia contará por primeira vez cun ben natural na lista do Patrimonio Mundial, xa que os outros cinco xa declarados son bens culturais

 

Vigo, 24 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, invitou hoxe ao alcalde da cidade a “sumar” na candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade pola Unesco na categoría de ben natural. Neste senso, defendeu a iniciativa do Goberno galego “cunha proposta que non é exclusiva, senón inclusiva” por canto inclúe Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora.

 

Segundo dixo, “trátase dunha oportunidade, dun avance, e así debería entendelo o rexedor”, lonxe de converter a iniciativa da Xunta “noutro motivo para o desencontro”. “Máis aló de restrinxir, a inclusión dos dous arquipélagos e as illas reforza a candidatura e dalle valor”, apuntou. “Nós facemos o traballo serio e unha vez que avanzamos nel invitamos a sumarse aos alcaldes”, sinalou, o tempo que confirmou que a Consellería de Medio Ambiente enviará unha carta aos alcaldes dos concellos pontevedreses de Vigo, Bueu e Vilagarcía e o coruñés de Ribeira para informarlles dos trámites iniciados desde a Administración autonómica.

 

López-Chaves recordou ao alcalde da cidade da oliveira que quen vai gañar con esta candidatura é a cidade de Vigo e insistiu en pedirlle a Caballero que non converta a proposta da Xunta noutro motivo de enfrontamento. Especialmente subliñou que este “debe ser un traballo conxunto por un obxectivo común” e recordou que non só implica ás administracións públicas, senón tamén aos colectivos económicos e sociais da cidade.

 

Preguntado pola candidatura paralela anunciada polo alcalde, mostrou a súa confianza en que Caballero acabe por sumarse á proposta da Xunta, xa que “é boa para Vigo”. “É necesaria a colaboración de todos, sumar e unir esforzos para logralo”, aseverou. De triunfar, Galicia contará por primeira vez cun ben natural na lista do Patrimonio Mundial, xa que os outros cinco xa declarados son bens culturais. Do mesmo xeito, converterase no cuarto Parque Nacional de España en pasar a formar parte da exclusiva lista da Unesco, despois do de Garajonay e Teide, en Canarias; e Doñana, en Andalucía.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: