‘Agora en serio’ no Teatro Afundación de Vigo
O dúo cómico formado por Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán volve aos teatros co espectáculo Agora en serio, unha peza que fai un percorrido pola súa traxectoria profesional para celebrar os seus quince anos como dúo humorístico. A obra, dirixida por Evaristo Calvo e escrita por Manolo Cortés, poderá verse o vindeiro venres 2 de xuño no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) a partir das 21.00 h. As entradas están dispoñibles a través das vías de comercialización habituais da entidade: na web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.