Presentación. O príncipe carpinteiro, unha historia de liberdade e rebeldía

Hoxe ás 20.00h preséntase na Casa del Libro de Vigo a obra O príncipe carpinteiro de Manuel Uhía, o recoñecido ilustrador afincado en Vigo que tamén é o autor das ilustracións. Acompáñano esta tarde o escritor Xosé Cermeño e Carlos Lema pola Editorial Galaxia

Neste novo libro, que Manuel Uhía ilustra e escribe, cóntasenos a historia de Rodolfo VI, que ía medrando en estatura e minguando como zarabeto e, do rei Gumersindo II, que cos anos ía perdendo as esperanzas, porque o seu neto, o verdadeiro protagonista desta historia, nunca quixo saber nada de armas, nin de caza, nin de equitación, nin de ningunha cousa que tivese que ver coas obrigas dun futuro rei como Deus manda. Un relato para que desfruten os nenos e as nenas a partir de 10 anos dunha historia chea de matices e de liberdade e rebeldía.

Manuel Uhía naceu en Portonovo no ano 1944, aínda que vive en Vigo dende hai moitos anos. É un dos ilustradores galegos máis recoñecidos e con máis longa traxectoria. Traballa tamén como deseñador gráfico. Colabora con editoriais, medios de comunicación e axencias de publicidade. Como pintor ten realizado moitas exposicións individuais e colectivas. Como ilustrador foi seleccionado en tres ocasións na Bienal de Bratislava (1993,1995 y 1999). A súa traxectoria artística foi recoñecida en 1983 co mencións especiais no Salon d’Automne, en Avignon e Evian (Francia), Primeiro Premio concurso mascota RC. Celta de Vigo 1996, Premio de ilustración Rañolas 1997, O primeiro premio no concurso de imaxe institucional Caixanova 2000, Premio Multimedia 2001 (compartido) da Casa das Ciencias (A Coruña), Premio Galix de ilustración 2004, Distinción White Ravens 2009, Premio Frei Martin Sarmiento 2010 na primeira categoría, Premio Frei Martín Sarmiento 2014 – 2ª categoría.

Manuel Uhía tamén publicou varios libros e colaborou como guionista e director de documentais de natureza submarina.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: