Archive | mayo 25, 2017

El Gobierno realizará una nueva subasta de energía renovable antes del verano

Así lo ha anunciado el presidente del Gobierno durante la inauguración de las jornadas de debate para la elaboración de la Ley de Cambio Climático y Transición Energética ▪ Se subastarán 3.000 MW de nueva potencia eólica y fotovoltaica 25.05.17. Tras el éxito de la subasta celebrada la semana pasada, el Gobierno llevará a cabo una nueva subasta de hasta 3.000 MW antes del verano para introducir nueva energía renovable en el sistema eléctrico. Así lo ha anunciado el Presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, durante la inauguración de las jornadas de debate para la elaboración del anteproyecto de Ley de Cambio Climático y Transición Energética. En la pasada subasta, las solicitudes presentadas superaron en más de tres veces la potencia adjudicada y los adjudicatarios ofrecieron el máximo descuento permitido. Esto supone que los proyectos adjudicados se llevarán a cabo sin necesidad de primas adicionales a los ingresos que obtienen por el mercado, en el escenario de precios medios de referencia. Así pues, las tecnologías renovables demostraron que son competitivas a precios actuales de mercado. En la nueva subasta podrán participar instalaciones de tecnología eólica y fotovoltaica en concurrencia competitiva, de tal manera que resulten adjudicadas aquellas más eficientes en costes. Nota de prensa CORREO ELECTRÓNICO prensa@minetad.es Esta información puede ser usada en parte o en su integridad sin necesidad de citar fuentes PSO DE LA CASTELLANA, 160 28071 – MADRID TEL: 91 349 48 39 – 40 FAX: 91 349 48 45 Página 2 de 2 http://www.minetad.gob.es Esta nueva subasta representa un paso más para la consecución de los objetivos de sostenibilidad medioambiental para el 2020 y es un ejemplo más de la decidida apuesta del Gobierno por las energías renovables. España se encuentra actualmente por encima de la senda prevista para cumplir el objetivo del 20% de penetración de renovables en 2020, situándose por delante de la mayoría de los países de nuestro entorno

Conferencia do arquitecto e pintor Kike Ortega na Sede Afundación de Vigo

A Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) albergará unha conferencia a cargo do arquitecto e pintor Kike Ortega. A charla, que leva por título «Tolo pola arte. Da cultura exipcia ao s. XV nun percorrido diferente, persoal e festivo», será mañá venres 26 de maio, a partir das 20.00 h.

Nela Kike Ortega contará coa colaboración dos asistentes e apoiarase en imaxes e performances para realizar un orixinal percorrido desde a cultura exipcia ata o século XV. O relator falará de estilos, de conceptos, de talento. Dos medos do artista e do público e tamén da arte inconformista, revolucionaria e rompedora. 

O Teatro Afundación de Vigo acolle ‘Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas» de Luis Piedrahita

O cómico Luis Piedrahita presenta en Vigo o seu espectáculo Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas. O rei das cousas pequenas estará mañá venres 26 de maio, ás 21.00 h, e o sábado 27 de maio, ás 20.00 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13).

Un novo seminario no Campus de Vigo de IESIDE incluído nos Business Program Days

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) organiza no seu Campus de Vigo (Av. de Madrid, 60) o seminario «Mercados financeiros: renda variable». Será impartido por Prosper Larothe Fernández e desenvolverase mañá venres 26 de maio entre as 16.30 e as 21.45 h e o sábado 27 entre as 09.00 e as 14.15 h.

Aínda quedan prazas: este SÁBADO 27 no MARCO // Laboratorio de Metodoloxías Imaxinarias

‘LABORATORIO DE METODOLOXÍAS IMAXINARIAS’, que terá lugar este sábado 27 de maio no MARCO, con María Fernanda (Mafé) Moscoso.

http://www.marcovigo.com/content/laboratorio-de-metodolox-imaxinarias-programa-de-estudos-en-man-com-n

 

Trátase dunha actividade do PEMAN, o Programa de Estudos en Man Común do que o MARCO é unha das entidades colaboradoras.

 

A participación é gratuíta e as prazas limitadas. Calquera persoa interesada debe inscribirse a través do email info@estudosenmancomun.gal

 

Exposición Misha Bies Golas en DIDAC – Santiago de Compostela 26/05 – 20.00 h

EL ARTISTA GALLEGO MISHA BIES GOLAS INAUGURA EN LA FUNDACIÓN DIDAC, DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, LA EXPOSICIÓNMISHA BIES GOLAS. RECORDO

La exposición, producida por DIDAC, es fruto de un proyecto de colaboración entre el espacio Appleton Square de Lisboa y esta nueva institución compostelana.

Misha Bies Golas. Recordo será inaugurada el próximo viernes 26 de mayo en el espacio compostelano de DIDAC a las 20.00 h.

ABANCA organiza o II Foro ABANCA Responsable baixo o lema ‘Rendibilidade social’

25.05.2017. Mañá venres 26 maio ABANCA organiza no Pazo de Iñás a segunda xornada do Foro ABANCA Responsable, que nesta ocasión terá como eixo central o concepto ‘Rendibilidade social’.

Está previsto que participen no encontro ao redor de medio centenar de empresas, institucións e terceiro sector que terán a oportunidade de compartir experiencias e coñecer casos de éxito de empresas sociais galegas que fan compatible a rendibilidade social coa economía sostible.

DATA                         26 de maio

LUGAR                     Pazo de Iñás

PROGRAMA            10.30 horas. Apertura. Tatiana Suárez Cancelo,directora de RSC de ABANCA

10.40 horas. ‘A rendibilidade social das empresas’, Juan Antonio Vázquez, CEO Martin Codax

11.00 horas. ‘Experiencias Made in Galicia’

  • Pablo Gómez, xerente de CLESA e director de CLUM
  • Xosé A. Pérez, responsable de Formación e Novos Proxectos de Kalandraka
  • Nuria Varela-Portas, socia directora de Pazo de Vilane
  • Lucía Saborido, directora xeral de Saraiva

12.00 horas. ‘Afondando na rendibilidade social das empresas’. Dinámica participativa

13.00 horas. Conclusións.

13.30 horas. Market place e aperitivo.

A XUNTA PROMOVE A INTEGRACIÓN DE PERSOAS ESTRANXEIRAS CON CURSOS DE ALFABETIZACIÓN E APRENDIZAXE DAS LINGUAS DE ACOLLIDA

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, entregou hoxe en Arteixo os diplomas ao alumnado dos obradoiros que tiveron lugar neste municipio coruñés

  • A Administración autonómica tamén financia a realización de accións formativas sobre alfabetización dixital, habilidades sociais para a busca de emprego, de reforzo educativo e de coñecementos constitucionais e socioculturais de España, entre outras

 

Arteixo (A Coruña), 24 de maio de 2017.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, participou hoxe na entrega de diplomas dos obradoiros de alfabetización e aprendizaxe das linguas de acollida organizados polo Concello de Arteixo e financiados pola Administración autonómica, nun acto que tivo lugar no salón de actos do auditorio municipal desta localidade coruñesa.

 

Arturo Parrado destacou a importancia que teñen estas accións formativas para facilitar a integración e adaptación de colectivos como os inmigrantes ou a poboación xitana. De feito, apuntou que a Xunta de Galicia mantén abertas co Concello de Arteixo varias liñas de colaboración económica que permiten o desenvolvemento de cursos de alfabetización dixital, de aprendizaxe de linguas, de habilidades sociais para a busca de emprego, de reforzo educativo ou de coñecementos constitucionais e socioculturais de España.

 

Asemade, a Dirección Xeral de Inclusión Social subvenciona tamén neste municipio coruñés programas específicos dirixidos a persoas de etnia xitana, os cales están centrados na realización de itinerarios, alfabetización para adultos, alfabetización dixital e reforzo escolar para menores. Ademais, e por primeira vez, apóiase a realización de intervencións de mediación intercultural.

V Triatlón Concello do Porriño

A seguridade será clave no V Triatlón Concello do Porriño

Máis de 150 voluntarios velarán pola seguridade dos preto de 250 inscritos no referente ao corte de tráfico rodado ao longo de todo o percorrido

A Federación Galega de Triatlón -FEGATRI- a confirmado a inscripción de preto de 250 triatletas que participarán este sábado 27 de maio no V Triatlón Concello do Porriño; e é que, malia que ao día seguinte se celebra unha proba clasificatoria no norte, a gran organización da proba porriñesa segue atraendo a numerosos deportistas.

Previo inicio da presentación desta quinta edición celebrada esta mañá na Praza Arquitecto Antonio Palacios, gardouse un minuto de silencio polas vítimas do atentado de Manchester.

Ao acto acudiron o alcalde accidental, e á súa vez concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, Manuel Carrera; o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso; o Comandante Naval de Tui, Enrique García; o Tenente da Guardia Civil do Destacamento de Tráfico de O Porriño, Miguel Trillo; o presidente de FEGATRI, Óscar Surís; o vencedor absoluto da edición anterior, Martín Carrera; e a presenza de membros do Club Atletismo Porriño.

Respecto de a seguridade dos participantes nos puntos conflictivos que incumben ao tráfico rodado, Miguel Trillo aclarou que se emitiu un informe policial previo á autorización expedida pola Xefatura Provincial de Tráfico, en prol do mantemento do circuíto perfectamente delimitado ao obxecto de impedir que calquera vehículo alleo á proba poida acceder ao circuíto”.

Enrique García explicaba que “para a Armada supón un orgullo poder estar presentes nesta proba, este ano con maior implicación, xa que a primeira transición da carreira realízase dentro das instalacións da Comandancia Naval do Miño”.

Óscar Surís, detallou o circuíto que dará saída en augas do río Miño no porto deportivo de Tui e finaliza na Praza Arquitecto Antonio Palacios de O Porriño; confirmou “temos entre 220 e 250 inscritos” un gran número de participación tendo en conta a celebración dunha proba clasificatoria ao día seguinte. Recordaba Surís que “o deporte fainos mellor a todos e especialmente o triatlón, un deporte que alberga tres disciplinas -natación, ciclismo e atletismo-”.

Martín Carrera analizou os aspectos técnicos do circuíto segundo o punto de vista do triatleta, e é que “dependendo das condicións das mareas, a proba de natación pode ser máis ou menos complicada. Respeto da bicicleta, é un percorrido lineal que o ciclista agradece enormemente; e no referente á carreira a pé, resulta moi bonita polo circuíto rueiro polo centro do casco urbán”. Ademáis, Martín engadía que esta proba resúltalle “moi gratificante xa que podo correr preto de casa”, posto que reside en Ponteareas.

Manuel Carrera cedía a palabra ao concelleiro de Deportes de Tui, apuntando a cordialidade e máxima colaboración respeto ao Trialtlón de O Porriño; Laureano

Alonso afianzaba que “esta é a liña de traballo a seguir e destacaba que a saída dende Tui resulta moi vistosa”.

Finalmente, Manuel Carrera recordou que a segunda transición -onde os deportistas deixan a bicicleta para dar paso á carreira a pé- volve ao seu lugar de orixe, a rúa Domingo Bueno “xa que efectivamente alí resulta máis vistosa”. 

Así mesmo fixo un repaso nomeando a todos os organizadores e entidades colaboradoras “sen os que a celebración deste evento, sería inviable”, como os Concellos e a Policía Local de O Porriño y Tui, Comandancia Naval do Miño, Guardia Civil de Tráfico, Protección Civil de O Porriño, FEGATRI, Interruning, La Torta, Eurobanan, Monbus, Gumerjo, Discoteca Rouge, Axa Seguros José Manuel Barros, Morea -ACIPOR-, Powerade, Club Atletismo Porriño, Club Ciclista Spol, A.D. Avanza, C.C. Cal da Louriña, U.D. Atios, C.F. San Salvador de Budiño, C.F. Pontellas, C.F. Mosende, Club de Remo de Tui, Grupo Ivan Campos, C.C. A Forna, Aceesca, Esclavas Virgen Dolorosa de Mos e a peña moteira “Os de Sempre Tui”.